A tal señora ministra, asegura que o seu investimento militar tamén crea empregos, mais a experiencia un pouco por todo o mundo demostra que os empregos xerados, son moi menores dos que xerarían na sociedade civil, se nesta, se tivesen aplicados eses mesmos recursos.
Por Jose Vieira
Desde xa afirmamos que non somos belicistas, mais tampouco estamos absolutamente encontra da existencia dun exército nacional.
Como dunha receita de cociña se tratase, cando se chega ao momento de aderezar o respectivo pito, non se debe esaxerar nos condimentos, en especial no sal. Din que o sal e a pementa en esaxero, estragan o padal da mellor comida.
Así, que en xeral, nos quedamos bastante aprehensivos, cando ouvimos alguén con responsabilidades políticas e tamén de imaxe e, a quen queremos crer no que nos di, afirma que inverter, en xeral na defensa, é unha inversión que na economía ten un efecto expansivo.
Como todos sabemos quen minimamente escoita ou intenta estar a par do que son análises económicas, non conseguimos chegar a un resultado líquido en que as inversións en xeral na defensa, teña un multiplicador económico, nitidamente favorábel e, tan pouco, encontramos que o respectivo acelerador do mesmo investimento, sexa maior que a unidade.
Para que tal fose minimamente posíbel, aínda con fortes dúbidas, teriamos que ser os posuidores das tecnoloxías (know-how) das industrias armamentistas, así como de todas as industrias afíns e de toda a Intelixencia Artificial utilizada (I.A.), sen ter que a importar ou sexa, enviar as nosas ricas divisas para faceren caixa os países posuidores desas tecnoloxías e que son matrices de produción armamentista (ás empresas de guerra dos Estados Unidos da América do Norte, -que adiante substituiremos polas siglas EUA- americanas, onde de feito se sitúan as 4 maiores do mundo, sendo a quinta do Reino Unido).
Así as nosas divisas, correrán por ese plano inclinado até a boca aberta dos tiburóns dos EUA + Reino Unido (tamén hai algúns países europeos, que co aumento dos gastos coa defensa española, fan o seu pé de media…).
Para non irmos máis lonxe, queremos referir que unha ilustre ministra deste (o país máis rico do Mundo), afirmou que o gasto militar era algo que axudaba ao desenvolvemento do país.
As palabras foron realmente maxestuosas, pois, afirmaba que “investir na defensa é investir na paz, na liberdade, na seguranza, na ciencia, na tecnoloxía, en innovación e en postos de traballo”.
Debemos non ser fantasiosos, polo menos intentar dar as informacións públicas, co máximo de corrección posíbel, para que non sexamos alcumados de “demagogos”.
Así, imos realmente tentar chegar coa noción o máis correcta posíbel, pois, nin todos os investimentos teñen o mesmo efecto na economía e, moitos até poden ter efectos neutros, nulos mentres que outros se poden ser tan estratéxicos e importantes para o país, que poden ser denominados como motores de crecemento.
Con isto, xa se pode avanzar, que cando se inviste, debese ter en atención que resultados se esperan obter deses recursos comprometidos.
A ciencia económica, ten largamente demostrado, que tense que escoller moito ben (recordemos que os recursos non son ilimitados), os investimentos sobre todo, onde os aplicar, en que altura o facer, a cantidade necesaria e como non, determinar a través da econometría, cales serán os seus efectos e se estes resultarán en beneficios ou non.
No caso a que nos atemos, se trata de investimentos na “Defensa Nacional” e, é aquí que non estamos de acordo coa señora ministra actual, do goberno central en xestión (estamos en 22 de xuño de 2023).
Así, nos socorremos de estudos recentes, sobre as repercusións económicas dos investimentos do item enriba referido (Defensa Nacional) e, utilizando mostras de varios países (máis de cincuenta) e durante un largo período de tempo, ou sexa, 25 anos, “utilizando distintos métodos de análise, se pode concluír, que o gasto militar xoga un papel negativo no crecemento económico, porque canaliza os recursos a usos máis improdutivos, que o gasto civil (1). O espazo temporal deste estudo foi delimitado entre 1988 e o ano de 2013.
Mais posteriormente, outros estudos se foron desenvolvendo, se chegando a conclusión que “cada aumento do 1% de gasto en gastos militares, veu a ter como repercusión unha redución do crecemento económico do 9%”.
A tal señora ministra, asegura que o seu investimento militar tamén crea empregos, mais a experiencia un pouco por todo o mundo demostra que os empregos xerados, son moi menores dos que xerarían na sociedade civil, se nesta, se tivesen aplicados eses mesmos recursos.
Nunha investigación de 2017, o Watson Institute, estimou que o efecto multiplicador correspondente a un aumento de gasto militar, sería duns 6,9 puntos (enténdase por cada millón de dólares que se aumentase ese gasto), mentres se fose aplicado en enerxías limpas, educación e saúde, terían efectos multiplicadores respectivamente de 9,8, 15,2 e 14,3. (2).
Non podemos deixar de recordar, a quen nos le, que en circunstancias, en que a economía dun país, non está en franco desenvolvemento, os gastos recomendados a recortar, pola maioría dos macroeconomistas (de novo en 42 novos estudos con 243 estimacións efectuadas), recomendabase que eses recortes fosen efectuados nos gastos militar, e non nas civís, para e cando se busca o equilibrio orzamentario.
Concluiremos, cun recente estudo do Fondo Monetario Internacional, en que asocia o alto nivel de gasto militar, así como o seu crecemento como favorábeis ao desenvolvemento da corrupción.
Non nos imos ampliar máis neste tema, pois, nos parece máis que evidente, que non será desexábel o aumento de gasto militar, como vén sendo efectuado no reino de España, en detrimento doutros investimentos moitísimo máis necesarios e eficaces globalmente, para a economía do país, como sendo os en saúde, en educación ou en aplicacións de orde a controlar o aumento de desigualdade social.
O que nos parece é que os americanos e toda a súa mafia, impoñen eses investimentos, ao goberno de España, pois, os gobernos da Unión Europea, son soa executores do que mandan os Yankees.
Se el primero en comentar