A nova marcha sobre Roma

Mussolini tamén foi relativamente máis conservador e menos comprometido co fascismo que veu a implantar. O chamado síndrome dos 100 días.

Por Jose Vieira

Nos idos de 29 de outubro de 1929, Benito Mussolini, na calidade de líder do Partido Nacional Fascista, recibía o gravame do rei Victor Manuel III, de formar goberno de Italia.

Todo isto, pasou a consecuencia da marcha dos 100.000 sobre a cidade de Roma, que era integrada polos chamados “escadristas”, escuadróns fieis a Benito Mussolini.

Igualmente nesta fecha, xustamente se enmarca co número 100, mais desta vez conmemorando o centenario, da incumbencia do rei italiano, Vitor Manuel III, de que Mussolini formase un despacho para xestionar Italia.

Quen era ao final Benito Mussolini, esta é a dúbida global sobre o seu perfil multivariante. Sería o mozo revolucionario, fillo dun ferreiro e nacido en 1883, “bastante turbulento”, como o clasificaron na Suíza, de acordo coa súa ficha policial, nese país, para onde se tiña refuxiado en 1902, predicando a abolición da propiedade privada, a loita de clases, o terrorismo e a violencia para chegar a revolución social ou polo contrario, o fascista antisocialista, todo o contrario dos seus primeiros vinte anos.

Este chegou até ser o dirixente do periódico do Partido Socialista de Italia o ano de 1912. Máis, este señor, foi tamén un anti belicista, durante a Primeira gran Guerra (son súas as palabras “abaixo as armas enriba a Humanidade”).

O seu ultranacionalismo, e as súas teorías, veñen ao de cima, co discurso de fundación en 23 de marzo de 1919, en Milán, dos “Fasci Italiani di Combattimento”, que incluía o dereito da muller a votar e poder ser elixida, até a expropiación dos bens relixiosos, da coresponsabilidade dos obreiros na xestión das fábricas e, como non, un imposto progresivo sobre o capital.

Mais a súa participación nas eleccións dese ano foron un fracaso, o que carrexou en si a caída do seu espírito revolucionario, socialista. Todo o seu socialismo se substitúe por un antisocialismo e patriotismo, dando un especial bolco, que resultou no aumento do protagonismo dos “escadristas”.

Vexamos agora, quen é a nova Primeiro Ministra de Italia, presidenta do partido político “Fratelli d’Italia” (Irmáns de Italia).

Este seu partido, ten como bases ideolóxicas os valores máis tradicionais, herdados do Movemento Social Italiano e, como non, da Alianza Nacional. Poderiamos resumidamente dicir, que se trata dun partido ultraconservador e nacionalista, así como, portador dun sentimento euroescético (semellante realmente, a algunhas das dereitas de España).

Este, non é eximo de fracturas internas e, que son moitas, no entanto, as principais, parecen ser, “Italia primero” (Prima Italia) cuxo xefe é Gianni Alemanno, “Facer Italia” (Fareltalia) de Adolfo Oso, “Eu Amo Italia” (lo Amo l’Italia) de Magdi Allam e “Son o Sur” (lo Sud), de Adriana Poli Bortone.

Esta señora, Giorgia Meloni, naceu en Roma a 15 de xaneiro de 1977, sendo de profesión periodista. Foi ministra da Xuventude nun goberno de Silvio Berlusconi e presidenta de “Giovane Italia”, que era a sección xuvenil do partido “El Pueblo de la Libertad”.

É un dos cofundadores do partido “Irmáns de Italia”, (Fratelli d’Italia).

Esta nova presidente de goberno de Italia, acaba de xurar, ser fiel a República e a Constitución, no acto protocolar realizado na presencia do Presidente da República de Italia e garante do respecto a Constitución. Non gusta de ser cognominada presidente do goberno, preferindo que a chamen señora primeiro ministro de Italia.

Ao contrario, do que parece ser só a formación dun goberno de coalición e, no sentido de posuír unha maioría confortábel, para ser, un paso non á dereita tradicional europea, mais si, unha abertura, de portas totalmente ausentes, de calquera filtro, que non sexa, o propio Presidente da República, ao fascismo italiano.

Este partido “Irmáns de Italia” (Fratelli d’Italia), obtivo nas eleccións de 2013, 666.035 votos, algo como 2% dos votos válidos.

Xa o ano de 2018, o mesmo partido tivo un resultado de máis do dobre dos votos do ano de 2013, ou sexa, 1.429.550, ou sexa, 4,4% do total.

Finalmente nestas eleccións de 2022, o partido “Fratelli d’Italia”, pode contar con 7.292.512 votos a seu favor, o que representou ser o partido máis votado nestas últimas eleccións.

Con estes resultados e, co apoio dos seus socios, Matteo Salvini e Silvio Berlusconi, este goberno de extrema dereita, está sobre os raís do camiño que pode levar a Italia, a escenarios socio políticos non só inéditos, mais sobre todo extremadamente perigosos non só para os italianos, mais tamén para toda unha Europa, que se encontra, en estado de somnambulismo, inducido por acatar os desexos inconfesábeis dos americanos. Ou mellor, dos “Amos do Mundo”, que son quen determina, os camiños por onde deben trillar a política dos estados Unidos da América do Norte, quere estea de presidente un demócrata ou un republicano.

É interesante verificar, que cando Benito Mussolini accede a formar goberno a petición do rei Vítor Manuel III, o día 29 de outubro de 1929, por cerca do medio día, se encontraba en Milán e, sus “escuadras” estaban a tomar posicións, na administración, por todo o país e, todo ocorreu o mesmo mes de outubro, 100 anos antes. Algo de semellante, ocorreu un pouco por toda a Italia mais, desta vez, de forma pacífica, ou sexa, a toma de varías administracións locais, máis ou menos importantes, por membros afectos a “Fratelli d’Italia”.

Se ollarmos para dentro de España, tamén vemos demasiadas semellanzas, co que se está a pasar en Italia, só que, os dous partidos coa mesma raíz ideolóxica herdada do fascismo de Franco e seus apaniguados, se teñen estendido de forma menos turbulenta, mais talvez máis estábel, por todo o territorio español, falamos no asalto ao poder, do PP e do Vox.

Estes mesmos, xa anunciaron, que todas as leis progresistas e democráticas actuais, serán derrugadas mal atinxan o poder. Un certo acto de democracia musculada… ou talvez, “modus faciendi” de pre fascismo.

Volvendo ao caso italiano, non debemos xamais esquecer, que o principal centro industrial italiano se sitúa nas zonas de Milán e de Turin, onde este tecido empresarial, patrocina cos medios necesarios, aos “Fratelli d’Italia” e, a seus socios, como por exemplo a Berlusconi e Salvini, socios no novo goberno de Italia, pois, esta coalición, promete un eldorado, para a explotación dos cidadáns, ao servizo dos intereses empresariais dos grandes grupos.

Están, así creadas as condicións, hoxe como o tempo de Mussolini, para a implantación sen problemas de maior, da extrema dereita fascizante, en Italia.

No entanto, recordemos que no seu primeiro ministerio, Mussolini tamén foi relativamente máis conservador e menos comprometido co fascismo que veu a implantar. O chamado síndrome dos 100 días. O que tamén parece ser evidente, na composición do actual ministerio, proposto pola señora Giorgia. Hoxe como no pasado da a 100 anos.

Este ministerio, que é o 68.º, desde 1946, é composto por 24 ministros, coa seguinte distribución por partidos: 9 ministerios para Fratelli d’Italia; 5 para a Liga, 5 para Forza Italia; 5 para tecnócratas, de súa confianza política, de Giorgia Meloni.

Agoiramos, se non hai ningunha presión da Europa, que desde xa pensamos, que sería desprezada, pois, sería entendida como unha intromisión abusiva por Giorgia Meloni (non nos esquezamos de que é unha euroescéptica), este goberno, para nós, será só a transición, para un outro de perfil perfectamente máis compatíbel coas súas ideas de ultradereita (será o parto así, máis indolor).

Recordemos, por exemplo, as súas posicións, completamente en contra do aborto e os colectivos LGBT, eutanasia, así como de demais dereitos sociais.

Tamén, tivo o coidado de denominar de novo os ministerios, sobresaíndo os da antiga Economía, que pasará a se designar, Ministerios das empresas e «Made in Italy”, así como o da Educación que pasará a ser designado por Ministerio do Mérito e o da Agricultura que deberá xuntar Soberanía Alimentaria. Moi significativo o novo batisado.

Sobresae a seu favor, o ter estado presente nas cerimonias católicas, do enterro dun mozo de 18 anos, que fora atropelado por outra moza, de 23 anos, que ao parecer estaba ebria. O mozo era fillo de xornalistas dun dos máis prestixiosos periódicos de Italia “IL Corriere della Sera”, como sabemos Meloni e seu marido, tamén son periodistas.

Terminamos este, coa certeza da profunda admiración que ten sempre demostrado Giorgia Meloni, sempre que lle piden opinión, sobre o político italiano que a precedeu exactamente a 100 anos, Benito Mussolini e de quen pretende seguir sus experiencias.

Esperamos que a súa admiración sexa soa intelectual e, que non estea en su mente a realización dunha nova marcha sobre Roma…

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.