Os 60 anos do asalto ó barco de pasaxeiros portugués Santa María (I)

O DRIL, desde a súa fundación en 1959, desenvolveu varias accións de loita contra o réxime franquista, sendo a primeira en 18 de febreiro de 1960. Desaparecendo en 1964.

El comandante Sotomayor y su hijo Federico Fernández Ackermann (derecha), en la prensa brasileña.

Por Jose Vieira

Non podiamos deixar pasar totalmente esta fecha, dada a importancia para o mundo de hoxe, que non entende e non diferenza actos de chamadas de atención, contra réximes inxustos e fascistas, e actos de violencia por violencia, de terrorismos declarados.

Hoxe a maioría da xente non é capaz de saber distinguir o que es realmente terrorismo gratuíto, do que é, ou son accións, de obstrución ou de chamada de atención, para réximes inxustos e ditatoriais.

No entanto, o máis grave, ten a ver que as poboacións non teñen calquera culpa, son os estereotipos da información tendenciosa e malévola, que estando ao servizo das grandes corporacións empresariais, decidindo polos cidadáns, o que está mal ou o que está ben. Igualmente hai que referir a manipulación efectuada polos partidos, sobre todo, aqueles que durante máis tempo, deteñen o poder, nalgunhas chamadas democracias.

Dividiremos esta efeméride en dous textos, dato a gran importancia de recordar este éxito, practicamente o primeiro acto dun secuestro político de envergadura, no tras Segunda Guerra Mundial.

Fixo, este pasado día 21 de xaneiro de 2021, 60 anos que se deu o asalto a un barco de pasaxeiros, da Compañía Colonial de Navegación, unha empresa armadora portuguesa. O nome do transatlántico en cuestión era Santa María.

Para termos unha idea da súa importancia como barco, se trataba dun transatlántico de certa envergadura, para aquel entón pois, desprazaba 20.000 toneladas, tendo unha lonxitude de 185,6 metros. Este, fora botado á auga en 20 de setembro de 1952, co seu irmán xemelgo, o Vera Cruz, ambos eran, por si só, un emblema da ditadura portuguesa, orgullo das hostes do profesor António de Oliveira Salazar, Presidente do Consello de Ministros, o ditador portugués.

Portugal, así como España, estaban por esa época, gobernados por dúas ditaduras, no entanto, seguían dous réximes distinguidos: Portugal era unha república, e España era un sistema saído dun levantamento insurrecional (ese si, terrorismo puro), contra unha república lexítima. O réxime implantado polo referido levantamento, se escudaba por detrás dunha dirección personalista (a semellanza do movemento fascista italiano de Mussolini) e, posteriormente, transformado nunha monarquía (1), tal como a encontramos na actualidade.

Posta esta introdución, pasaremos a recordar algunhas das cuestións, de orde política, que o asalto en cuestión viñeron a revelar.

Así, ambos os pobos peninsulares esperaban, na súa maioría, a posibilidade dalgún día poderen vivir nunha democracia. Vemos que, as oposicións a cada un dos réximes vixentes, procuraban chamar a atención das comunidades internacionais, para as dúas últimas ditaduras, existentes na Europa Occidental, do tras Segunda Guerra Mundial.

No entanto, non se pode deixar de referir que a Península Ibérica é unha manta de nacións, espartillada en dous países: Portugal e España. O caso portugués é realmente froito dunha unidade territorial e ao mesmo tempo dunha única nación. Xa polo outro lado, a España é o resultado dun forcexo ditatorial, desde os reis Católicos, Fernando e Isabel. Estes, foron os que deseñaron a non identificación, das varias nacionalidades da Península Ibérica. Quixeron e fixeron, o que podemos chamar, un atentado aos distinguidos pobos peninsulares e ás súas idiosincrasias.

Entre todas as nacións peninsulares, sempre estivo presente, unha proximidade e identidade entre os pobos da orla costeira atlántica máis occidental, referímonos á Galiza e a Portugal.  Entre estes dous espazos, se encontran un país independente e unitario canto a nación (un territorio unha nación), Portugal, e unha autonomía nacional (a nación galega), con territorio, máis ou menos ben demarcado e, no entanto, sen independencia da autonomía colonizadora, que está centrada en Madrid (territorio de Castela).

Máis, a nación Galega e Portugal, partillan non só a fronteira entre ambos, así como, se expresan na mesma lingua troncal. Estes dous veciños se consideraron, a través dos tempos, como realmente irmáns, e por iso, se senten ligados indisolubelmente.

Así, non é de admirar, que perante a situación de ambos viviren nunha ditadura, xuntasen consciencias e esforzos, para chamar a atención do mundo, para a inxustiza manifesta, de non viviren en democracia.

Estaban así, reunidas as condicións para que a vontade se sumaren e desenvolveren no espazo e tempo, para levar a efecto esa loita contra as ditaduras que os sometían, dunha forma conxunta.

Postas estas consideracións, entramos nun principio de organización  pluri-territorial. A cognominamos, deste xeito pois, como veremos, a organización en cuestión se estabelece en 1959, por exiliados, dos respectivos países, Portugal e Galiza. Esta organización se apodou, DRIL, cuxo significado é Diretório Revolucionario Ibérico de Liberación.

Resultado de imagen de humberto delgado
Humberto Delgado, o Xeneral sem medo

A DRIL, tiña dous secretarios xerais, sendo respectivamente o xeneral Humberto Delgado (2) xeneral portugués, oriúndo do ramo da aviación e coñecido por ser o xeneral sen medo, dato se ter oposto directamente a Salazar) e, do lado galego, Xosé Velo Mosquera (3).

Desta organización formaban parte para alén dos referidos secretarios xerais, un conxunto de elementos de ambos os países involucrados. De entre eles, pola súa importancia neste éxito do asalto, queremos referir o capitán portugués Henrique Galvão (4). Este traía como seu adxunto, ou home de confianza a Camilo Mortágua (un dos homes do asalto ao Banco de Portugal, de Figueira da Foz, integrado no grupo de acción política/militar, designada LUAR, onde roubaron diñeiro para financiar accións de desestabilización, contra o réxime de Salazar). Do lado galego, viña como segundo home, Xosé Fernández Vázquez (coñecido como Jorge Sotomayor (que fora comandante de mariña durante a Segunda República de España), e ex-membro do Partido Comunista de España.

O DRIL, desde a súa fundación en 1959, desenvolveu varias accións de loita contra o réxime franquista, sendo a primeira en 18 de febreiro de 1960. Desaparecendo en 1964. Nesa acción, faleceu un dos membros do DRIL, dado que unha das bombas estourou nas súas mans.

Temos que diferenciar, dúas funcións distinguidas, dos seus secretarios xerais, por un lado, o xeneral Humberto Delgado era a figura pública recoñecido internacionalmente, un home de estado, mentres que Xosé Vela Mosquera era o ideólogo e estratego da organización.

No caso concreto do asalto ao Santa María, a operación consistía en secuestrar o barco facendo que este ficase desaparecido, durante o tempo necesario e, cando volvese a aparecer, probabelmente sería nas colonias portuguesas.

Entón desde Angola, se o secuestro fose exitoso, poder ser o arranque desde aí, dun acto de rebelión, organizando coa forma dun movemento de guerrilla. en territorio de Angola, facendo caer o goberno de Salazar e pronto perpetrar unha invasión de España, para poder derrubar o ditador Franco.

O plano B, sería se nada disto fose conseguido, ou sexa no chegar até as colonias portuguesas, no caso a Angola e, desde aí organizar unhas guerrillas e derrubar o goberno de Salazar e, organizar o plano de invasión de España, a publicidade obtida polo secuestro do barco, sería unha baza moi importante para denunciar ambas as ditaduras.

A aventura comezou en 21 de xaneiro de 1961 e terminou coa rendición dos secuestradores e, entrega do barco, o día 4 de febreiro, ao goberno do Brasil, que se pontificou a dar exilo político aos secuestradores e de restituír o barco a Portugal.

Resultado de imagen de barco santa maria secuestrado
O periodista Urbano Rodrigues e o triunvirato formado por Galvão , Velo e Sotomayor.

O grupo asaltante era constituído por 12 galegos e 12 portugueses, que pasamos a indicar os respectivos nomes, mais unicamente dos que realmente temos a certeza que participaron no éxito:

Henrique Galvao; Xosé Velo Mosquera; José Fernández Vázquez; Camilo Mortágua; Alfredo Yllanes Ferro; Francisco Manuel Rico Leal; Víctor Velo Pérez; Frederico Fernández Ackermann; José F. de Oliveira; Júlio Fermoso; Basilio  Losada; José  Sesto;  Sérgio Álves e Luís  Bello.

Dada a falta de financiamento para a operación que levou o nome de “Operación Dulcineia”, o grupo tivo varios contratempos na súa execución, así como practicamente o armamento de que dispuñan era, unhas pistolas, do máis elementais posíbeis.

O comandante do barco era un capitán da Mariña Mercante portuguesa, de nome Mário Simões da Maia.

Na altura transportaba 612 pasaxeiros de varias nacionalidades como portugueses, españois, americanos, holandeses e ingleses e unha tripulación de 350 membros.

A operación, se puxo en marcha ás 01.45 h AM, do día 22 de xaneiro de 1961. Tendo a entrada dos asaltantes sido efectuada, nos dous últimos días que antecede a hora do asalto.

Durante a toma do barco, houben un breve tiroteo, que levou por diante o terceiro oficial do barco, de seu nome João Nacemento Costa, recibindo algúns tripulantes, máis algunhas feridas de menor gravidade, entre eles o médico do barco. Este infortuno accidente, tivo probabelmente importancia decisiva e esencial, para abortar o asalto.

Os asaltantes deron a escoller aos tripulantes ou colaboraren o seren considerados prisioneiros políticos. Como os oficiais do barco non dispuña de armamento, resolveron aceptar, non resistindo e, póndose ao servizo dos asaltantes, no entanto, fixeron todas os posíbeis boicots, para tornar imposíbel a  acción.

Cabe referir, que a vida dos asaltantes, non primou por unha actuación unánime entre eles, pois durante toda a acción, se mostraron diferenza insanábeis entre Henrique Galvão, Xosé Velo e José Fernández Vázquez.

Reservamos para un posterior texto o desenvolvemento da respectiva acción até á entrega do respectivo barco, como referimos á República do Brasil.

Sotomayor, jefe del aparato militar del DRIL, había sido comandante de la Marina republicana durante la guerra civil. / ARCHIVO XURXO MARTIZ
José Fernández Vázquez, Comandante Sotomayor

NOTAS:

(1)-Franco, gobernaba España, como fose un rei absoluto anterior ao iluminismo, vindo mais tarde a entronizar, como de deus se tratase, de nomear un sucesor con o nome de príncipe herdeiro -Juan Carlos- un Borbón, que sería coroado como Juan Carlos I.

(2) – Humberto da Silva Delgado, este como dixemos, era un xeneral da Forza aérea portuguesa, con varios cursos militares no estranxeiro. Nacera en 1906 en 15 de maio e foi asasinado en España por unha coalición entre a policía política portugués (PIDE) e a policía política de España, en 13 de febreiro de 1965. Fora, pola súa brillante carreira internacional, un dos xenerais, queridos do ditador Salazar. Era coñecido como o xeneral sen medo, por terse afrontado, nas eleccións, para Presidente da República Portuguesa, ao almirante Américo Tomas proposto por Salazar.

(3) – Xosé Velo Mosquera, era galego, natural de Celanova, e tiña unha praza recorrida, como home de oposición ao franquismo. Fora o fundador da Federación das Mocidades Galeguistas ou da Unión de Combatentes Españois Antifranquistas Galegos (sendo esta estabelecida na Venezuela)

(4) – Capitán Henrique Galvão, que á sido a cabeza visíbel do respectivo asalto ao barco en cuestión. Este fora un home de confianza do ditador Salazar, no entanto, despois de non se lle ter recoñecido determinados servizos ao réxime, como por exemplo a organización da gran Exposición Colonial Portuguesa, no Porto (onde se verificou que este tiña dato un auténtico acto de fe racista), cousa que non foi o detonante, para que Salazar o afastase de promocións e mandos, pero si a súa grande obsesión polo poder, cousa que realmente o ditador non consentía.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.