Golpe de estado, de quen?

que os señores do PP e do Vox, xuntos ou por separado, non intenten manipular os electores, con falsas informas e falsas acusacións, improcedentes e insidiosas, pois, de verdade, son ambos os que estaban e están, sempre na busca de golpes baixos e ordinarios na política

Por Jose Vieira

Xuntáronse uns cantos miles de persoas na praza de Cibeles en Madrid (segundo os promotores unhas 30.000 persoas), convocados polo partido político denominado VOX.

Foron recoñecidos, no medio desta manifestación uns cantos elementos coñecidos do PP, que deben encarnar a á máis direitista deste partido de dereita.

Interesante é que estes manifestantes, se xuntaban con vista a defender, ou polo menos parece, a democracia, contra un Golpe de Estado, de marcha progresiva, do goberno que ocupa por dereito propio e lexítimo a Moncloa.

Xa hai uns tempos a esta parte, o señor Abascal, busca un proponente independente, para presentar unha moción de censura contra o goberno actualmente en funcións.

No entanto, parece que as súas dilixencias, para tal proxecto teñen sido frustradas.

Antes de máis, queremos recordar, que no Tribunal Constitucional, a extrema dereita e a razoábel dereita, perderon a maioría, cousa que deixou orfo ó PP, neste instrumento do poder xudicial e, máis aínda o señor Abascal.

Este introito, non estaría claro sen referirmos que un membro do PP, barón recoñecido dos máis conservadores do PP, o ex-ministro dos negocios estranxeiros e actualmente eurodeputado, señor Margallo, manifestou que como natural consecuencia da referida marcha, que lle veu moi ben ás súas ideas, que o que tiña que ser feito de inmediato, era un goberno de coalición, mais desta vez, entre o PP-PSOE (precisamente nesta orde de siglas), mais como non podía deixar de ser, sen o actual presidente do goberno Pedro Sánchez.

Para quen teña estado atento, o propio Rey, na súa alocución de Natal, chamou a “concordia constitucional”. Isto é como mínimo unha coincidencia interesante.

Entón, como sería de bo ton, para o actual goberno de Pedro Sánchez, este aproveitou os desmandos da extrema dereita, e a retoma de tranquilidade, polo momento, do poder xudicial, para realizar o seu plano de marketing político, desenrolando un prestixioso cume co Presidente de Francia, Emmanuelle Macron e, como non na Cataluña. Máis aínda, na fotografía para a posteridade do Forum de Davos, se fixo pose cos prominentes señores das principais corporacións económicas.

Mais como se debe definir un “Golpe de Estado”, imos recorrer non a unha filosófica definición académica, mais si a algo que está ao alcance de calquera un dos simples mortais que nos lean.

Para iso recorremos a internet e, “un golpe de estado é a toma e destitución dun goberno e seus poderes. Normalmente, se trata dunha toma ilegal do poder (exemplo, a toma de poder do grupo de Franco, contra a República en 1936, a 18 de xullo), por parte dunha fación política, unha secta, un grupo rebelde ou un grupo militar”. E segue “se distingue dos conceptos de revolta, motín, revolución ou guerra civil”.

Non parece, que fose, de ningún modo o modus faciendi do actual goberno, en ningún momento, nin en calquera súa acción.

Posta esta definición, que serve como elemento de control para obstar o non aproveitamento extensivo e sen o mínimo rigor, con que o utiliza, en especial o PP e Vox.

Podemos continuar, apreciando as especulacións segadas, para non dicir insidiosas e falsas, con que se entreten o PP, utilizando un programa de marketing político, en que presenta o señor Feijóo, como un líder “moderado”, mais como se está a ver na práctica, como se acostuma dicir, “lanza a pedra, mais esconde a man con que a lanza”, para poder hipocritamente, manter xunto do seu público esa imaxe de pai tolerante mais… pai.

Pedimos, que se recorden da forma como veladamente apoiou as declaracións da súa portavoz, acerca da tentativa de insurrección antidemocrática no Brasil, así como o propio tampouco apoiou o presidente lexitimamente electo.

Será isto un procedemento de acordo coas condicións universais dunha democracia? Preguntamos e respondemos, claro que non. Trátase dunha práxis, de falsas afirmacións, de constantes e sintomáticas prácticas políticas, esas si, orientadas a desorientar os cidadáns, transportando para España a imaxe das campañas de Trump na América e de Bolsonaro no Brasil, sempre orientadas polas chamadas falsas noticias e enganos á poboación, e como non ao golpe de estado.

Neste sentido, quere o PP, quere os seus compañeiros de viaxe e anteriores ideólogos o Vox (non podemos deixar de procurar recordar, que o Vox, non é nada máis do que unha fracción de “elementos”, que antes pertencían ao núcleo central do PP), teñen como práctica e camiño, a busca incesante da desestabilización e clarísimo, eles si, dun golpe na democracia.

Podemos considerar, como unha política democrática as declaracións do señor Juan Garcia-Gallardo, portavoz de VOX e socio, non só ideoloxicamente, do partido con que fai piña en Castilla-León, cando anunciaba un protocolo para obrigar as mulleres que desexen abortar, a ouvir os latidos e ver a imaxe tridimensional do fento?

Preguntamos quen é o socio nese goberno autonómico de Vox?

Claro que todos o sabemos, no entanto, desculpamos que o PP, o tal socio, que se di democrático e defensor dos dereitos das mulleres, frontalmente ou sub-repticiamente non quebra de inmediato esa coalición!

Outra pregunta, que nos gustaría avanzar, é de saber quen bloqueou, sistematicamente a renovación do poder xudicial, durante estes anos? Todos sabemos quen foi, ou sexa, o PP e, iso, non é unha forma de golpe contra a democracia?

Quen ten feito sistematicamente, unha crítica desrespeitadora das minorías ideolóxicas existentes en España, buscando con que o poder político estea unicamente na man dun bipartidismo manipulador, ou sexa do PP e do PSOE?

A sorte dos españois, é que para gobernar o PSOE, tivo este que quebrar esa idea de “ditadura” bipartida (é que se existen só dous partidos e non hai outras forzas distinguidas destes, o que está en contra natura, caemos nunha ditadura de dous partidos únicos).

Non nos queremos alongar máis, o que de verdade queremos dicir, é que os señores do PP e do Vox, xuntos ou por separado, non intenten manipular os electores, con falsas informas e falsas acusacións, improcedentes e insidiosas, pois, de verdade, son ambos os que estaban e están, sempre na busca de golpes baixos e ordinarios na política.

Basta de golpes ordinarios e de falsas e insidiosas prácticas o pobo español non o merece.

Á muller de César, non ten que ser só honesta, ten tamén que o parecer”

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.