Por Jose Vieira
Pasamos a dar algúns números, nos permiten analizar os éxitos do ocorrido durante as últimas eleccións para a Asemblea de Madrid, referidas no título. Comezaremos polos valores globais das participacións primeiro, as de 2019 e despois as de 2021.
Eleccións á Asemblea de Madrid de 2019 | |
Inscritos no censo electoral | 5.059.252 |
Votantes | 3.251.386 |
Populación Residente | 6.641.648 decembro 2018/ 6.661.949 xaneiro 2019 |
Participación | 64,27 % |
Número de deputados | 132 |
Interesante, que en dous anos a poboación inscrita no censo, creceu 1,055%.
Eleccións á Asemblea de Madrid de 2021 | |
Inscritos no censo electoral | 5.112.658 |
Votantes | 3.644.577 |
Populación residente | 6.755.609 |
Participación | 76,25 % |
Número de deputados | 136 |
Pasamos de seguida aos resultados dos partidos e os comparando entre as dúas eleccións respectivas e o respectivo resumo
PARTIDOS | DEP 2021 | DIFERENCIA 2019 | % VOTOS | 2019 | NUMERO VOTOS 2021 | FIFERENCIA 2019 | ||
PP | 65 | + 35 | 44,75% | 22,23% | 1.620.213 | 900.361 | ||
MÁS MADRID | 24 | +4 | 16,97% | 14,69% | 614.660 | 138.988 | ||
PSOE | 24 | – 13 | 16,85% | 27,31% | 610.190 | – 274.028 | ||
VOX | 13 | + 1 | 9,13% | 8,88% | 330.660 | 42.993 | ||
U.P. | 10 | + 3 | 7,21% | 5,6% | 261.010 | 79.779 | ||
Cs | – | – 26 | 3,57% | 19,46% | 129.216 | -500.724 | ||
Deputados 136 | % votos validos 98,48% | Número de votos validos 3.565.949 |
Unha vitoria redundante, dun partido dunha dereita, do máis conservadora existente. Só excedida, pola extremísima dereita conservadora, de Vox.
Estes son os números, que sen panos quentes, mostran o que pasou, no pretérito día 4 de maio, deste segundo ano de pandemia de covid -19.
Por iso, non deixamos de pensar, no efecto propagación en todo o territorio, se non cambian os ventos, tal e cal a pandemia.
Quere se queira quere non, hai eleccións, que teñen máis importancia, unhas que outras e, no caso das da Autonomía de Madrid, non se pode deixar das considerar, como un paradigma a ter en conta, non soa para a respectiva Autonomía, e seu futuro, como para todo o resto do país. Cousa que os derrotados, como o PSOE, non queren asumir.
Non podemos deixar de referir que esta Autonomía, se vén auto alimentando, do dogma do neoliberalismo, á praza de nada menos, que 26 anos, montada na corrupción e a prepotencia, proverbial do partido de dereita chamado PP, que así se mantén e se consolida no poder.
Igualmente, non podemos deixar de verificar, que nestas eleccións, son as primeiras, en que se verifican, que no espazo citadino, partillan ou mellor, coexisten dous fenómenos políticos, estruturalmente case antagónicos. Un Goberno de coalición, presuntamente do centro esquerda, cun autonómico de dereita conservador. É unha mestura que foi para o momento, verdadeiramente explosiva, moi ben aproveitada pola señora Ayuso, seguidora e admiradora da “Dama de Ferro” inglesa e, primeira ministra, de seu nome Margareth Thatcher, esta unha fotocopia, moi curiosa.
Como diciamos enriba, por un lado, imperaba na gobernación autonómica unha coalición matizada de neoliberalistas de sensibilidades case caníbales, o PP e o Cs (o Cs era un socio, sen proxecto distinguido do PP e, sen unha identidade claramente distinta, na súa matriz neoliberal).
No outro lado, na Moncloa, se encontraba instalado a gobernar (?), o PSOE, coligado cunha manta de letras políticas, denominadas de esquerdas (Esquerda Unida + Podemos = Unidos Podemos), só de auto nomeamento, pois, se mostrou, máis ben de centro/dereita, na práctica. Esta coalición probou desde o seu principio, un fallo case total, entre o que prometeu e o que fixo. Ten tido unha convivencia de conveniencia, ao utilizar o espazo de gobernación, como campo de experimentación, dunha xestión de improvisar, ou polo menos, dunha falta de programa debidamente planeado.
Máis, se permitían auto cognominar-se, como sendo o Goberno máis de esquerda, desde que existe democracia en España e tras a transición.
Como actuou e, como actúa?
Esta coalición, como calquera ente que xestiona un todo, estará sen rumbo, sempre que non teña un obxectivo ben definido e debidamente estruturado, con vista a obtención dun determinado resultado. E, este Goberno mostrou infelizmente, por activa e pasiva, que non o tiña.
Unha cousa é navegar en pleno mar cunha ruta ben determinada, orientada polos medios necesarios da ciencia de navegación e, outra cousa, é navegar ao ritmo das ondas e da aventura, pensando encontrar un camiño ou destino, por sorte e, chegar a un porto seguro. As probabilidades de chegar a un fin feliz, no caso de navegar a sorte, son practicamente moi pouco ou nulas.
Pois, isto é, o que hai encontrado, na Moncloa a Presidenta de Madrid. O que acontece, é como non era nin desatenta, nin má observadora, comezou a explotar o terreo do Goberno Central, por onde era máis débil.
E, como non podía deixar de ser, encontrou esa vía, na forma (desgobernada, errática, contraditoria e incapaz), dun Goberno que non só non xestionaba, como transmitía a todo o país a inseguridade, a preguiza, o desnorte, e a debilidade aliada a incapacidade dos seus membros, na xestión da Pandemia.
No entanto, non foi só a completa ignorancia de como debía ser xestionada a pandemia, o Goberno de coalición, que ocupa a Moncloa, mostrou a todo o momento, para alén desa debilidade, unha incapacidade de desenvolver unha política de apoio aos máis desprotexidos, de defender as conquistas dos traballadores, dos xubilados, dos que se encontraban e dificultades, en resumo dunha política socialmente correcta (que sería propia dun Goberno de presunto cadrante de centro esquerda, como se auto titulaba).
En vez de buscar aplicar un instrumento de política económica, que dunha forma xeral, podía resolver en definitivo, o problema real dos cidadáns, se decantou por un proceso sesgado, indefinido e incapaz de ser a terapia definitiva para o mal que estaba a pasar unha gran maioría da poboación de España. Preferiu que a poboación dobrase os xeonllos e aceptase a esmola que era a súa escasa medicina para tan grande e agudo mal.
Podía aproveitar a ocasión para ofrecer aos seus cidadáns, como solución, un Renda Básica Universal Incondicional. Este instrumento, está e sempre estivo ben estudado e indicado como debía ser aplicado para ser eficaz e sustentábel. Seguiu as instrucións dos empresarios, optando por manter os máis necesitados con esmolas, condicionadas e imposíbeis de resolver os seus problemas, pois, é o que é necesario, é manter unha bolsa de traballadores pobres e agradecidos.
Así, con toda a artillaría de fondo proporcionou o timo, que se revelou ser un fracaso, estrondoso e fatal, se tratou do INGRESO MÍNIMO VITAL (nin vital, nin mínimo, un desastre máximo vital) pois se perdeu a oportunidade de dar un salto para adiante.
Máis, non se aproveitou a oportunidade para se facer a xubilación fiscal, absolutamente indispensábel. Se comprometeu, dunha forma nefasta, as xeracións futuras xa ao final desta década, cando se tiver que prestar contas. Un erro monumental para ser soportados pór as xeracións futuras, para alén das nosas.
Por outro lado, se está a perspectivar, que os fondos da Comunidade Económica se irán concentrar nos grandes grupos empresariais e, nada ou case nada, chegará ao pobo que os necesita. Que as grandes empresas continuarán a vivir nun limbo de paraíso fiscal, como até aquí, só pagando algo testemuñal, do Imposto de Sociedades (o fabuloso mundo das fugas fiscais e subvencións millonarias).
Se aplicou o Goberno, de alma e corazón, a optar por unha viraxe a dereita, máis agresiva e despiadada, como forma parte do ADN do PSOE.
Mostrou, a todo o momento, unha descordinación interna de libro. Os socios, non se entendían, pois, non había un plano de conxunto para executar. Todo era improvisar e, incoerencia.
Despois, o propio señor Sánchez, resolveu entregar a un estratego externo, o señor Iván Redondo, toda unha política de desestabilización, en varias frontes e, diseminadas polo territorio.
Esta é a causa próxima, do que veu a suceder, unha axuda máis, que a señora Díaz Ayuso agradeceu pois, de aí en diante, ela non sería xamais a má da película, pero si a vítima, que se tiña que se defender.
E ela mostrou a poboación de súa autonomía, a través dunha campaña de información cunha manipulación ben dirixida, que todo facía, para protexer a poboación, máis débil e desprezada da súa autonomía, a de os barrios obreiros.
Estes estaban sen traballo e, que ela sería a salvadora pois, desenvolvía unha abertura de todo o terciário e secundario, o que representaba máis xente con salarios e, que mesmo precarios, tiñan que se buscar a vida e, mais así podían comer e dar de comer, aínda que mal, a súas familias.
Todo isto, lle regalou o Goberno Central, dirixido polo señor Sánchez, á señora Ayuso.
Unidos Podemos, tamén mostrou á praza e ao ancho da súa actuación quere no Goberno, quere fóra, que só tiña emoción e non gobernación, no seu ADN. Unha vez máis, outro regalo para a señora Díaz Ayuso.
Basta ver o comportamento de señor Iglesias e o seu abandono do goberno. Queremos recordar, que o seu desnorte, xa vén de moi atrás, recordemos cando tivo unha votación bastante máis avultada e, por tanto, máis forza de votos, mais pretendeu o ceo como límite e, como non, despois tivo que vir a aceptar un purgatorio, coas consecuencias que coñecemos.
¿Se vive ben en Madrid?
Por moi mal que se viva en Madrid e, non temos dúbidas de que non se vive facilmente, o que podemos dicir sen medo de errar, é que nesta Autonomía, hai máis médicos, máis escolas, máis universidades, máis profesores, máis empresas e naturalmente máis emprego.
Esa é unha das liberdades que a señora Ayuso transmitiu a súa poboación. Pois ningunha outra liberdade estaba a ofrecer a súa poboación, nin a teñen para regalar aos madrileños.
Esta señora souben tirar partido destas circunstancias, que eran palpábeis, para a maioría das xentes.
O PSOE, non presentou ningún proxecto, andou como xa se dixen, a reboque e a improvisar dous discursos non coherentes e sen plano. A triste figura reencarnada.
O Cs non tiña opcións, pois, o seu discurso era moi curto e estaba emerxido no mellor que podía ofrecer o PP, como tal se apagou, o que non representa ningunha admiración, a non ser o seu debacle total. Pensamos, que o seu futuro será curto, se continúa por este sendeiro, á praza do país.
Non vale a pena falar de Unidos Podemos pois, xa verificamos que non ten nada para ofrecer, nin proxecto teórico.
O MM, Más Madrid, que algo subiu, 4 postos, non hai feito a súa campaña, aparentemente mal. Pode que fose demasiado “neutra e cariñosa”, pois, se empeñaron nunha carreira de maratón e non nun sprint, ou sexa un resultado brillante e imediatista, xogaran para de aquí a dous anos. Depende agora de como faran chegar a súa mensaxe aos cidadáns.
Tivo o coidado de presentear un diagnóstico ben estruturado da situación na Autonomía, centrando a súa atención en cousas que doen aos madrileños, como a saúde, a educación, a sostibilidade ambiental e, a protección social. Queren ir a seu ritmo, é unha virtude, sempre e cando, ese non sexa demasiado lento.
No entanto, que vai ofrecer a señora Ayuso a súa xente?
Cremos que moi pouco, no aspecto positivo, no entanto, vai poder ofrecer moito no aspecto negativo, como aumentar a presión do seu modelo de xestión. Vai aumentar as desigualdades, vai ser segregacionista, vai ser xenófoba, vai ser aporofóbica, e favorecer os ricos, baixando os impostos, entre outros beneficios.
E claro, todo isto, coa máxima tranquilidade pois, a oposición non pode facer nada pois está hoxe, a 20 puntos de diferenza, da dereita (quere se coligue coa Vox, ou só faga un acordo de lexislatura).
Para terminar estas notas, queremos indicar até que punto a señora Ayuso se toma as súas liberdades, bastando tomar en atención as súas actitudes de xestión ao día seguinte das eleccións, pois, acabou de convocar un concurso, por dous días, para entregar a consultoras privadas, a xestión dos 214 proxectos de Madrid, aos fondos da Unión Económica (os coñecidos como New Generation). Se trata, de nada menos, do que 22.471 millóns de euros. Como mostra, de seu poder é esclarecedor e está moito ben.
Non obstante, na sede do PP, tremen as paredes pois, hai máis dun que non durmirá descansado, desde a celebración da vitoria, en especial o día seguinte. Terán suores frías, durmirán cos dentes cerrados que renxerán e, non soñarán co ceo.
Probabelmente terán que dar unha volta a súa vida política. O futuro se encargará de esclarecer a nosa dúbida.
Se el primero en comentar