Un alcaide do pobo de Nova York

É a primeira vez que miles de votantes da cidade de Nova York, votan desde o ano de 1969, dando a vitoria a un demandante para seu presidente da cámara (alcaide), a un mozo político demócrata e socialista

Por Jose Vieira | 11/03/2026

A cidade de Nova York, é ela mesmo un estado da unión, que constitúe os Estados Unidos da América do Norte (USA), e non pertence como moitas veces temos oído dicir ao estado de New Jersey. Son dous estados da unión distintos.

Esta cidade está constituída por cinco distritos, e implantada nunha área de 1.213,37 km2, divididos en 789 km² de terra firme y 424 km² de parte líquida, ou sexa, de mar.

Os seus cinco distritos (se denominan en inglés “boroughs”) e estes se denominan: BRONX, BROOKLIN, MANHATTAN, QUEENS Y STATE ISLAND.

ZOHRAN MAMDANI, actual alcaide da cidade de Nova York, naceu en 18 de 0utubro de 1991, en Kampala, Uganda, en África. É fillo único dunha cineasta Mira Nair e dun académico especialista en estudos pos-coloniais, de nome Mahmood Mamdani.

Os paiss son orixinarios da India, a nai de Rourkela no Punjab e o pai de Bombay sendo musulmán de gujaratí.

Á súa vez os seus avóss paternos xa naceran tamén en África, na antiga Tanzania.

Zohran Mamdani é un membro dos Socialistas Democráticos da América. Tendo ganancia as primarías no partido Demócrata e, como seu concorrente, gañou as eleccións para alcaide desta cidade. Asumiu o cargo a partir do día 1 de xaneiro de 2026, elixido polo partido Demócrata.

Curiosamente a súa nacionalidade até 2018 era a Ugandesa soa sendo cidadán americano desde esa data.

A súa carreira como político tamén comezou moito cedo, ingresando, como voluntario, na campaña de Alí Najmi, na elección especial de 2015, e do 23 distrito do Consello Municipal.

O ano de 2017 Mamdani se filiou nos Socialistas Democráticos da América (por siglas DAS). Tamén traballou na campaña do ministro luterano palestino e socialista  Bay Ridge ao Senado do Estado de Nova York, en 2018. Organizou territorialmente a campaña, da tamén socialista Tiffany Cabán, á fiscal do condado de Queens, isto o ano de 2019.

Antes de se ter proposto para exercer cargos políticos e públicos, traballou como conselleiro de prevención de execucións hipotecarias, axudando a pequenos propietarios, con baixo posibilidades financeiras e con notificacións de desaloxo, a conseguir se quedar en súas residencias.

Cremos e el mesmo ten esa percepción, de que este seu comezo o axudou a ter por certo as ganas de ser político ao lado dos que máis precisan.

Este alcaide, ten unha certa paixón pola música hip-hop, tendo composto e producido algo de música rap, ao redor do ano de 2016, co nome artístico de Young Cardamom, así como con outros artistas en varias outras composicións.

É realmente como enriba referimos un amante da música, de tal forma que despois de gañar as eleccións, na súa festa de conmemoración da súa investidura, esta foi animada por unha banda de música, tocando instrumentais, de acordo coas súas preferencias musicais.

Mamdani, como persoa que lle gusta a forma moi intensa de deporte, tendo especial gusto polo fútbol e, sendo os Estados Unidos da América do Norte un dos organizadores do campionato do mundo que se realiza este ano desta modalidade, se opón á mercantilización dese campionato, se afrontando a FIFA (1).

Outro dos seus xestos e particulares intereses, é por exemplo, as súas participacións nas maratóns de Nova York, como na de 2024 (2).

Tamén é un adepto do criquet, como un bo descendente dunha familia india.

Outro importante súa acción, como adepto do control e conservación do clima, a mobilización de miles de neoyorkinos e, xunto con eles facer abortar a instalación dunha central produtora de enerxía sucia.

O custo de vida estaba a subir de tal forma, para os traballadores, que unha das súas prioridades, ten sido a súa acción de tornar a vida destes máis fácil, facendo baixar os custos administrativos e de transportes, como abaixo referiremos, utilizando todos os medios dispoñíbeis desde e até dos tribunais, para conseguir os transportes gratuítos.

Tivo un xesto de boa gana e recoñecemento do papel desempeñado polos emigrantes, tendo mesmo nomeado a doutora, Helen Arteaga, nacida no Ecuador, como súa vice (esta doutora, fora a primeira latina que dirixiu un gran hospital público – Elmhurst).

Palabras o pasado día 21 de novembro, durante un encontro entre o novo “alcaide” de Nova York, Mamdani e Trump. Neste encontro Trump, mostrouse como unha figura cordial, tendo palabras se apoio e de benvinda, afirmando de forma, iso si con picardia “con sorte, terán un alcaide realmente excelente”.

As principais razoes da vitoria de ZOHARAN MAMDANI (3), é naturalmente a súa loita a favor da clase traballadora.

Este mesmo Mamdani participou na folga de fame dos taxistas, que se expresaban desa forma, contra unha débeda de máis de 450 millóns de dólares.

Este mesmo mandatario electo polo pobo traballador de Nova York, conseguiu obter a cláusula de cerca de 100 millóns de dólares do presuposto estatal, con vista a conseguir un mellor servizo do metro da cidade e un excelente programa, aínda que piloto, de autobuses gratuítos.

É a primeira vez que miles de votantes da cidade de Nova York, votan desde o ano de 1969, dando a vitoria a un demandante para seu presidente da cámara (alcaide), a un mozo político demócrata e socialista, a quen os republicanos, chamaban de “pequeno comunista”.

Os republicanos chegaron a dicir, que este individuo iría dilapidar os recursos financeiros dos fondos federais. Estes realmente levantaron todo tipo de calumnias posíbeis e inimaxinábeis, para que non gañase as eleccións ao seu demandante.

Nin con mentiras (bulos) nin con calumnias, os republicanos conseguiron que non fose electo Mamdani, como gobernador de Nova York, esperemos que tamén o pobo americano, saiba que non pode continuar a ter como presidente un certo ditador, terrorista e delincuente xuridicamente, do DEREITO INTERNACIONAL.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.