Galiza

Fóra Franquismo de Ferrol

O manifesto FÓRA FRANQUISMO DE FERROL! lembra que a moción, presentada a iniciativa do colectivo de presas e presos políticos de Ferrol na ditadura, foi aprobada sen votos en contra: a favor do PSOE, Ferrol en Común e BNG, e abstención do PP.

Galiza

A nova vitoria do pobo galego

Nas últimas dúas semanas, Babío e Pérez Lorenzo encabezaron un manifesto que de novo facía pedagoxía respecto a postura da Audiencia e as súas consecuencias, e lograron co apoio sen fisuras de todos os colectivos englobados na IGM, miles de sinaturas e o apoio de ducias de agrupacións galegas e estatais, nomeadamente vascas, madrileñas e andaluces, en apenas 24 horas. Co mesmo obxectivo atenderon a medios de comunicación, reuníronse cos partidos representados no parlamento galego e encabezaron un acto reivindicativo nas portas da Delegación do Goberno.

Galiza

A IGM aprema a Estado e Xunta para que se poñan a traballar no recurso de Meirás ante a inminencia do remate dos prazos legais

Porén, máis alá dos fundamentos legais para presentar recurso, a plataforma que agrupa o movemento memorialista galego insiste en que, como representantes de institucións democráticas, as tres formacións teñen “a obriga ética” de opoñerse a un fallo que asume o relato franquista e branquea a represión e o espolio levados a cabo polo ditador. Ten claro que o de Meirás non é un debate material nin económico, que a loita polo Pazo non se iniciou para acadar un ben material senón para denunciar a impunidade franquista.

Galiza

A memoria pide a retirada do símbolo falanxista de Celanova antes do 8 de agosto

Era necesario contar esta historia, a historia completa dese memorial fascista que pendurou sobre as cabezas das veciñas e veciños da vila e da contorna durante máis de oitenta anos como unha ameaza perenne que derivou no silencio e no medo. As nosas xeracións vivimos máis da metade das nosas vidas en democracia. É hora de perder o medo, de reparar ás vítimas e de facer xustiza contando a verdade. Non cabe outra cousa, alén do que é obriga legal, que retirar ese símbolo e converter o lugar nun espazo de memoria

Galiza

Volver a pagar polo roubado: unha sentenza inasumible para un Estado democrático

Agora, cando semellabamos camiñar con paso firme cara á transformación do Pazo de Meirás nun referente de rexeneración democrática e de normalización da nosa relación co pasado traumático, a nova sentenza, que non contradí á primeira nos termos xa indicados, establece outras resolucións que afondan na dirección contraria. Fundamentalmente, porque manobra para satisfacer intereses moi cuestionables da familia Franco, retorcendo os límites da realidade e incorrendo en contradicións evidentes.

Galiza

Manifesto para a eliminación do monumento fascista en Celanova

A vila de Celanova xogou un triste e singular papel na represión posterior ao golpe de Estado de 1936. O mosteiro converteuse nun dos maiores cárceres do país e lugares como o Furriolo, en escenarios de crimes que seguen impunes. A poboación viviu aterrorizada pola ameaza das armas e as elites locais que apoiaron o golpe practicaron espolios e outros abusos.