Unha análise á primeira volta das eleccións presidenciais do Brasil

Mais existe aínda outra forza, que poderá dar a vitoria a Bolsonaro, se trata dos evanxelistas, que son unha auténtica quinta columna ao servizo da tradición mística do pobo brasileiro

Por Jose Vieira

Como podemos ler ou ver a través da transmisión efectuada polas diversas cadeas de televisión existentes, houben un resultado, que só é unha sorpresa, para quen non se hai detido a observar o contexto sociocultural dese mega país que é o Brasil.

Fixemo-nos nos respectivos resultados desta primeira volta, e so nos 4 primeiros demandantes a respectiva presidencia:

Candidato

Número de votos

% obtida

Lula

57.259.504

48,4%

Bolsonaro

51.072.345

43,2%

Simone Tebet

4.915.423

4,2%

Sírio Gomes

3.600.000 aproximados

3,0%

Como vemos neste resultado, pode parecer moi linear, mais de tal, nada ten, pois, soamente ao final das contas, xa moi adiantadas, pode por fin o demandante Luís Inácio Lula da Silva, superar o actual presidente Jair Bolsonaro.

Tal éxito de Lula superar, nas contas globais, só aconteceu despois de ben pasados os 70% da conta global.

Para quen seguiu as votacións nestas eleccións, realmente verificou que xamais a angustia deixou de asaltar ós seguidores de Lula da Silva.

E naturalmente o caso de Bolsonaro, seguir practicamente sempre por adiante, é que foi o que non estaba previsto nin contado, por quen seguiu estas eleccións, especialmente os que se encontraban do lado máis oriental do “charco Atlántico”.

Igualmente o occidente, aínda que da a boca pequena, desexaba a vitoria de Lula da Silva.

Saibamos que nos estados máis agrícolas, serían os principais soportes do actual presidente Bolsonaro, pois, este se tiña precavido, ofrecendo enormes apoios aos terratenentes da agricultura cerealeira e aos exploradores de madeiras, logo nestes estados serían reservas de votos para o actual presidente.

Igualmente non admiraba, que no segundo máis importante estado federado, que é o Río de Xaneiro, a votación fose masivamente a favor do presidente aínda en exercicio e, as razóns son máis que evidentes: ser a súa residencia desde sempre, nesta cidade e, ser un estado onde impera o turismo e, onde Bolsonaro, ten un apoio dos capitalistas e rentistas así como, dos empresarios e traballadores da industria hoteleira. E das famosas organizacións dos entroidos.

Máis, o que pasou na cintura de “favelas” (os barrios que fan o entorno circular da “cidade marabillosa”), que subindo polos distinguidos morros onde, son onde residen máis de metade da poboación da cidade?

Estes apoiaron maioritariamente a Bolsonaro.

Para que se comprenda, como esta poboación votou preferentemente Bolsonaro, temos que dicir, que durante o que vai do mandato do actual presidente, este facilitou a compra de armas, permitindo un aumento de violencia e delincuencia, favorecendo a creación de milicias pro-militares, que se expandiran por eses barrios, creando unha certa forza extralegal.

Nestes barrios ou por medo ou para seguir os líderes armados, as poboacións prestaron a vasalaxe, aos seus dominadores e, estes mandaron votar masivamente quere a Bolsonaro, para presidente, así como, ao seu home, Claúdio Castro para gobernador do Estado en cuestión (que era un home sen carisma nin experiencia, a non ser dunha fidelidade mórbida a seu xefe Bolsonaro) e, por esas razóns foron fiedes ao mesmo actual presidente e seu patrono.

Canto ao Estado de São Paulo, que é o estado onde o demandante Lula da Silva debía ter unha marxe de votos moi ampla a seu favor, non foi nada claro a situación, quere en relación á votación ao seu futuro gobernador, pois, quere Tarciso de Sousa o demandante republicano quere a Fernando Haddad, terán que ir a unha segunda volta, pois, non obtiveron ningún deles, os votos suficientes para a súa elección na primeira.

Esta situación tivo o reflexo de que tamén no estado de São Paulo, o principal círculo electoral do Brasil, onde se esperaba que os votos irían masivamente para Lula da Silva, pois o actual presidente do Brasil, conseguiu 47,71%, mentres Lula da Silva se quedou por 40,89%. Un desastre en toda a regra para Lula, pois, aí debería ser un seu bastión.

Máis, existe aínda polo menos, unha fortísima razón, para estes resultados tan excelentes para o demandante da extrema dereita non democrática, que non é máis nin menos, do que o apoio dado por Bolsonaro, aos evanxelistas e, como tal, estes pagaron os favores, pedindo masivamente o voto aos seus seguidores, para o seu valedor.

Mais todos os evanxelistas serán adeptos de Bolsonaro?

É por de máis evidente que non, no entanto, a gran maioría, son extremadamente sensíbeis aos “metins” emotivos e de psicoses colectivas, promovidos por Bolsonaro e seus homes de man.

Se o viran en varios momentos, segundo as cadeas de TV locais, auténticos momentos de desvarío colectivo, en que se pedía o voto para o salvador da igrexa evanxélica Bolsonaro.

Non hai dúbida de que este tiña moito máis ben preparada esta elección, pois, en ningún momento, deixou de traballar, no sentido de mobilizar o seu electorado, expandindo-o sempre que posíbel, a través dos órganos de poder ao seu dispor, arroupando a súa campaña coas chamadas mentiras e falsas noticias, de que tanto son sensíbeis os brasileiros.

Por outro lado, o demandante Lula da Silva e os seus equipos, enfermaran dun correcto triunfalismo e, como que se deixaron arrastrar, polo entusiasmo das poboacións, nas zonas onde tiñan máis adeptos.

Lula da Silva e os seus estrategas, pecaron por excesivo optimismo e triunfalismo anticipado. Estes dous ingredientes, fixeron que Lula da Silva non accedese a Presidencia da República Federada do Brasil, na primeira volta.

Fagamos desde xa unha emersión, no futuro, ou sexa, procuremos ver o que pode pasar en la segunda volta.

Entre os dous demandantes, mellor colocados e, que disputarán a segunda volta, existe unha diferenza duns 6,1 millóns de votos, cousa perfectamente ultrapasbel para calquera deles.

No entanto, temos que ver cal é o estado anímico de ambas as equipas.

A de Bolsonaro, está naturalmente moralizada e, pois, a votación obtida na primeira volta, tivo o sabor dunha vitoria e, ao mesmo tempo, é unha extraordinaria motivación, para mobilizar todo e todos para fulminar o adversario, na segunda volta.

Por outro lado, nas hostes do demandante Lula da Silva, parten dunha situación de frustración e dunha incomprensión do seu eleitorado. Basta recordar que foron moitos os votos que debían ser para si, por exemplo, 3,6 millóns de Sirio Gomes, que se escaparon para o seu antigo colaborador, agora desavindo e, naturalmente, non hai a certeza de que podan se unir, na segunda volta a Lula da Silva.

Mais existe aínda outra forza, que poderá dar a vitoria a Bolsonaro, se trata dos evanxelistas, que son unha auténtica quinta columna ao servizo da tradición mística do pobo brasileiro, que une as supersticións de bruxos e magos, co misticismo máis serodio dunha seita cristiá.

Non podemos esquecer, que o Brasil é un macro país de cerca de 215 millóns de habitantes e, que á súa vez, os evanxelistas son, segundo os últimos datos de estadística, cerca duns 70 millóns. Estamos a falar de cerca de 1/3 da poboación total.

É evidente que nin todos irán votar no seu protector manifesto Bolsonaro, no entanto, parece ser unha reserva de votos, en gran parte disposta a entregar o seu voto a quen os líderes dos evanxelistas indicaren.

De todo isto que podemos avanzar, tras unha lectura máis atenta dos resultados da votación de domingo pasado, que agoiramos unha guerra aberta para a conquista de votos, mais é con moita dificultade, que se poda ver quen será o gañador na segunda volta.

Por conseguinte, se imaxinamos que a maioría do pobo desexa vivir nun país democrático e quere seguir unha senda de desenvolvemento industrial e, aspirando a unha diminución da pobreza (son cerca de 50, millóns de brasileiros), entón deberán optar por votar en Lula da Silva. Mais iso, só acontecerá se en a memoria dos brasileiros persiste, que cando gobernou Lula da Silva, foron recuperados cerca de metade dos marxinados de entón, ou sexa, cerca de 40 millóns de brasileiros, que saíron da pobreza, un “auténtico milagre”, como na altura foi dito.

Mais como sabemos, a memoria dos homes é curta e, parece que as persoas son máis premiabades ás noticias falsas e falsos traxes, propagados por Bolsonaro, pois, estes están bautizados e beatificados polo misticismo enfermo, dos evanxelistas, o que podería dar a vantaxes e auspiciar unha recuperación espectacular do actual presidente.

Por último, existe unha tendencia en votacións a volta do mundo, en que normalmente cando disputan unhas eleccións, o presidente en exercicio e un outro concorrente, acostuma gañar o presidente en exercicio.

O que acontece no caso do Brasil, é que o concorrente non é un calquera… é Lula da Silva un heroe da recuperación da dignidade e da pobreza de cerca de 40 millóns de brasileiros.

Que gañe a democracia e como non, o bo censo e o máximo pan para este “gran Pobo”

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.