Todos somos doutores en dereito constitucional e non só

Gustábanos que cada un de nós, lembráramos as palabras do xefe de despacho da presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, que se mostrou un auténtico artista de circo, ao cognominar os elementos do sexo feminino que votaron ou votan polo partido maioritario do goberno actual de España.

Por Jose Vieira | 27/04/2025

Aí estamos, realmente imos pola rúa, ou estamos sentados nunha explanada a tomar o sol, cando este se nos presenta, para se ter preocupación, en especial e, levamos sen pedir, auténticas leccións de dereito constitucional e, non só, de todos os ramos das máis variadas ciencias, que dan enchemento ás materias dos dereitos en xeral.

É entón, que nese lugar de aparente lecer, ficamos moi avergoñados, polo noso descoñecemento, sobre tales materias das ciencias sociais, pois, xamais seriamos capaces de formular sentenzas tan concluíntes e, aínda por riba, con argumentos tan cheos de san e profundo coñecemento, dos fundamentos non só dos varios ramos do dereito, así como das súas distintas formas de interpretación.

No noso entender, ficamos completamente seducidos co grao de coñecemento, dos nosos concidadáns, pois, estes esclarecidos ditames, sobre os máis diversos asuntos sobre as máis distintas materias, que para nós son completamente tabús, dado que os nosos coñecementos, non pasan dunhas cantas sinaturas de varios dereitos, aprendidos en varios, nos cursos universitarios da especialidade, mais soamente, son como base de formación complementaria.

Ficamos así, coa perfecta sensación, de que os nosos concidadáns, son polo menos todos doutorados, non só en determinado ramo do dereito, mais si, en todos os ramos do mesmo.

Más, que así mesmo, son igualmente máster, polo menos, no ramo altamente especializado, como analistas políticos, en todos os ramos da implicación política.

Entón, constatando, que estes meus oídos, se informan máis ou menos do mesmo e, con semellante profundidade, en todos os lugares, por onde transito, así como, invariabelmente só do mesmo se ocupan, como se fosen noticias referentes a un “tsunami”, cuxa solución debida e correcta, esta e estaba, enteiramente na excelsa cabeza de cada un destes populares e esclarecidos especialistas.

Podemos mesmo, tomar como nosas as palabras, moi comúns nas referencias dalgúns medios de comunicación, que se poden expor como todos “os paisanos deste santo País”, “son expertos catedráticos en dereito constitucional (polo menos).

É fantástico, vivirmos cun entorno de tan elevado cultural xeral e, profundamente e cientificamente formada.

Gustábanos que cada un de nós, lembráramos as palabras do xefe de despacho da presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, que se mostrou un auténtico artista de circo, ao cognominar os elementos do sexo feminino que votaron ou votan polo partido maioritario do goberno actual de España.

Realmente, non se pode dicir, que non deixaran de conseguir recoñecer cunha profesión por ela suficientemente ofensiva, mais que non as non empregaran a palabra debida, mais as profesionais, da profesión máis antiga do mundo, mais, no entanto, como enriba afirmamos, non pronunciou, nunca a palabra exacta, o que utilizou, cada vez máis suxestivas palabras, que soaban moi semellantes ao nome que podía ser considerado como un insulto.

Estamos perante un comportamento, perfectamente criminal, mais que á face da lei, non o é e, por esa razón, os insultos e, desclasificacións, pasan a categoría de cariños, consentidos por un sistema xudicial que non fai, nin protexe, os seus cidadáns destes improperios encubertos, pero perfectamente visíbeis e insidiosos.

Esta é máis unha proba, de como os ilustres insultadores, coñecen perfectamente o conxunto de leis, que rexen a convivencia dos cidadáns e, utilizan palabras con sons semellantes, ás prohibidas (pois esas son consideradas como ofensas á dignidade dos a quen son dirixidos) para covardemente insultar o seu semellante.

O más probábel é que no borrador que presente o maxistrado, que fora designado como opoñente, esas palabras nin sequera aparezan, pois, para a causa en si, non teña calquera sentido para os maxistrados do tribunal constitucional, que eran debater a cuestión.

E moitas veces estes mesmos borradores presentados, nin sequera aparecen na respectiva decisión final.

O mesmo acontece, con borradores como, por exemplo, o circula pola maioría dos medios informativos, nas súas respectivas redaccións, tampouco sabemos se do mesmo, para analizar, reflexionar e discutir, os maxistrados e, se for así, a súa ofendeu todos eses miles de mulleres, coa sendo sendo filtración é, unha practica visíbel os últimos anos, que non di moito ben da forma con se interpreta a Constitución vixente. Son habituais as filtracións.

Aquí fica unha pregunta, para a cal non temos resposta, mais pensamos que tiña quer ser alguén do interior da clase. Que cada un raciocine como máis gústeme.

Para vemos un punto de comparación, vexamos, que para un caso que con anterioridade, era coñecido das redaccións de moitos periódicos e, que ten fin e meta, por unha parte dos maxistrados, pero perseguir e seguir e, aplicar ao Fiscal xeral do Estado, pena de prisión e, de varios anos, por unicamente unha saña de non ser da súa cor política.

É realmente algo que parece o guión dunha película de terror.

Para o home corrente da rúa, estas medidas perfectamente distinguidas, acaban por confundir. Pois, as comezan a preguntar se as persoas que xulgan os comportamentos dos outros, posúen “altura ética e, suficientemente responsabilidade intelectual” .

Sen ser moi extremista, non existe ningunha sorpresa, pois, hai máis dunha década que a maioría da xente das persoas elixidas para integrar o supremo órgano xurisdicional, da nosa estrutura política, non parecen ter a altura ética e até intelectual, para asumir tal cargo coa responsabilidade.

Se nos atrevemos sobre o punto de vista técnico-xurídico, sería unha vergoña comentar o suposto comentario que decorre do borrador da sentenza (Marcha), mais parecendo que nesta altura, están a ver como van as opinións acerca de súa entrada ou non na cabeza de determinados partidos, sen o máis mínimo rigor científico.

Cremos que os maxistrados do Tribunal constitucional, espero recoller os ditames dos constitucionalistas da rúa (neste caso da calle e do bar local), para se pronunciaren sen ciencia nin profundidade lóxica.

Mais para mostrar unha independencia sen ser independente nin con fundamento xurídico.

Non nos imos internar en máis deste asunto, pois, cremos que debemos deixar a interpretación e o xuízo, que cada un poida retirar deste asunto, a seu belo pracer e non dentro dos cánones do dereito constitucional.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.