Galiza

¿Indemnizar á familia Franco?

A IGM lembra que o traballo de recuperación da memoria feito polo pobo galego, e nomeadamente polas persoas que nos albores da democracia fundaron a CRMH da Coruña, foi absolutamente imprescindíbel para que o Estado recuperase a propiedade a pesar da absoluta inacción da administración durante catro décadas.