Sempre a globalización e a financiarización

esta invasión, para alén de ser unha guerra económica, está a permitir a entrega de armas máis convencionais, pois, as guerras do futuro, mostrarán, que a participación humana directa será cada vez menos visíbel 

Por Jose Vieria

Estamos envolvidos nun constante fluír de crises e outras desgrazas, que non acaban de deixar de aparecer, neste primeiro quarto do século e que estamos a piques de completar.

Ollando a través das xanelas que desexamos que se abran a un mundo novo, o que encontramos é unha paisaxe de desolación total, en que cada vez máis, nos horizontes, se van deseñando os desertos do noso descontento.

Pois, os anos pasados, mais máis próximos, encontramos unha desculpa, que nos veu de marabilla, a pesar das mortes e moitos dramas sufridos á praza e longo do mundo, para xustificar canto ineficaces somos, a maioría dos que habitamos a superficie do planeta.

Deixamos morrer miles de persoas, sen os coidados necesarios para que puidesen sobrevivir a pandemia covid 19 e súas variantes.

Esta situación, que xurdiu en resultado da expansión da dita pandemia, entre outras cousas, o que demostrou é que non existe, nin parece estar a ser corrixida, unha política sanitaria a nivel mundial. O que tamén demostra, é que actualmente, cada vez as persoas só teñen acceso a unha sanidade máis ou menos razoábel, se teñen o diñeiro suficiente para soportar os custos da súa saúde. Isto porque os que mandan nos partidos políticos, sexan de esquerda ou de dereita, queren facer cada vez máis beneficios a costa da saúde dos seus concidadáns e, senón, que morran, pois, non foron os que mandan que fixeron eses fillos.

Como tal non lles importan o máis mínimo.

Foi durante esta crise pandémica, que os bancos centrais dos países, mais industrializados, tiveron que abrir moa dos billetes (do diñeiro dos seus cofres) e, o lanzar nos circuítos financeiros e comerciais, pois, a produción e o comercio, se quedaran case completamente parados.

Se crearon auténticas bolsas de reservas monetarias, na man das poboacións, que graza ás restricións de mobilidade das poboacións así como, polas mesmas causas, o aforro forzado dos mesmos, fixo que, a masa monetaria aumentase, dunha forma bastante grande.

Estas situacións, segundo moitos dos autores de economía, pensaron que podiamos aspirar a unha reactivación da economía, mercé desa liquidez, máis avantaxada.

Non somos tan optimistas, que pensamos que a causa única desta freada da economía, se deba unicamente a invasión da Ucraína pola Rusia.

O que aconteceu e, continúa a acontecer a par da guerra entre eses dous veciños, é que a política de buscara a especialización de países fornecedores. de determinadas producións, sexan cerealíferas, sexan de puras materias primas así como, de produtos semi-manufacturados, perfectamente externalizados (especialmente por parte da América do Norte e seus súbditos europeos), truxo problemas de abastecemento.

A cuestión, tamén se pode ver con máis acuidade, por exemplo, na estratexia americana de adquirir materias primas que posuíu en abundancia no seu país, mais, que as mantén en reserva e as compra con moi baixo custo no exterior.

Sería previsíbel esta invasión?

Toda a xente o sabía, especialmente quen estivese atenta ao desenrolar dos intereses americanos, en secar o desenvolvemento da industria e tecnoloxía da Rusia, pois, se trata de eliminar o socio privilexiado do seu arqui-inimigo chinés.

Igualmente, había que esgotar os stocks de armamento tradicional, non nos podemos esquecer, que esta invasión, para alén de ser unha guerra económica, está a permitir a entrega de armas máis convencionais, pois, as guerras do futuro, mostrarán, que a participación humana directa será cada vez menos visíbel (serán conflitos tecnolóxicos).

Así había que estimular guerras fóra do territorio americano.

Así a Lockheed Martin cun volume de negocios medio de 41.000 millóns de dólares + Boeing con 30.000 millóns de dólares + Raytheon con 23.000 millóns de dólares + BAE Systems ( inglesa) con 23.000 millóns de dólares + Northrop Grumman con 22.000 millóns de dólares, así como unhas cantas máis, están facendo os negocios do século coa guerra que recomendaron aos seus políticos de quenda (léase dos Estados Unidos da América do Norte), creasen as condicións necesarias para que o conflito se teña producido e que se amplíe o suficiente para todos os produtores de material de “morte” poidan esgotar os seus stocks.

É evidente que estas circunstancias fixeron que os combustíbeis fósiles disparasen, que ao gas, acontecese o mesmo, que os sistemas de abastecemento a Europa, se tivesen que se romper.

Non foron os Europeos que non permitiron a chegada do petróleo e do gas, polos oleodutos habituais, rusos e até de comparticipación coa Alemaña, mais si, as imposicións americanas, que querían por de xeonllos os rusos, para que o negocio do abastecemento occidental, pasase para mans dos intermediarios americanos.

O mesmo cos abastecementos cerealíferos da Ucraína para os seus habituais clientes no occidente.

Isto é o que está a acontecer.

Como non podía deixar de ser, o alongamento da corrente de abastecemento, ou sexa, hoxe por hoxe o número de intermediarios no negocio dos abastecementos, son máis que antes, e por outro lado tamén se ten alongado, os propios percorridos e sistemas de transporte.

Como non podía deixar de ser, os prezos tiñan que subir.

Mais non están a subir só por razoes de dificultades de abastecemento?

É aquí, que entran os señores das bancas centrais, que como rexentes de orquestras de financerización, fan subir os xuros ou intereses das taxas de prestamos e das débedas, e como bos alumnos a banca comercial, salta para o mercado especulando os respectivos prezos do diñeiro.

Esta cadea dos cambistas especuladores (cremos ficar curtos na designación), tamén montan máis unhas cantas pedras nos cimentos do comercio e como tal, fan aumentar os custos comerciais dos produtos.

Por último e non menos importantes, o clima esaxerado das subidas de prezos, inducen os pequenos comerciantes por un lado e por outro as cadeas de distribución (por exemplo as cadeas de supermercados), a de moi bo gosto a repercutir no prezo dos seus produtos, non o aumento real dos mesmos, mais si, os chamados valores especulativos de futuros prezos de reposición.

Non existe a menor dúbida, que o que están a facer a maioría dos gobernos, con algún sentido, é intentar por uns parches, a través de axudas puntuais, mais, como están debidamente comprometidos cos “mercados”, non procuran controlar os prezos, enganando as poboacións dicindo que non é posíbel.

Outra mentira cochina… Os americanos o fixeron cando no tras Segunda Guerra Mundial, montaron a Axencia de Control de prezos so a batuta dos consellos de John Maynard Keynes, esa axencia americana durou con todo o éxito até ben entrada a década de setenta do século XX.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.