Un desastre total e unha batalla campal

Como tal, esa trama corrupta, estabeleceuse perfectamente no desenvolvemento de autorizacións de construción, sen teren en consideración o mínimo de seguranza, para que fosen habitábeis, polos futuros compradores e usuarios beneles, ben os seus herdeiros.

Por Jose Vieira | 9/11/2024

Este gran país, é un conxunto de 17 Comunidades e, dúas cidades autónomas, con 50 provincias e 8.131 municipios.

Referindo a Valencia autonomía, esta está integrada por tres provincias, Alacant, Castellón e Valencia, así como por 542 municipios, que abranguen unha área de 23.255 km2, posuíndo unha poboación de 5.057.353 habitantes (toma en 2020).

Esta autonomía ten unha liña de costa de 470 km, que representa cerca de 6,2 da costa do Mediterráneo de España.

As súas praias representan 270 km o que significa uns 60 % da totalidade da súa presenza xunto ao mar Mediterráneo.

Hai que referir a rede de cursos de auga (ríos e ribeiros) da comunidade de Valencia, ten en seu conxunto, nada menos do que 2.379 km de liñas de de agua e, que se poden describir individualmente da seguinte forma:

Cuenca de Jucar longura Km

Barranco de Carraixet 50

Río Jucar 498

Río Cabriel 263

Río Grande 28

Río Delgado 125

Río d·Abaida 38

Río Mijares 156

Rambla de la Viuda 81

Río Palanca 85

Río Turia 280

Río Amadório 29

Río Cervol 59

Río d·Alcoi o Serpis 75

Río de la Senia 49

Río de Montenegre o río Verd 40

Río de Xalô o de Gorgos 39

Río Girona 39

Río Sec de Borriol 37

Río Vinalopô 82

Cuenca Hidrografica del Suxeita

Río Suxeita 325

A primeira idea que nos salta avista é que se trata dunha autonomía, cun territorio moi ben irrigado, non debendo haber problemas canto a falta de auga.

O seu territorio que se estende por uns 23.200 Km, como referimos, é composto tanto por grandes áreas de chaira, así como por altas montañas e algúns humedais.

Podemos dicir que no seu interior, podemos encontrar superficies máis ou menos desérticas como algúns bosques frondosos.

Esta comunidade, ten sido unha das máis desenvolvidas nos últimos 40 anos. Unha das consecuencias dese desenvolvemento, socio económico, foi un extraordinario crecemento das zonas urbanizadas, en especial, como non podía deixar de ser, nunha cintura bastante ampliada tomando como polo de atracción a cidade capital, o sexa Valencia.

Unha das consecuencias deste crecemento, se reflicte no seu urbanismo, que dato as presións inmobiliarias, ao se disparar, se tomaron as condicións e regras urbanísticas completamente á lixeira, se saltando as máis elementais regras de seguridade urbanística.

Se construíu encima de leitos de ríos, e sobre todo de torrentes, se sacaron area de calquera lugar, no fondo os municipios, concedían as licenzas de construción, sen atenderen a grandes regras de seguridade, pois, o que lles interesaba era realizar, a maior cantidade de ingresos posíbeis, para os cofres dos seus municipios.

Esta foi a política dos respectivos municipios, dado que se vían apoiados pola propia deputación.

Non deixamos de nos recordar, o período da presidencia da Comunidade polo señor Francisc Camps, figura grada do Partido Popular e, como non, da señora presidenta do concello de Valencia, Rita Barberá, igualmente do mesmo partido e que administraban, toda unha trama completamente corrupta, en todos os campos da súa administración como xestores públicos.

Como tal, esa trama corrupta, estabeleceuse perfectamente no desenvolvemento de autorizacións de construción, sen teren en consideración o mínimo de seguranza, para que fosen habitábeis, polos futuros compradores e usuarios beneles, ben os seus herdeiros.

Por outro lado, non podemos deixar de recordar, a forma como o seu partido, o Partido Popular, sempre encarou e considerou a existencia de que se estaba a procesar un cambio climático e, que este, se viña a acentuar, con sinais cada vez máis evidentes en todo o territorio de España e cunha aceleración maior na costa mediterránea.

Recordemos o aumento cada vez máis acentuado da temperatura das augas do mar Mediterráneo,

Para que se teña a idea de canto de negacionismo, defenden contra os seus cidadáns, o Partido Popular e os seus dirixentes, imos recordar unha intervención dun dos principais referente dese partido, o ex-primeiro ministro Mariano Rajoy, que a determinado momento, lanzou pola boca fóra a seguinte sentenza, que aínda hoxe, non escoitamos ser desmentida polos actuais grandes xefes dese partido negacionista.

Rajoy dixit: que tiña un primo que era moi entendido en cousas de clima e que este lle tiña dito, que convidara os maiores sabios de clima do mundo e, que ningún soubera dicir que había cambio climático e como sería de aí a 50 anos.

Este negacionismo, foi a política de urbanismo durante os mandatos a fronte da Comunidade de Valencia, e alimentados permanentemente, en todas as autonomías onde o PP (Partido Popular), gobernou entón e onde actualmente se expande, sendo o partido que máis comunidades goberna.

Esta situación, de catástrofe que ocorreu e continuará con secuelas por largos anos, na Comunidade de Valencia, é un resultado entre outras consideracións, do negacionismo, da corrupción do clientelismo e da irresponsabilidade da copula tradicional do Partido Popular, desde o tempo do seu “patrón” José-Maria Aznar, pasando polo home do negacionismo activo, Mariano Rajoy e aterrando no actual xefe do mesmo o arruaceiro irresponsábel e o principal fabulador da poboación española, cos seus bulos e falsas afirmacións, o señor Feijóo.

Deixando de lado esta situación, política, non poderemos terminar este pequeno texto, sen referir que é a propia constitución española, que dada a forma como está descentralizada as competencias da administración, desde o goberno central, para a periferia, ou sexa, para as administracións autonómicas, crean situacións que levan as persoas a cometeren erros de decisión, pois, ao superar as competencias, nun clima en que as autonomías son gobernadas segundo a crispación do tal señor Feijóo, sería para o Partido Popular un atropelo intolerábel.

Así o que se pide é que o goberno, como está a facer, se adiante e poña os medios, como está a facer, necesarios para minorar as consecuencias deste espantoso éxito.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.