Tamén nos fixeron admitir, que coa pandemia do covid 19, até desaparecería, ou iso nos pasaron a idea, de que o réxime comunista da China, estaría pronto a caer, como dunha froita moi madura, caín da árbore. A realidade é totalmente outra.
Por Jose Vieira
Este noso título, é na verdade unha pregunta, para a cal, buscamos incesantemente unha resposta, que nos satisfaga.
Comezaremos por tratar de dar unha definición, o máis comprensíbel posíbel, do que se entende por filosofía, pois, imos entrar deliberadamente no campo do coñecemento humano e, naturalmente este está contido no ámbito conceptual daquela, dado que esta representa o coñecemento mentres tal.
Así acostumamos ver definida como Filosofía “ao conxunto de reflexións sobre a esencia, as propiedades, as causas e os efectos das cousas naturais, especialmente sobre o home e o universo” (atópase, igualmente este concepto, así definido, na internet).
Isto nos conduce a de novo ter a necesidade de saber o que é un sistema filosófico e, unha vez máis, nos socorremos da internet, avanzando que “o sistema filosófico pertence á historiografía filosófica que se refire a unha unidade estruturada de crenzas acerca da realidade que relacionan principios metafísicos, epistemolóxicos, científicos, éticos e políticos”.
Así temos que a ideoloxía, “é unha disciplina, que estuda as ideas, súas características e a súa orixe en especial”
No entanto, ideoloxía se conceptualiza, “como un conxunto de ideas, que caracteriza unha persoa, un conxunto de persoas, unha escola de ideas, unha colectividade, movementos culturais, relixiosos, políticos e, outros”.
Postas estas consideracións, sobre o título destas notas, nos parece oportuno, falar algo que ocorreu neste período da proliferación da pandemia do covid 19, pois, como aconteceu con aquel virus, tamén nos está a parecer, que existe bastantes similitudes, cun outro virus, sendo este a que nos referimos, denominado “virus ideolóxico”.
Probabelmente tan nocivo ou quen sabe, talvez máis do que o propio virus da covid 19.
Este mesmo, se expresa, e se expande, dunha maneira case imparábel, polo Mundo en que vivimos, a través de teorías da conspiración, paranoias variadas, racismo reeditado, noticias falsas e, o que máis adiante se poida dicir.
Non para de levar a efecto a manipulación incesante das poboacións, anestesiando até límites difíciles de concibir as mentes das maiorías.
Outra semellanza coa pandemia de covid 19, ten a ver, con idénticas presións ideolóxicas, que no caso ideolóxico, non nos permiten estabelecer fronteiras, polo menos inequívocas, de tal forma que poidamos separar os inimigo, póndoos en corentena, como sucedía coa pandemia do covid 19, sempre que estes representen unha ameaza para nós.
Este virus ideolóxico é calquera cousa de indescritibelmente malo, pois, se trata da máis tortuosa manipulación, das masas, por razóns ou intereses duns cantos “Amos do Mundo”, que velan neste inmenso mar, impondo os ventos e as mareas, que lles vén a propósito, ignorando que os seus intereses colidem coa gran maioría do resto dos terráqueos. Estes señores, representan uns poucos miles de individuos, desprovidos de calquera principios éticos, pois de moral están debidamente inmunizados.
Con isto queremos dicir que dun lado, dos “Amos” falamos de menos do 2% da poboación mundial contra a restante, ou sexa 98%. No entanto, as palabras, desigualdade inmoral, non cabe no seu vocabulario.
Nalgún momento, tivemos o equívoco pensamento, de que a pandemia do virus covid 19, podía traer en paralelo, un cambio de actitude dos que mandan, isto é, que podía aparecer algo de solidariedade, fraternidade e algo máis, como por exemplo o que máis é repudiado, polos “Amos do Mundo” que é a posibilidade de se ir amortizando as desigualdades sociais.
Pois, nin foi evidente, a existencia dunha cooperación global e, o que de verdade resaltou, foi o enriquecemento das empresas farmacéuticas a custa do erario de todos nós (todos sabemos, que as investigacións foron desenvolvidas esencialmente por institucións públicas e, que as farmacéuticas, produciron as vacinas de inmunización, cos cartos públicos), así como, aumentou a acumulación de riqueza, nese restrinxido club dos máis ricos.
Tamén nos fixeron admitir, que coa pandemia do covid 19, até desaparecería, ou iso nos pasaron a idea, de que o réxime comunista da China, estaría pronto a caer, como dunha froita moi madura, caín da árbore. A realidade é totalmente outra.
Máis do que esperar, a caída do réxime da china ou dos seus líderes, parece que poden esperar sentados, os líderes europeos (léase, seguidores do imperialismo desbocado americano, seus seguidores obedientes e incondicionais) e, tranquilos, observando relixiosamente as ordes do imperialismo americano, de xeonllos, mostrando a súa covarde supervivencia, froito da súa menoridade intelectual, pedindo a “Santísima bendición” para as accións desenvolvidas por orde dos imperialistas da USA (United States of America).
As mensaxes que os que mandan, son seguidas en obediencia cega por quen nos rexen (léase dos que nos gobernan), na van dando algúns parches, para que non haxa demasiadas convulsións sociais, isto por un lado, mentres por outro, de forma subliminar, transmiten que de agora en adiante, “hai que traballar moito máis, incluíndo sábados e domingos, para recuperar as horas perdidas”.
Como sabemos, do que se trata é que os “Amos do Mundo”, como son apoiados polos gobernos dos principais países, queren rapidamente, veren aumentar os seus beneficios, con moi máis velocidade do que antes da pandemia.
Non podemos deixar de notar, despois dos períodos máis agudos da pandemia, que o que vemos é o “regreso triunfal do animismo capitalista, que tratan os fenómenos sociais, como por exemplo os mercados ou o capital financeiro, como se fosen seres vivo”. Máis, debían preocuparse polos seres vivos e, o que se verifica, é que o que os tras en coidado, é o pánico de que estes mercados, non saian diante dese pánico.
Aínda tiñamos unha vaga esperanza de que o virus da covid 19, puidese traer un outro virus, este máis beneficioso, pois podía ser, que transmitise un novo pensamento e, unha nova alternativa, con cooperación eficiente e con solidariedade.
É que a pandemia, na poboación chegou a ter, de forma moi pasaxeira, algo de efecto de solidariedade, que pronto se disolveu, como de fume se tratase, pois, a manipulación dos “señores”, non pode deixar circular tao perverso e criminal, para seus intereses, ese sentimento.
Pois, como vemos nada diso pasou ou se está a pasar, todo ao contrario.
A nosa inxenuidade, pensaba que estes sinais, podía ser como que a indicación, de que sería necesario reorganizar a economía global, por forma que esta non estivese, dependente dos caprichos dos mercados. O sinal da necesidade, ese si, estivo patente mais, unha vez máis, os que mandan de verdade, fixeron e están a facer abortar todos e calquera posibilidade de cambios.
Mais atención, non queremos que nos acusen de que estamos aquí a intentar falar dun comunismo como os que ten habido, de anterior modelo e práctica.
O que pretendemos, é que apareza algún tipo de nova organización e, esta de forma global, que poida controlar, regular e orientar a economía. Máis, que esa nova forma de organización, (suficientemente defensora dos máis desfavorecidos) e, que sexa suficientemente forte, para se opor aos Estados-Nación, sempre e cando estes impoñan despoticamente, o seu imperialismo soberanista, en prexuízo da maioría dos cidadáns do mundo en que vivimos.
Chamamos a atención, de que esta organización nova, debía ou debe aparecer para recuperar o sentido humano ás poboacións. Isto non é nada de utópico, pois, basta recordar, o período do tras Segunda Guerra Mundial, e os cambios operados entón, para non termos dúbidas da posibilidade da aparición dunha “Nova Orde Mundial”, como unha organización nova ou un novo sistema.
Non temos dúbidas de que o actual capitalismo global, non só se encontra emerxido nunha crise, como esta, máis se parece ao estertor da morte do mesmo. Neste momento, nos recordamos do procedemento dos escorpións, que cando son postos perante un inimigo matan, mais pronto morren igualmente. Así o capitalismo global imperialista americano e, seus apaniguados seguidores europeos, e non só, antes de morrer, prefiren levar até á morte todo o que os cerca, pois, non queren morrer sen antes mataren.
Así, non temos calquera dúbida ao afirmar, que na actual crise, que nos angustia e nos xugula totalmente, só existe un certo e absoluto culpábel, que todos os outros, gobernos incluídos, son meros executores das súas ordes. Así, este real responsábel, non é outro que os Estados Unidos da América do Norte, pronto secundado polos seus comparsas da Europa, como seguidores acovardadas, obedientes e sen dignidade propia.
Son covardes e indignos, pois, non foron capaces de por os intereses dos seus cidadáns, por encima de todo e, sobre todo avaliar o dano que iría facer ás súas poboacións, ao por en marcha as medidas que o imperialismo americano, ordenou, como foron as medidas de embargo, ao gas e petróleo ruso (entre outros), pois, estaba cantado, que as peores consecuencias deses embargos ían inevitabelmente caer sobre os cidadáns europeos. Tamén tiveron os imperialistas americanos e seus cómplices europeos, a oportunidade de negociar coa Rusia e a Ucraína e, así evitar a invasión. Mais o negocio das armas mandaba outra actuación, a de esgotar stocks dese material e, naturalmente ese motivo era moito máis importante para os americanos, que todas as consecuencias futuras.
Terminamos este breve texto, con máis unha chamada de atención, pois, como podemos ver, o caso da invasión de Ucraína pola Rusia, non serviu como exemplo a non repetir, pois, a menoridade intelectual dos subservientes líderes europeos, unha vez máis apoian a América, para levar a efecto a desestabilización coa China, enviando a señora Nancy Pelosi a visitar Taiwan, ou sexa, unha afronta semellante á expansión da OTAN ás portas da Rusia.
É realmente, ser obstinadamente contra os seus cidadáns, o continuar a trillar o sendeiro da desigualdade e submisión, de todo o mundo ao poder despótico do imperialismo louco da América do Norte, sen que unha palabra de bo censo e dignidade, polo menos por parte da Europa, para trabar este descalabro demencial dos americanos, se faga ouvir con valentía e nitidez.
Así é tan grave o imperialismo do occidente como o do oriente. Pois, ambos son negativos e ambos non deixan de ser imperialismos.
Se el primero en comentar