![]()
Cremos sinceramente que nin ese señor Trump, nin tan pouco, os seus ilustres conselleiros de economía, xa avaliaron os efectos de tales políticas e os desequilibrios que tales medidas van traer.
Por Jose Vieira | 12/02/2025
Estamos no inicio do mes de febreiro do ano da graza de 2025 e a uns escasos días do principio da repetición de mandato do actual Presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA).
Este señor, vendedor de bens inmobiliarios, Donald Trump (que repite o anterior seu mandato, que ocorreu entre os anos de 2017 e 2021), foi o demandante do partido Republicano, concorrendo, contra o presidente cesante, o Demócrata Joe Biden, como todos sabemos.
Neste seu primeiro mandato foi o 45 presidente sendo desde agora o 47. Temos que engadir que este señor estaba condenado xudicialmente, en firme, por distinguidas delitos, por el cometidos e, por iso, temos algunhas dificultades en comprender como pode concorrer de máis alta maxistratura dos USA, un suxeito nestas circunstancias.
Como home das inmobiliarias que é, tamén en seu perfil salienta as súas calidades de marketing, senón vexamos estas suas palabras o día 23 do pasado mes de xaneiro en que no Foro Económico de Davos afirmaban na súa Asemblea “alto e con bo son:
“A miña mensaxe a todas as empresas do mungo é moi sinxela: veñan a fabricar o seu produto en Estados Unidos e lles ofrecemos un dos impostos máis baixos de calquera nación do mundo”.
Deixando caer, axiña, “pois, do contrario, se continúan a intentar a producir en vosos países, ou noutros, os vosos produtos estarán suxeitos a dereitos de importación nos USA do 20%.”
Non podemos deixar de referir que este señor, Trump, o que quere, é impor a Alemaña e ao resto da Unión Europea, un conxunto de imposicións que se irán “convertendo en ofrendas, como dun sacrificio aos deuses se tratasen”, para salvar o imperio americano.
Sinceramente pensamos que será un esforzo dende xa inútil.
É máis que evidente, que desde que os USA, dinamitaran o gasoduto NORD STREAM, por onde os europeos recibían o gas e o petróleo da Rusia, os prezos dos produtos enerxéticos, aumentaron para o cuádruplo ao seren fornecidos “xenerosamente”, polos USA (esta operación de terrorismo, foi efectuada ao mando do anterior presidente dos USA, o Demócrata Joe Biden).
Non dubidamos que só existe algo de diferenza de modelos e pouco máis.
Recordemos que o anterior presidente dos USA, o tal Joe Biden, impos á Unión Europea a compra do 2% dos orzamentos de cada país, pertencentes á NATO (ou OTAN), en material de guerra.
Agora este novo presidente impón que a cláusula pase para 5%, si ou si.
Non podemos deixar de facer notar a todos os que leren este texto, que estes sacrificios que este “benemérito ou talvez pai tirano,” adorado polos partidos Vox e PP, en España, o que esta a facer é a destrución, do tecido industrial alemán.
Pensamos, dentro do noso modesto coñecemento de economía, que se está a xerar un certo CAOS, tendo a chave nos efectos, que resulten, sobre a Balanza de Pagamentos, dos impostos de importación e sancións comerciais que o respeCtivo señor e seus asesores ameazan impor.
Cremos sinceramente que nin ese señor Trump, nin tan pouco, os seus ilustres conselleiros de economía, xa avaliaron os efectos de tales políticas e os desequilibrios que tales medidas van traer.
Agoiramos con gran grao de certeza, que o proseguimento de tales políticas por parte o señor Trump, terán un efecto dunha inevitábel ruptura financeira no mundo.
É como mínimo impresionante o delirio de grandeza de desexar “conquistar o Canadá”, tornándoo como o estado número 51 do USA. Máis, para alén diso, xa ameazou ao Canadá e ao México cos impostos de importación dos seus produtos do 20%, se non se axeonllan a seus pés obedecendo a todas as súas imposicións.
Ao México, deporta os emigrantes ilegais e todos os latino americanos, que non manda para o campo de concentración en Cuba de Guantánamo, isto por un lado e por outro “rebenta a balanza de Pagamentos Mexicana, por exemplo, eliminando o envío de prestacións en dólares dos emigrantes mexicanos.
É unha caída espantosa de fluxos monetarios que viña axudando a permitir solver as necesidades de divisas do México.
Se o México acepta esta situación e, parece ser inevitábel, pois, será imposta pola chamada lei do máis forte, e, este señor é capaz de todo e, non nos podemos esquecer, que é un perigoso delincuente, creará unha situación financeira de tal orde imposíbel de controlar, que o México terá que facer, moi pronta unha desvalorización do peso (que é a súa moeda).
No entanto, o México pode tomar outra actitude, que é vir a declarar que non poderá pagar as súas débedas en dólares a todos os seus acredores (posuidores de bónus en dólares).
O que parece é que os conselleiros financeiros do presidente dos USA, o aconsellaron a facer que o México entre nunha situación desesperada semellante a que aconteceu en 1982, que foi un rastillo de pólvora por toda a América Latina de entón.
Esta tamén é unha das xugadas que este señor e os seus conselleiros onde pontifica o multimillonario Elon Musk.
Aquí pode que os Mexicanos, poidan entón, virar o feitizo, como resposta, suspender o pagado dos bonus en dólares dos americanos.
Esta podía ser unha reacción non esperada polo prepotente Trump, Elon Musk e seus acólitos e podía desencadear, unhas reaccións en cadea por toda a América latina.
Terminaremos este, dicindo que desde estes últimos días e, debido a subida de tipos pola Reserva Federal americana (equivalente a un Banco Central), o dólar se revalorizou e, como consecuencia, o prezo dos produtos americanos en especial os enerxéticos e materias-primas fornecidas polos USA, subirán.
Engadiremos soamente que o Canadá terá que se afrontar a algo moi semellante ao que irá acontecer ao México.
Se el primero en comentar