Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. India (I)

Por Jose Vieira

A India sempre foi un subcontinente, ignorado pola maioría dos europeos, a non ser, da súa conquista por Alexandre Magno e posteriormente visitada polo viaxeiro Marco Polo. Con todo xa de larga data, os seus produtos foron coñecidos no occidente, sobre todo o negocio das especias, que os árabes trouxeron en caravanas, para pronto comerciar coas repúblicas italianas, en especial con Venecia.

Esta situación serviu para que se desencadee unha competición, especialmente dura, entre os dous reinos peninsulares, España e Portugal. A razón non era outra en realidade, que o camiño aos proveitos que se podía retirar deste comercio, pois a ambos lle prestaba sacar o monopolio aos árabes e sobre todo ás repúblicas italianas.

Esta zona do mundo, lonxe de ser unha terra sen cultura nin poder, era moi desenvolvida, sobre todo en relación ao comercio, pois os indios sempre foron grandes comerciantes, exploradores, así como grandes mariñeiros. Nestes dous últimos campos, sempre dividiron súas capacidades co pobo árabe. Basta recordar, a súa presenza desde o século X, nas costas de África oriental.

O mapa que encabeza este artigo mostra a evolución do Estado da India, na administración colonial portuguesa.

Cabe agora, dar un pouco de historia de como comezou e como se tornou parte integrante da India.

A India portuguesa, tamén chamado Estado da India, aínda que fose visitado por Vasco da Gama en 1498, que chegou ao porto de Kappakadava, próximo a Calcuta. No entanto, é costume considerar, que a posesión deste conxunto de territorios, encaixados na península indostánica, se iniciou en 1505, sendo liquidada a posesión de Portugal, a 19 de decembro de 1961.

Este Estado da India, era constituído por distinguidos espazos xeográficos, dispersos á praza da costa do mar Indostánico, tamén chamado mar Arábico (parte do Océano indico), no entanto, con algunhas excepcións, ou sexa, con enclaves interiores, sen acceso directo ao mar.

A preferencia para estas localizacións, se situaren xunto a portos e nos camiños das caravanas comerciais das famosas especias, se debe a varios factores: un, non dispor de grandes forzas militares de conquista, mantemento a ocupación efectiva de territorios máis interiores. Outro sería que ao ocupar as faixas litorais, sempre podería dispor dun control sobre as caravanas comerciais que vindas do interior, necesitaban dos portos para vender os seus produtos para o estranxeiro. Aí estaban os mercadores portugueses e os seus portos. Por último unha outra razón se enmarca en que para a xestión portuguesa era deixar que as liñas de transporte interiores continuasen satisfactoriamente vivas, pois así non tenderían necesidade de inverter na produción das especias, nin no seu transporte até aos portos.

Así, dun enorme e disperso conxunto de entrepostos comerciais, diseminados al largo da costa do subcontinente indostanico, resultou que só chegaron até ao século XX, como colonias portuguesas, Goa, Damão, Diu, Dadra e Nagar Haveli. Estas dúas últimas, foron anteriormente absorbidas por a india en 1954, ou sexa, pouco despois da independencia da India en 1947, concedida pola potencia colonizadora que fora o Reino Unido.

Desde o inicio da colonización portuguesa, se deu a este conxunto de territorios, un tratamento completamente distinguido, do concedido ás outras colonias portuguesas. Así, o consello do reino determinou que, a súa xestión fose considerada un caso especial, por variadas ordes de razóns, como por exemplo, o desenvolvemento das poboacións locais, sendo desde pronto creado, un estatuto especial para os cidadáns dos territorios, en todo idéntico aos cidadáns de Lisboa, así como a gobernación, era equivalente á existente en Portugal na altura. Por estas razóns estabeleceuse un estatuto de vice-reino, cuxo representante do goberno central, tiña o estatuto de vice-rei. Esta condición especial, tiña aínda outras idiosincrasias, como un largo grado de autonomía, case un estatuto de país asociado. Esta situación especial que fora concedida, se debe non só á importancia socio económica dos territorios, mais tamén á necesidade de xestionar desde máis cerca non só o referido estado, como outros que lle ficaban mais próximos.

Os vice-reis para o Estado da India, dada a importancia que tiña para Portugal tal dominio, así como, a gran independencia de poderes, estaban reservados á alta nobreza e especial proximidade e confianza do rei portugués, do momento.

Tendo en consideración estes requisitos, foi nomeado como primeiro vice-rei do Estado da India, en 1504, Tristão da Cunha, que non chegou a desempeñar o cargo, pois tivo un problema de cegueira que o impediu. Así o que pasa por ser o primeiro vice-rei, á sido Francisco de Almeida, que na súa fase inicial se estabeleceu en Cochin, en 1504, pero como gobernador, tendo máis tarde, sido nomeado como tal, en 1505. Non obstante, para deter os levantamentos dos sultanatos locais, que ocorren, sobre todo, pola entrada dos portugueses no aproveitamento das riquezas que antes non tiñan que partillar, foi creado o cargo de xefe militar, que estaba incumbido, de non só pacificar os territorios, mais tamén de se dedicar á súa expansión. O primeiro e o máis famoso por súa estratexia non só militar, mais tamén pola política social de miscenizaçao ou mestizaxe de poboacións, foi o almirante Afonso de Albuquerque. Coa súa chegada ao territorio a capital se traslada para Goa, o ano de 1510. Esta é a que hoxe se chama a Vella Goa. Este almirante, brillante militar para a época, expandiu o territorio, coas conquistas de Malaca en 1511 e Ormuz en 1515.

Dada a autonomía e a presenza dos vice-reis portugueses en Goa, esta pasou a ser a xestora dos vastos dominios portugueses da Asia, que incluían: India,  Malaca, Indonesia, Timor Leste, Golfo Pérsico e Macao. De Goa tamén dependían as bases comerciais, estabelecidas no Xapón. Este estatuto de vice reinado, se extinguiu, de forma definitiva, ao redor de 1880.

Por exemplo, Mozambique, a pesar da súa inmensidade, non tivo independencia de gobernación até 1522, altura en que pasou a dispor dun gobernador.

Dada a importancia asumida por Goa, seu grao de desenvolvemento, calidade social e en xeral súa civilización, os gobernantes de Portugal, concederon ás poboacións do estado, o mesmo estatuto de cidadáns, como aos seus patricios de Lisboa, conforme enriba referimos.

Unha curiosidade, moi interesante, é a que as actividades mercantís en  Goa cidade, se quedaran organizadas desde a presenza dos portugueses, por rúas, nas cales en cada unha delas se encontraban os especialistas de cada actividade. Este mesmo modelo de organización territorial, veu anos máis tarde, a ser desenvolvida en Lisboa, a cando da súa reconstrución, tras o terremoto de 1 de novembro de 1755. Esta recuperación de modelo se ficou a deber ao conde de Oeiras, Sebastiao José de Carvalho e Mello, máis tarde Marques de Pombal, que era o primeiro ministro da altura no reinado de José I. Como chiste, sobre este gran organizador se conta que declarou, nas horas que se seguiron ao terremoto, cando lle preguntaron que facer el contestou: “primeiro sepultar os mortos e pronto coidar dos vivos”, se trataba de evitar a propagación de endemias, se tratou dun iluminista do século XVIII, formado na Inglaterra. Aínda hoxe pode observar, coas rúas da baixa pombalina (rúa dos correos, dos Sapateiros, do Ouro, da Prata, etc.), como se seguiu o modelo implantado na cidade de Goa na primeira decena de anos do século XVI.


Tú eres nuestra única fuente de financiación. Con tu ayuda podremos seguir ofreciéndote nuestros artículos:

Ayúdanos a seguir con Nueva Revolución

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.