![]()
Cando se fala do “espírito de Bandung”, quérese dicir que se incentivou o desexo dos territorios colonizados se tornaren independentes
Por Jose Vieira | 24/05/2025
O pasado mes de abril se conmemorou os 70 anos dun dos éxitos máis determinante para a historia do “Sur Global”, nos referimos á Conferencia de Bandung.
Esta conferencia, decorreu entre 18 e 26 de abril de 1955, na cidade que deu o nome á reunión, situada na república da Indonesia.
Esta foi organizada por Gamal Abdel Nasser, presidente da república do Exipto, por Jawaharlal Nehru da India, e Sukarno da Indonesia.
Estiveron presentes entre outros líderes dos países de Asia e África, os xefes do Paquistán, da Birmania, de Ceilán (actual Sri Lanka).
Tamén se encontraron presentes nesta conferencia unha delegación do que viría a ser o inicio do movemento dos países non aliñados (cuxa siglas son MPBA).
Esta conferencia de Bandung, serviu como motor de arranque e, como tal se animaron un grupo dos países que aí estiveron como observadores e non só e, crearon a fundación do MOVEMENTO DOS PAÍSES NON ALIÑADOS (en siglas MNA), na Primeira Conferencia Cumio de Belgrado, que se realizou entre o día 1 e 6 de setembro de 1961. Digamos que as súas raíces entroncan na Conferencia de Bandung, enriba referida.
Estiveron presentes 25 países que automaticamente se tornaron fundadores deste movemento e tres países máis como observadores.
Entre os seus obxectivos iniciais e primarios estaba o apoio a autodeterminación dos pobos colonizados e, o outro á extinción do “Apartheid” na África do Sur.
Este grupo expandiuse quedando nun grupo estábel de 77 países, estabelecendo dentro da Organización das Nacións Unidas a Conferencia da Nacións Unidas sobre o Comercio e desenvolvemento (en siglas UMCTAD).
No entanto este se puxo en marcha, como movemento debidamente organizado, anos mas tarde a partir da conferencia do Cairo en 1964.
Unha das primeiras consecuencias desta conferencia de Bandung, foi a toma de punto de inicio dos movementos de liberación dos territorios que estaban aínda colonizados polos países occidentais.
Unha das principais críticas no momento, foi a ausencia dos líderes dos países latino americanos e a case ausencia dos países da África subsahariana, aínda que teñan estado, os movementos emerxentes dos territorios que estaban colonizados e, que ambicionaban tornarse independentes dos seus colonizadores.
A pesar de se tentar desenvolver todos os esforzos pola solidariedade, entre os países presente, se instalou unha guerra de transfronteiriza, xeolocalizada entre India e a China, na zona do Himalaia, no ano de 1962.
Cando se fala do “espírito de Bandung”, quérese dicir que se incentivou o desexo dos territorios colonizados se tornaren independentes.
Por veces, se esquece que esta foi a semente para se ampliar ese espírito, que deu a volta ás aspiracións dos pobos do chamado Terceiro Mundo, que se acostuma dicir que decorreu soamente a partir da Conferencia Asia-África, dos anos 70 do século pasado.
O que isto significa é que ese “espírito”, se viu reforzado e, ou mellor, moi máis organizado e os seus actores moi máis formados e coñecedores dos seus reais anhelos.
Así, a noso modesto entender, para alén de ser unha primeira toma de consciencia de que o que pasou chamar o “Terceiro Mundo”, da súa real importancia como parte fundamental no mundo, para alén do habitual nome que se dá en paralelo ao documento/informe da Conferencia de Bandung, como sendo o primeiro e significativo “Documento Anticolonial”.
O que non hai dúbida, iso si é que funcionou como sendo un certo “grito” de toma de consciencia para os integrantes dos movementos de liberación anticoloniais.
Esa semente, realmente non era estéril, pois, non podemos esquecer, que as transformacións que foron conseguidas, na República da África do Sur, pola man de Nelson Mandela e seu partido, eliminando o “Apartheid”, ficaron patentes na denuncia efectuada polo goberno actual deste país, pola súa denuncia, perante a CORTE INTERNACIONAL DE XUSTIZA, contra o xenocidio que está a levar a efecto Israel, co apoio indecente dos Estados Unidos da América do Norte e, a connivencia de toda unha Unión Europea, actualmente dirixida por uns servidores completamente escravizados ao poder americano e, esencialmente covardes.
O mes de abril, é coñecido por ser un dos meses do ano que en xeral alberga montes de acontecementos, algúns deles que fixeron mudar o curso da historia dos seus respectivos países, onde ocorreron eses éxitos.
En ABRIL deuse a revolución que recuperou a democracia en Portugal, sucedida da a 51 anos, a 70 anos a conferencia enriba referida de Bandung, tamén a 50 anos se deu a reunificación da República Socialista do Vietnam.
Que a 8 de abril, se firmou en Moscova os acordos coa Alemaña, de comercio e de diplomacia. Tamén ese mesmo mes, o día 26 de abril, se firma entre Konrad Adenauer pola República Federal da Alemaña (a parte occidental) e pola Rusia, esta representada polo ministro Mikoyan, que constaba do seguinte teor e que nunca foi anulado de; “que o territorio da Republica federal da Alemaña quedaría sen armas atómicas e se crearía unha zona desmilitarizada, os rusos xamais assestariam as súas baterías atómicas sobre obxectivos alemáns”.
Este acordo, está prexudicado, por forma unilateralmente polo rearmamento e atomización proposta polo actual chanceler social demócrata o señor Friedrich Merz.
Non podemos deixar de referir que os vietnamitas, conmemoraron por todo o alto esta efeméride, da pasaxe dos 50 anos da reunificación, sobre todo na cidade de HO CHI MINH, o que fixo recordar, que mentres este pobo tiña razoes para estar feliz, había outro pobo que tiña o debía ter unha cara de total vergoña, pola retirada de máis unha agresión, criminal, feita polos dirixentes do seu país, os Estados Unidos da América do Norte.
Xamais esqueceremos o documental, que podemos ver, seu tempo, dos funcionarios e colaboradores vietnamitas dos americanos, a seren retirados do espazo da embaixada americana, na cidade de Saigón, por helicóptero, desde os tellados da mesma.
Nin así, os dirixentes americanos aprenderon coas súas rotondas derrotas militares, que comezaron coa súa total derrota no conflito desde o conflito entre as dúas Correias, pasando despois pola enriba referida no Vietnam, para continuar, coa destrución do Iraq, pasando polas súas derrotas no Afganistán.
Mas non é todo, estes mesmos dirixentes americanos sacrificaron miles de cidadáns dos seus aliados nestas súas incursións imperialistas, violando todos os tratados internacionais, sen de más pequeno xuízo do mal levado a efecto, ou consciencia moral ou ética.
Dúas conclusións, desde xa se pode retirar, sendo a primeira, de que os dirixentes dos Estados Unidos da América do Norte, xamais teñen actuado de acordo coa lexislación internacional, así como sempre que non están a gosto con algún tratado que os poida limitar, dos seus actos de pillaxe autenticamente de piratas e imperialistas medievais ou algunha outras súas accións de expansión, se retiran unilateralmente, co soporte da súa forza militar (os seus gasto en armamento de morte, resulta ser igual a 95% da totalidade da cláusula gasta por todo o mundo restante).
Tal como dicía o rei francés Luis XIV, tamén os dirixentes americanos sexan do partido que sexa ou da relixión que sexa, sempre conxugan a expresión “A LEI É A QUE NÓS CONVEÑA”.
A outra conclusión é que o mes de abril ten funcionado, especialmente o século pasado (século XX), como polo de atracción de acontecementos esenciais para os cambios do mundo en que vivimos.
Se el primero en comentar