O problema da aplicación dos fondos comunitarios

Por  José Vieira

Cando terminaron os maratóns do pasado mes de xullo, do Consello Europeo, que trouxen até aos países do sur, o chamado osíxeno, a través dos miles de millóns de euros, que van alegrar os gobernos dos respectivos, nos deixou unha dúbida e unha pregunta:

Quen e como vai ser pagado os diñeiros comunitarios?

Todo o diñeiro que os países do sur van ter ao seu dispor, dunha maneira ou doutra, son miles de millóns, de fundamentalmente se dous tipos como todos sabemos, uns a fondo perdido e outros como préstamos con xuros, excepcionalmente favorábeis.

A outra reflexión que se nos ocorreu, se trata de saber como de que maneira e cales son os puntos de aplicación dos referidos fondos que son concedidos.

Outra dúbida, que tamén nos asalta, é a de saber se existen os respectivos planos de utilización e os necesarios estudos de natureza pluridisciplinares para a súa utilización eficaz.

Agora que parece ser que van entrar miles de millóns, ou sexa diñeiro como area das praias, e como ese diñeiro é de toda a Comunidade e, como tal tamén es de todos os pobos do sur, parece que debía ser explicado, punto por punto, de forma simple e práctica de como van ser dixeridos polo estómago de cada país.

Até ao momento, se coñece o xubilo dos dirixentes dos países, pero igualmente se observa a ausencia dunha calquera explicación de como van ser utilizados eses fondos. Se pregunta:

Será que os gobernos se fecharán, a contemplar os billetes no aire condicionado dos seus despachos, ignorando, como de costume, as súas poboacións?

Estamos todos cansados, de que os gobernos nos tomen por atrasados mentais, para quen non ten que dar calquera explicación dos seus actos. Nos parece que é así a reacción que está en curso.

Non se recordan os gobernantes, que é recibir o diñeiro, e despois, repartídelo a seu belo pracer, dando unicamente contas entre os membros elitistas que conforma os partidos.

Nos xorde outra cuestión, para o cal non hai resposta até ao momento.

Será que pensan que a aplicación dos diñeiros se fará de acordo coas liñas de actuación habitualmente  autistas?

Non se esquezan os señores gobernantes que terán unha fiscalización, felizmente en nome de todos os seus electores pois, coñecendo o modus faciendis, dos gobernantes do sur, a Comunidade por presión dos países do norte, resolveu impor para a tranquilidade de todos (enténdase dos pobos do norte e dos parvos do sur), pois no sur non se cuestiona a xestión da cousa pública, dado que os seus gobernantes, son considerados os emisarios dos Deuses do Olimpo.

Parece que finalmente alguén tivo o bo senso de tentar protexer as súas poboacións e por arrastro tamén á nosas.

Outro problema que nos xorde e nos parece moi grande, é a falta de capacidade gobernamental, para xestionar investimentos pola administración central. Esta está habituada a mandar pagar salarios e pagar unhas obras públicas. Todo o máis revelan inapetencia, falta de preparación e descoñecemento. Se pregunta:

Como poderán presentar proxectos e os xestionar?

Basta recordar, como no pasado os sucesivos gobernos, do sur conduciron o investimento público a mínimos históricos, resultou desa praxes, a única experiencia lóxica, é que só saiban facer nada. Isto é, quietos e sosegados á espera que o tempo resolva.

Este procedemento, ten como consecuencia a perda de diñeiro Comunitario, por falta de proxectos ben concibidos, por un lado, así como outros que serán penalizados por non seren ben conducidos.

Onde campa a falta de capacidade técnica, a par da falta de transparencia e prestación de contas claras, aos seus respectivos cidadáns, carrexa como resultado a perda dunha ocasión única de frear os resultados dunha pandemia a cal se encaixou unha crise económica, que se viu agravada por aquela

Tamén estou perplexo, a verificar, que non aparece por ningún lado a pregunta:

¿de onde vén tanto diñeiro?

Varias suposicións nos xorden, pagan os cidadáns dos países que serán beneficiados cos fondos? Pagarán naturalmente todos os países da Comunidade, no entanto, a través de impostos que serán creados pola Comisión Europea, para financiar a parte a fondo perdido do Fondo de Recuperación.

Esta situación é realmente anecdótica, pois até ao momento non vimos a nada preguntar por esta cuestión. Se veña o diñeiro que pronto se verá. Unha vez máis a improvisación por diante.

Finalmente os valores en cuestión, resultan da constitución dun Fondo mixto, como segue.

Cuxos importes a facilitar, para facer fronte as crises, constará cun presuposto que se divide en dous tipos, no que di respecto á recuperación, do respectivo capital:

Fondo total                    750.000mil millóns de euros

A fondo perdido           390.000mil millóns de euros

A través do MIDE         360.000mil millóns de euros

Recordemos que a España é un dos países que máis irá beneficiar dos Fondos autorizados polo Consello da Europa, así dunha forma o máis simple posíbel, podemos ver:

Fondos Comunitarios a recibir por España (desglosado)

TIPO DE AXUDA      IMPORTE EUROS       %  TOTAL

Axudas directas         72.700 mil millóns         18,64%

Axudas do MIDE        67.300 mil millóns         18,69%

Total                           140.000 mil millóns        18,66%

Como está na moda dicirse, será para España un auténtico Plan Marshall. O que realmente non é nin correcto nin se aproxima a ese plano do tras Segunda Guerra Mundial. No entanto, será un certo maná, que deberá obedecer a todo o que enriba referimos.

Terminamos, con máis un aviso, do que unha reflexión, así estes fondos que a Comunidade pon a disposición dos países, terán que ser pagados por todos os contribuíntes de Todos os Estados membros, incluíndo, neste noso exemplo a España.

Será liquidado este importe (390.000 mil millóns de euros), coa emisión de impostos, que deberán ser creados pola Comisión Europea, con vista a financiar, a compoñente dos fondos, que non se ten que repor, o chamado Fondo de Recuperación.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.