Crise Climática: xa estamos dentro da crise

Hai xente cada vez máis preocupada polo clima e, naturalmente, pola súa ameaza, para a existencia humana, á razón da crise provocada polo cambio climático.

Por Jose Vieira

Algúns dos elementos destrutores:

Fogos nos bosques, quere no hemisferio norte, quere no resto do planeta. Vertidos de todas as especies de contaminantes, profanando as augas, sexan elas doces ou nos mares. Deflorestación das reservas de espazos verdes, sen calquera coidado de renovación dos mesmos. Proliferación de especies vexetais, que absorben as reservas acuíferas, do planeta. Industrias altamente contaminantes, que na maioría dos casos non teñen tratados os seus vertidos, quere para as liñas de auga, quere para o ar. Construción de enormes masas de cimento, unha das industrias altamente contaminantes e, que por outro lado retiran espazos verdes, pulmóns das nosas cidades.

Produción sen o mínimo de control de carne para consumo humano, coa falta de respecto de gasto desorbitado de auga por quilogramo de carne. Produción de leite en iguais condicións de despilfarro de medios. Transportes, terrestres marítimos e aéreos, quere colectivos, quere particulares altamente contaminantes. Montañas de residuos depositados nos entornos das aglomeracións humanas, sen tratamento, nin recuperación. Continuación de produción de derivados do petróleo, sen control nin reciclaxe, como os aromáticos e plásticos de toda a especie. Programas de diversión da cidadanía sen control ecolóxico, e destrutor do entorno, en todos os seus aspectos. Polución acústica completamente exorbitante.

Tampouco esquecer a queima dos combustíbeis fósiles.

Toda unha panoplia de accións humanas, que alegremente, se están producindo segundo a segundo, no noso entorno, de forma imparábel.

Consecuencias:

Todo o que enriba referimos e, moi máis, segundo as máis fiábeis informacións científicas, son os vehículos transmisores da esta crise climática en que estamos emerxidos.

Por iso, non nós podemos sorprender por nada do que está a acontecer.

O mundo científico, á praza de varias decenas de anos, nos ten vindo a alertar respecto ao cambio climático antropoxénico (significa que é da responsabilidade do home).

A xa máis de 30 anos, un científico da NASA, James Hansen, declarou no Congreso Norte Americano, que estabamos xa, no que chamou, “efecto  invernadoiro”.

No entanto, e aínda o século XIX, o científico Svante Arrhenius, calculou que duplicar a cantidade de C02, en relación a 1895, nos carrexaría un aumento de temperatura global duns 5/6 graos centígrados.

Non se tiña equivocado moito, a non ser por defecto, pois, como declara Peter Kalmus, científico do clima da NASA, e desde o seu laboratorio de Propulsión a Chorro, ao afirmar, que a información difundida por Arrhenius e, respigando as súas propias palabras “Só pasaron cerca de 125 anos, para se chegar a ese incremento da fracción de CO2 que el (Arrhenius), pensaba que tardaría cerca de 3.000 anos. Subestimou extremadamente o ritmo de emisións da queima de combustíbeis fósiles, que emitimos na realidade”.

Esta previsión de Arrhenius, só enferma por non ter a hipóteses de tomar en seus cálculos os pasos que se sucederon desde entón. Falamos de que cantidade de gas de invernadoiro se iría emitir e a cantidade de aumento de temperatura irían xerar. E este dato é que foi o erro de Arrhenius, por falta de medios para o determinar na altura.

No entanto, desde pronto foi unha alerta esencial, que se tornou curta e moi peor do que iso, totalmente ignorada, sobre todo polas grandes compañías, e os poderes desde entón, que só fan o que lles mandan as grandes empresas, que están ao servizo, dos “Amos do Mundo”.

E a inoperancia criminosa, da maioría dos gobernos existentes no mundo de hoxe. Véxase, por exemplo, o anterior Presidente dos Estados Unidos, Donald  Trump, ao non recoñecer a situación e a se retirar da  Conferencia de París e a non estar representado, con poderes para, en de Nova  Yorque.

NOTA: o que acontece é que continuamos aos admirar aos “Amos do Mundo” pois, cada un de nós, aspiramos a querer ser como un como eles… pura ilusión, só somos seus escravos obedientes e agradecidos por nos deixar sobrevivir.

Sabemos cal é a proporción de CO2, na nosa atmosfera, que é de 420 partes por millón, o que non somos capaces de predicir, é todas as consecuencias do aumento de temperatura provocada por este exceso de CO2 (carbono).

Toda a comunidade científica, se involucrou en intentar conseguir números para a situación actual, e as proxeccións, por iso verificadas confirman un aumento global de 1,2 grados centígrados. Todo de acordo.

Unha vez máis, a comunidade de intereses das grandes empresas, se burlou das consecuencias e, nada fixo, para que realmente se puidese considerar un cambio de actuación.

Falta avaliar, as consecuencias deses 1,2 graos centígrados, na súa totalidade. A pesar de non estar aínda totalmente calculadas, basta recordar, estas últimas inundacións, que se produciron un pouco polo centro norte da Europa, ou sexa, na Alemaña, na Bélxica, Holanda e Francia, coas respectivas consecuencias sociais e económicas e perda de vidas.

Sendo feito, varias consultas xunto de científicos da área, son comúns as contestacións, pois, estes comentan que “as consecuencias son peores do que eles mesmo imaxinaban”.

E só se trata de 1,2 graos de subida no nivel medio global de temperatura!

Recordemos unha comunicación de Lise Van Susteren, unha especialista en cambio climático e súa relación coa saúde mental das persoas, que transcríbemos: “Non se trata dunha tormenta de 36 horas, non se trata das consecuencias dunhas inundacións. Estamos iso si cociñando a nosa morte”.

Hai xente cada vez máis preocupada polo clima e, naturalmente, pola súa ameaza, para a existencia humana, á razón da crise provocada polo cambio climático.

Reparemos, como se poden sentir, os que sufriron desde xa estas inundacións, así como outras situacións de crise xeradas por estes cambios climáticos: aflicións, ansiedades, stress pre-traumático e pos-traumático, etc., son só algunhas das alertas, suxeridas “in situ” por Susteren.

Citaremos, a unha profesora de humanidades da Universidade de Washington, que non só concorda coa especialista enriba referida como afirma: “Xa non se trata dunha vaga preocupación, acerca de cousas que pasarán no futuro, é darse conta de que o mundo se está desmoronando á nosa volta. E cada día as perdas se voa acumulando” e continuando “Se trata tamén da desesperación e indignación do que se está a sufrir e, das perdidas, que xamais se terían que soportar”.

No entanto, os “Amos do Mundo”, pisan o acelerador, para que tamén saquen máis e máis rápidos beneficios económicos y sobre todo financeiros, con estes cambios. Se trata dun procedemento criminal, unha lesa humanidade, que debía ser xudicialmente tratada. Mais, o que acontece, é que os señores das grandes industrias e do poderío financeiro, da chamada economía de financeirización, son os que determinan o que é, e o que non é permitido e, como tal están para alén do ben e do mal.

Paradoxalmente, até xa están a preparar, para abandonar o barco, pois, eles mellor que ninguén, saben que está a facer augas e, por iso, están a preparar os seus mundos extra terrestres, por se acaso (véxase as viaxes a explotar o espazo extra terrestre, dos grandes multimillonarios).

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.