Desde a entrada de España na OTAN, e os acordos asumidos, este país que nos acolle, trocou a súa independencia como unha certa nación, para se transformar, nunha colonia de terceira categoría, tendo como amos en primeiro lugar os Estados Unidos da América do Norte e, logo pola Alemaña.
Por Jose Vieira | 19/04/2024
Durante o mes de marzo pasado, o goberno de coalición español anunciou, que estaría traballando, non cos presupostos que estaba a negociar, mais si coa vixencia e prorroga dos presupostos aprobados o ano de 2023.
Esta situación foi anunciada precisamente o día 13 do mes referido de marzo.
Queremos dicir, antes de avanzarmos neste texto que o ano de 2023, non se previron aumentos significativos en material de guerra (a que agora chaman de material de defensa, para esquecer o uso deste mesmo material, que serve indiscriminadamente, tamén para o ataque), no entanto, non parece que esta condición fose respectada na actualidade.
Dito dun xeito sinxelo, o que está previsto e asumido este ano, dunha forma case secreta e respectada polo partido maioritario na actual coalición, e o Partido Popular, non é nin idéntico e moi menos menor.
Con isto, o que queremos dicir é que os partidos que están estabelecidos como os maiores en España, suxentaise ás imposicións dos “Amos” americanos, pois, “pola calada da noite”, como dunha novela negra se tratase, cerca de 57.000 millóns de euros, son asumidos como gasto militar este ano 2024.
Non nos parece asumibel, que un goberno nacional, se teña que suxeitar a tal gasto, especialmente se non está en guerra con ningún outro país e, moi menos, se estamos a facer un favor de sanear a economía dos Estados Unidos da América do Norte (USA).
Non só non é xusto, non é correcto e aínda máis, son gastos que non teñen calquera contrapartida en termos de efectos multiplicadores na economía de España.
Onde está España?
Será que non é un país independente e soberano?
Non entendemos.
Máis, o que aínda é menos correcto é que este aumento fantástico (pois, parece un xesto de maxia negra), foi feito totalmente por aquilo a que se acostuma a dicir “pola porta de atrás”.
Por veces, os gobernos que tanto buscan a moralización das empresas e dos seus contribuíntes, perseguindo as contas en B (as segundas contabilidades non legais), dan tamén un pésimo exemplo, pois, estas portas de atrás non son menos nefastas do que esas fugas dos fuxitivos da Facenda (Hacienda).
Non temos outra opinión que non sexa a de considerar este aumento de gasto, as escondidas como algo inmoral e de traizón aos intereses do pobo español.
Tampouco podemos deixar de louvar o traballo do “Grupo Antimilitarista Tortuga”, ao pretender estar de alerta, á praza do ano, vixiando e detectando “as partidas autorizadas de máis gasto militar, que se poderán ir facendo o executivo, aínda por encima do xa escandaloso gasto enriba referido.
Daremos un pequeno cadro para podermos ter a idea do que se está gastando en material de guerra, cando o pobo español necesita, moitas outras cousas con preeminencia, como por exemplo vivenda digna.
GASTO MILITAR EFECTIVO
ANO | MINISTERIO DE DEFESA | OCULTO |
2019 | 8.737 | 31.339 |
2020 | ——– | 34.525 |
2021 | 9.412 | —– |
2022 | 10.155 | 39.292 |
2023 | 12.827 | 48.834 |
Non podemos deixar de pasar que está situación, é pacifica, pois os partidos da oposición, Partido Popular e Vox, son os mentores e soportes destes gastos, pois, estes señores, Feijóo e Abascal, e seus “acólitos” prefiren soportar unha guerra, con sacrificio da poboación do que o benestar da mesma e, seren uns excluíndo os intereses dos seus compatriotas, “bos meniños” ao servizo dos intereses americanos.
Temos que realmente aceptar, desde a ciencia económica, que os efectos multiplicadores, na economía nacional, de inversións en material de guerra, en especial do importado e, así como, o mesmo fabricado no propio país, non se repercutirán, dunha forma tan linear e satisfactoria, como as inversións directamente accesíbeis ao consumo da súa poboación en xeral.
Outra situación que vemos como inxusta, e até despótica, para a poboación en xeral de España, é a imposición que os diversos gobernos teñen asumido.
Trátase da falta de capacidade de dicir NON (aos Amos do Mundo), dos respectivos gobernos, nos momentos oportunos, prevendo así, que a asunción de determinados compromisos, xogarían encontra, das poboacións que os elixiran, o que ten acontecido, é que os distinguidos gobernos, sexa de que lado político sexa, sempre ten operado sen atender as certas necesidades do pobo.
Non se pode aceptar que se deixen para “o nunca xamais”, problemas como o dereito á vivenda digna, a recortar sistematicamente a saúde pública, entregándoa, aos grupos económicos privados contra os intereses da poboación, recortando na educación pública, permitindo que grupos financeiros metan de forma escandalosa, as súas garras, transformando un dereito das poboacións, nun gran negocio… do máis mafioso.
Os españois, se fixesen un exercicio de reflexión, estarían até aos cabelos, moi próximos daquilo a que se chama un ataque de nervios, pois, xamais poderían aceptar, que os gobernos de quenda, finiquitasem o seu futuro e, peor do que iso o dos seus fillos.
Desde a entrada de España na OTAN, e os acordos asumidos, este país que nos acolle, trocou a súa independencia como unha certa nación, para se transformar, nunha colonia de terceira categoría, tendo como amos en primeiro lugar os Estados Unidos da América do Norte e, logo pola Alemaña.
Más, orgullosamente España está a apoiar a política dos americanos (satisfacendo os seus máis escabrosos desexos de líderes policiais do mundo), dos franceses e alemáns, para que entremos nunha nova gran Guerra, que posibelmente pensan que non entrará en seu solo e, que o campo de batalla será, como non, os territorios europeos.
Teñen vendido os dirixentes americanos, a súa poboación, que están a levar por diante unha cruzada, indispensábel para eliminar o comunismo. Pois os rusos representan o comunismo.
Máis, esquecense de dicir que a economía rusa e o goberno ruso, son un país capitalista, de economía de mercado e seguidor en termos de teoría económica a escola de Chicago.
Non queremos dar máis claridade ao camiño que os americanos e os seus protexidos, nos están a obrigar a pisar, mais atención, meus amábeis lectores, este camiño só nos leva ao cadafalso.
Se el primero en comentar