Un libro para non perder na busca do noso pasado case esquecido

Este libro ten un intenso traballo de recolla da información, pois, os autores e coordinadores pasaron grande número de horas a recoller información directamente de cinco dos protagonistas.

Por Jose Vieira

Temos o desexo de presentar, por este medio, un gran libro, indispensábel para todos os que se preocupan por ter coñecemento das nosas raíces e, como elas evolucionaran á praza dos tempos.

Tamén este libro é esencial para que todos os mozos, para que se capaciten que os tempos de hoxe e, as súas preocupacións cos seus fundamentos socio/culturais, teñen que ser completamente alterados.

A situación a que están a atravesar, as capas máis mozas, é dun auténtico desenraizamento e, que este os pode levar a medio e a largo prazo, en seres amorfos e soamente obxectos utilizados pola estrutura, político/económica, imposta polos “Amos do Mundo”, tornándose escravos do sistema.

A partir dun acto accidental ou talvez non tanto, un grupo de seis antigos presos políticos, do período case terminal do período da ditadura, mais aínda co ditador Franco vivo, estes que son amigos, coincidiron na prisión de Segovia, o último día en que esta foi unha prisión do franquismo.

Esta prisión, en marzo de 2011, viría a se converter en Centro Cultural.

Este libro parte destes datos, pretendendo reconstruír, a partir da reconstrución das súas militancias, facer unha incursión na súa loita antifranquista e das súas pasaxes polas prisións.

Estes elementos tamén podían saír das prisións antes da data en que foron soltos, pois, participaron en varios intentos de fuga.

Este libro ten un intenso traballo de recolla da información, pois, os autores e coordinadores pasaron grande número de horas a recoller información directamente de cinco dos protagonistas.

Neste libro tamén regala un conxunto de fotografías documentando a historia.

A noso ver, a parte que di respecto as conversacións cos protagonistas, ou sexa, de cinco dos seis, é de máis interesante, sendo suxerida a súa orientación polos intervenientes.

Queremos deixar aquí que se trata dun conxunto de testemuños, que non son seis historias, mais si dun proceso perfectamente plural e, como non, cun distanciamento o tempo respectábel.

Se espraian os autores cos relatos dos intervenientes, nas súas loitas contra o réxime e como non, coas diversas entradas e saídas das prisións franquistas.

Todo isto forma parte desa primeira parte, que pensamos, de máis fácil lectura.

No entanto, nunha segunda parte, se dá ao lector a coñecer quen son cada un dos intervenientes.

O libro dános unha panoplia, moi variada de situacións particulares dos intervenientes pois, as súas orixes xeográficas así o mostran o que dá un mellor coñecemento de como as represións se distinguían de zona a zona.

Tamén dá a coñecer que estes elementos, que forman parte do relato, proven de distinguidos medios, e até, de disidentes do Partido Comunista de España.

Vese así que tamén houben unha fronte anti franquista distinguida e, non afecta ao Partido Comunista.

Recordemos a oposición feita polo nacionalismo vasco, que até era e é, conservador, acabando nunha loita armada sobre a organización ETA.

Tampouco esquece, de referir as loitas dos estudantes das distinguidas universidades, á praza do país.

Así que os lectores van necesariamente encontrar nesta parte repeticións pois o trazado dos protagonistas se cruza e segue moitas veces paralelamente, isto era, inevitábel.

Resaltamos que un dos elementos que figura na fotografía do grupo, Xavier Armendáriz, que non participou nas respectivas entrevistas, no entanto, a súa historia figura.

Queremos alertar que mesmo así a lectura do referido libro é moi fácil de ler, sendo un instrumento cheo de interese para quenquera mergullar nese pasado franquista e nas loitas dos distinguidos protagonistas que foron sacrificados por seren opositores ao réxime.

Tamén existen pasaxes en que o lector é forzado a sorrir, pois, son chistes hilarantes.

Finalmente queremos referir que a súa lectura, resulta moi agradábel e, a linguaxe aplicada a praza do relato, é moi coloquial, o que torna a súa lectura moi amena, a pesar de haber, como non podía deixar de ser, por veces, uns grandes saltos o tempo.

Por todo isto, que deixamos aquí reflectido, recomendamos a quen se interese por coñecer o noso pasado, a súa lectura.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.