![]()
Donald Trump, está a aproveitar a falta de dirixentes, con integridade e valentía política, na Unión Europea, facendolles pagar todos os “pratos rotos”
Por Jose Vieira | 11/02/2026
O Foro Económico Mundial (FEM), a maioría das veces unicamente coñecido por Fore de Davos foi fundado en 1971, polo profesor de economía suízo, Klaus M. Schwab.
É unha organización, non gobernamental, máis internacional, cuxa sede se atopa en Cologny, unha exclusiva comuna do cantón de Xenebra, situado xunto al lado esquerdo do Lago Lemán. É entón como enriba dicimos que se reúne ese Foro denominado de Davos.
Como curiosidade, posúe un excelente campo de golf para o emperador non se prive do seu deporte esencial.
É nun local paradisíaco, onde se reúnen as máis importantes figuras, económicas e políticas do Mundo, unha vez por ano, máis correndo á marxe deste foro, as imposicións absolutamente imperativas, dos máis fortes aos máis débiles, determinando as liñas que estes teñen que seguir.
Nese escenario os que mandan, sobre todos grandes empresarios e os máis ricos multimilionários, acordan cos seus políticos os camiños a seguir para o ano en curso e, as políticas e os seus axustes de curto e medio prazo.
É habitual, seren admitidos como convidados os más influentes periodistas e, algúns intelectuais, que para os organizadores non sexan demasiado contestatarios.
Desde o inicio da década de 70 do século pasado, tamén se ten discutido algo sobre o medio ambiente e os problemas de saúde humana.
Como curiosidade, dicimos que esta mesma organización, ten organizado a Asemblea de Novos Campións, na China, moitas outras reunións de todo o tipo durante o ano. Podemos dicir que a actividade é enorme e nunca para desta organización.
O ano de 2008, as asembleas máis rexionais, levaron a efecto reunións, na Europa, na Asia Central, así como un encontro moi falado na altura, de directivos e executivos de Rusia.
Tampouco podemos esquecer que nesa organización, levouse a efecto o Foro Económico Mundial Latino Americano.
Se tomamos as palabras de Mark Carney (primeiro ministro do Canadá), un dos principais xefes políticos máis frontais contra as actitudes de Donald Trump, este Foro de Davos, estará ao servizo da ruptura do multiculturalismo e das lexítimas idiosincrasias dos varios países, na actualidade e, presaxiando que aínda vai a peor.
En noso entender, parece que o Presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA), Donald Trump, está a aproveitar a falta de dirixentes, con integridade e valentía política, na Unión Europea, facendolles pagar todos os “pratos rotos”, que lle dá nas súas despóticas ganas.
O que está unha vez máis a acontecer en Davos, é que Trump, impón a unha Europa covarde e sen capacidade política, nin integridade e consciencia, de europeos, inclusive, permitirse preparar a súa desintegración.
Non é concebíbel que este referido déspota, que segue as liñas de prepotencia e soberbia política, do nazi alemán Hitler.
Como a Unión Europea, permite que este señor, salte por cima de todo o DEREITO INTERNACIONAL, fan como enriba dicimos, letra morta do MULTILATERALISMO, retornando á Idade da Pedra, impondo unicamente como lei a coñecida como, a de o man forte militarmente.
Ese criminal, que ostenta o poder sen freo do exército dos USA, está naturalmente explotando os puntos febles que a Europa da señora Ursula Van Leyen e, do fai figura António Costa, persoas que están nitidamente ao servizo do primeiro ministro israelita, Benjamin Netanyahu e, de xeonllos aos pés de Trump, permitindo, por exemplo que impoña a anexión dunha parte insular da Dinamarca, socio dos USA, na OTAN, e membro da Unión Europea.
Claro que se pode comprender, ao ver un primeiro ministro alemán, o señor Friedrich Merz, que ten como súa socia a política de extrema dereita Alice Weidel, un membro en que o seu fascismo, declarado, consideraba que Hitler era un perigoso socialista.
Claro que este primeiro ministro alemán non é nada má do que un saudoso da Alemaña forte de seu ancestral admirado Hitler.
Non conseguimos entender, como en seu propio país, as súas forzas especiais de soporte político, ICE, arresten un neno de 5 anos, como forma de presión para conseguir arrestar seu pai. Isto parece imposíbel, máis, no entanto, hoxe mesmo día 23 de xaneiro, apareceu en reportaxe na televisión.
Como un país, pode impor a outro, que é seu socio, que teña que pagar os erros estratéxicos da súa industria de armamento, ao calcular a súa súper produción.
Como a Europa e sobre todo a Unión Europea, está muda e acovardada, cando ese criminal Trump, primeiro deixa de contribuír deixa de contribuír para a ONU, pronto a desautoriza, realmente soamente para el e os seus incondicionais.
Como unha vez que non consegue ser o déspota en exclusive, que impón as súas ganas, en calquera caso, nesa organización, mesmo cando para alén de ser membro máis preponderante, aínda ao pertencer ao seu Consello de Seguranza, onde dispón para máis, do dereito de veto, en todas as cuestións aí tratadas.
Entón este ditador paranoico, crea un organismo á rebelión do dereito internacional e, contra a ONU, pois, esta xa posúe as atribucións respectantes á fiscalización, promoción de paz e, que arbitra os conflitos entre os seus socios (recordamos que na ONU están representados máis de 190 dos Estados soberanos mundiais), competencias necesarias ás resolucións dos máis diversos conflitos internacionais.
A razón como todos sabemos é que na súa XUNTA DA PAZ, este asume a súa dirección (será o seu presidente con dereitos absolutos), ou sexa plenos e indiscriminados poderes, como un certo emperador, que está investido polo seu invencíbel exército.
Que el o cree, está no seu dereito de ditador paranoico, o que xa non se comprende é que haxan seguidores incondicionais, como os seguintes que forman desde xa o seu núcleo fundacional: Israel, Arxentina, Hungría, Paquistán, Paraguai, Albania, Armenia, Barhein, Bielorrusia, Exipto, Indonesia, Xordania, Kazaquistán, Kosovo, Kuwait, Mongolia, Marrocos, Catar, Arabia Saudita, Turquía, Emiratos Árabes Unidos, Uzbequistán e Vietnam.
Neste momento o emperador Trump, paira como unha aguia imperial, sobre os 23 países, enriba referidos e, máis os 27 da Unión Europea, que son os seus súbditos de pleno dereito e, que perfectamente responden a súa única e exclusiva “VOZ DO DONO”.
Nos faltou dicir que a ida deste señor ao Foro de Davos, non tivo outro motivo, que non fose de mostrar que quen manda no mundo non son más ninguén, a non ser súa alteza imperial Donald Trump I, emperador da Groenlandia, das Américas do Norte Centro e do Sur, así como, dos demais territorios xa descubertos. Esta coroación foi por imposición divina.
Se el primero en comentar