Alemaña apoia o exterminio do pobo palestino ou parece

non encontramos calquera razón para que o referido profesor, ex-ministro e conferenciante internacional e, máis, con nacionalidade comunitaria non puidese entrar na Unión Europea

Por Jose Vieira

Comezamos este texto por unha noticia que é dunha importancia vital, pois, pensabamos que a Europa, ou polo menos a Unión Europea (adiante soamente UE), era un espazo libre de actitudes discriminatorias e segregacionistas, contra os que pensamos de maneira distinguida.

Ao final, non tiñamos razón, en polo menos algúns dos países e, neste caso, na Alemaña, estas perante un país xenófobo, polo menos en relación aos que ten a coraxe de contestar as posicións dos seus máis prominentes políticos.

Non podemos ignorar, que os simpatizantes polo neonazismo, están subindo nas enquisas e xa o fan nos respectivos parlamentos rexionais. Algúns até se embalaran na mesma novela, que a señora Ursula Gertrud von der Leyen.

Como non podía deixar de ser, pertence à familia política do Partido Popular Europeo. Convén destacar, que antes de desempeñar este cargo, fora o máis belicista membro do goberno alemá, desempeñado o cargo de Ministra da Defensa. Esta “dama de paus” é a actual presidenta da Unión Europea.

Tamén parece ser, que quen se perfila por ser o seu sucesor a fronte da EU, o presidente do partido de fortes conviccións nazis, o Partido AfD, que significa Alternativa para a Alemaña. Se trata do señor Bjorn Hocke.

Este señor, está a ser acusado, nas últimas eleccións, de utilizar símbolos que inducían a seren confundidos, con outros utilizados na propaganda hitleriana.

Os seus discursos de Bjorn Hocke, así como a súa figura de moza (ten actualmente 52 anos), ten sido un elemento de forte atracción para os mozos alemáns, facendo este chegar, xunto a eles, unha mensaxe moi forte e apracíbel a esas audiencias.

A Alemaña, fora sempre un país que se nutría de certa emigración, para suplir a necesidade de cubrir determinados traballos que os alemáns non desexaban desempeñar. No entanto, estes emigrantes, fixeron sempre con que os prezos dos produtos, sobre todo a seren exportados, a teren unhas follas de custos, máis vantaxosas para as respectivas industrias.

Por outro lado, vemos a señora Ursula von Leyen, a dicir que é necesario frear dunha vez por todas as emigracións dos pobos do sur.

Descoñecemos se é porque a economía alemán non pode absorber, máis man de obra non especializada ou as razóns, son que están dunha forma sutil, mais decidida, a pór fin a miscinización social na Alemaña. O que é correcto é que quere esa señora, quere o seu posíbel sucesor, son intransixentes defensores das chamadas teorías de a Europa soa para os europeos e, que nin todos os europeos, serán para os alemáns dignos de poder transitar libremente no mercado de traballo comunitario.

Existen na Europa, como pode decorrer desde o que enriba referimos, europeos de varias clases, e como tal, eses señores da Alemaña, ten a vara de medir o tamaño de quen queren ou non deixar entrar no seu mercado laboral.

E por máis que procuramos comprender os seus criterios, estes se nos escapan, pois, se van alterando de acordo co perfil do próximo concorrente.

Existe un fundamento xurídico, para que a libre circulación se faga dentro da EU e, é con base nos artigos3, n.2 do Tratado da Unión Europea, Artigo 21, do Tratado sobre o Funcionamento da EU (TFUE); Títulos IV e V do FFUE; Artigo 45 da Carta dos Dereitos Fundamentais da EU.

Todo isto da cobertura á liberdade de circulación e de residencia das persoas na EU constitúe a pedra angular da cidadanía da EU, estabelecida polo Tratado de Maastricht en 1992. “A supresión gradual de fronteiras internas nos termos dos acordos de Schengen foi seguida da adopción da Directiva 2004/38/CE relativa ao dereito dos cidadáns da EU e os membros das súas familias poderen circular e residir libremente na EU”.

Finalmente non parece que todo corra polo mellor, pois, parece que cada vez hai máis problemas. Lemos unha noticia en periódicos internacionais, que mencionan que as autoridades alemáns prohiben a entrada na Alemaña a Yanis Varoufakis.

Nesa altura, se me impuxo a dúbida, pois, sempre imaxino que os Gobernos Soberanos dos países Europeos, son persoas de ben e incapaces de tomaren medidas mal intencionadas e contra os dereitos dos cidadáns. Ou polo menos me deixaron esa dúbida.

Procurei saber quen era ese señor, aínda que me soase, que fora un ministro da economía ou das finanzas do un país comunitario, segundo me parecía da Grecia.

Se me puña entón a cuestión de saber se trataba da mesma persoa e se esa persoa que xa non era ministro, tiña algún cargo o se era mesmo membro europeo por seu nacemento ou naturalización.

A primeira cousa que conseguimos pescudar, é que ese señor, viña destinado a participar nun Congreso sobre a Palestina, que se celebraría os días 12 a 14 do corrente mes. Sendo arroupado pola súa formación política, acollida na Alemaña, denominada Mera 25, que é un ramo da formación xeral chamada DiEM 25.

Este congreso, era unha iniciativa, dunha organización de Berlin, denominada Judische Stimme fur Geerechten Frieden in Nahost (o que traducido significa “Voz Xudía por unha Paz Xusta para o Oriente medio”) e da propia DiEM25. Obtiveran os medios financeiros necesarios, para a levar a efecto, e serían moderadores da mesa redonda, a demandante alemá Karin de Rigo de Mera 25 e o propio Varoufakis.

Antes disto todo se pór en marcha, unha carga brutal das autoridades alemáns, clausuraron o congreso e como non, non permitiron que o señor Varoufakis, entrase na Alemaña.

Como diría o poeta Augusto Gil: fun ver a nacionalidade de Varoufakis.

Este señor, ten dobre nacionalidade grega/australiana, é Secretario Xeral da Fronte Europeo de Desobediencia Realista, ex-ministro de Finanzas da Grecia, Membro do Concello dos Helenos, etc.

E non encontramos, en parte algunha que o referido señor, fose dalgún modo un terrorista ou estivese a planear, un levantamento insurreccional.

Esta nosa investigación, debe ser realmente moi mal conducida, pois, non encontramos calquera razón para que o referido profesor, ex-ministro e conferenciante internacional e, máis, con nacionalidade comunitaria non puidese entrar na Unión Europea.

Máis, nos pareceu moi estraño, que a conferencia era realmente para tentar conseguir apoios para que se elaborase un alto de fogo na Palestina e, o rebentar o Congreso polas autoridades alemáns dan, moi pouca credibilidade, ao Goberno alemán pois, parece que non haberá ningunha dúbida despois deste incidente, que o Estado alemán, realmente non ten dúbidas de apoiar o exterminio do pobo Palestino

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.