Por Jose Vieira
Raramente se ten escrito tanto e, con tantas e diametralmente opostas opinións, como coa Revolución Rusa de outubro de 1917.
Como sabemos, non hubo unha, senón dúas revolucións Rusas, a de febreiro e a de outubro, que por simplificación, se titula como ambas fosen a de outubro. Tamén queremos esclarecer, no que se refire ao calendario, non coinciden cos nosos febreiros nin outubro pois, na Rusia seguían o Juliano, mentres no occidente se seguía o Gregoriano. É esa a razón de que ambas se radican para nós, respectivamente en marzo e novembro.
Esta denominada revolución de febreiro, se centrou inicialmente en Petrogrado (actual San Petersburgo), tendo os membros da Duma (parlamento imperial), tomado o poder, dato o auténtico caos en que se encontraba, no momento, a gobernación do país, como consecuencia, inmediata, da abdicación do zar, Nicolau II.
Esta abdicación, foi imposta à familia do zar, pois o seu chamamento a que o exército e os cosacos, sofocasen a revolución, foi infrutífera, dada forzosa, se debeu a incapacidade do exército ruso, así como dos cosacos, de sentiren impotentes, para reprimir o levantamento popular, impondo a autoridade do zar.
Non debemos deixar de recordar, que o exército ruso participaba na Primeira gran Guerra Mundial, sendo humillado, por varias derrotas e, perdendo máis 1,7 millóns de soldados. As forzas armadas estaban desmoralizadas e non estaban os soldados dispostos a loitar pola familia dos zares e os terratenentes.
Se implantou, de inmediato a República Socialista Federativa Soviética da Rusia, cubrindo o baleiro de poder. O que foi a causa próxima da Revolución Rusa de 1917.
Nunca se pode atribuír, un conxunto limitado de causas próximas (a curto prazo), que cubran todas, así como, tamén o mesmo pasa coas causas longínquo (as chamadas a medio e a largo prazo). O mesmo pasa co respectivo ámbito das mesmas, quere sexan sociais, quere económicos e, moi menos políticos.
Centrémonos, nas causas políticas e, destacamos o réxime absolutista dos zares rusos, que tiñan o pobo completamente escravizado, e como tal sen o mínimo de dereitos civís. E por outro lado a entrada da Rusia na primeira gran Guerra Mundial, coa sangría constante de soldados mortos, en combate, por fame e, falta de equipamentos na fronte de guerra. Ambas compoñentes se mesturan case sen fronteiras visíbeis.
Canto as causas económicas, non podemos deixar de referir, a inmensa concentración da propiedade na man dunha pequena aristocracia altamente poderosa e escravista, isto por un lado, pois, máis do 90% da poboación, vivía na máis completa dependencia de seus señores, nunha completa pobreza indixente, tal como na Idade Media.
Non debemos esquecer que mentres toda a Europa evolucionaba tras a revolución industrial, a Rusia zarista, se mantiña a marxe destas mudanzas, manténdose como diciamos esencialmente un país de campesiños, sen terra. A industria era case inexistente, resultando de investimentos estranxeiros, localizándose sobre todo na cintura de Petrogrado.
As causas sociais, decorren, como non podía deixar de ser, doutra maneira, como o corolario das dúas anteriores. Un pobo esencialmente agrícola, pouca industria que estaba moi concentrada, á volta das grandes cidades. Unha sociedade, extremadamente hierarquizada, tendo o pobo se acostumado a vivir e a ver, unha corrupción sen límites, quere nas clases dirixentes, así como nos políticos. Unha abraiante desigualdade social.
Podemos dicir, que era un país onde as desigualdades eran as máis abraiante de toda a Europa, antes da primeira gran Guerra Mundial
Non imos trazar un perfil detallado programático de cada un dos partidos, no entanto, nos centraremos nos que máis protagonismo tiveron abrigo na última fase da Revolución, o sexa na de Outubro. Así temos:
1) Monárquicos, que estaban cos zares.
2) Kadetes- estes existían xa desde o tempo dos anteriores zares e, eran integrados por liberais conservadores, pertencentes aos ricos propietarios.
3) Socialistas populares, tamén denominados trudoviques, laboristas – igualmente chamados Partido do Traballo.
4) Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (tiñan orixes socialistas marxistas), admitían varios ramos:
- a) Mencheviques- unha autentica mestura de xentes, coas máis distinguidas bases ideolóxicas.
- b) Mencheviques internacionalistas – que era a marxe esquerda dos mencheviques e que non admitían facer acordos cos propietarios, no entanto, non rompían cos mencheviques conservadores.
- c) Bolcheviques – que pronto tomaron o nome de Partido Comunista, como forma de se identificaren como distinguidos de todos.
- d) Sociais demócratas internacionalistas unificados, tamén se identificaban como “Grupo da Nova Vida”.
- e) Yedinstvo – pequeno grupo que seguían as doutrinas de Plejanov.
5) Partido social revolucionario (S.R.), onde militaba, por exemplo o primeiro presidente da república rusa entre revolucións, Karenski, entre outros.
- a) Social revolucionarios de esquerda, bastante idénticos aos bolcheviques, pero menos radicais nos procesos.
- b) Maximalistas, que resultaron ser o grupo residual da revolución de 1905, se acabou por tornar un grupo de campesiños anarquistas.
De toda esta parafernália de partidos, e seus sub grupos, se estabeleceu unicamente unha loita sen treguas entre os dous máis hexemónicos: os Mencheviques e os Bolcheviques.
Trazaremos, nunha pequena aproximación, algunhas das diferenzas existentes, entre eles, como principais actores, do proceso revolucionario.
Os Mencheviques, a pesar de toda a súa oposición ao réxime anterior monárquico, eran permisivos aos acordos cos poderosos do antigo réxime, e como tal a súa capacidade revolucionaria, nin era constante nin continúa. Tamén consideraban que os rusos non estaban suficientemente preparados e organizados para unha rotura co pasado. Máis, por iso, estaban a favor de consensos e concesións.
Os Bolcheviques, eran máis pragmáticos e, sobre todo, crían que este era o momento oportuno, para a gran transformación da Rusia zarista, nun país socialista, onde a través dunha continúa e constante revolución (Trotsky) e o pragmatismo de Lenin, chegaren a un réxime total comunista. Non confiaban nas elites culturais existentes, pois pensaban que xamais irían traballar eficientemente pola abolición de clases. Estes, non aceptaban, calquera posíbel transixencia ou acordo, con outras forzas, que non aceptasen estas liñas de actuación.
Pola súa importancia, debemos recordar a existencia doutras organizacións, con carácter máis colectivo, como os Comités Centrais, resaltando de entre eles os seguintes: Unión de Asociacións, que xa viña da revolución de 1905, o Comité Central Executivo (TSIK), composto polos Soviets, á súa vez integrados por deputados, obreiros e soldados, o Comité Central da Mariña (Tsentroflot), e aínda o Comité Central de toda a Rusia, Sindicato dos Ferroviarios (Vikjel). Estes órganos eran os instrumentos de encontro e de discusión dos adiantos e retrasos da revolución.
Referiremos, dúas organizacións que desempeñaron, papeis vitais, aínda que de orientación diametralmente opostas, durante o proceso revolucionario:
Os Gardas vermellos – que eran constituídos por traballadores fabrís, que se agruparon durante a revolución de 1905, mais que reapareceran con nova forza en febreiro de 1917, sendo nesta altura rearmados.
Os Gardas brancos – que eran constituídos por voluntarios da burguesía, e que se armaron no sentido de se oporen a expropiación da propiedade privada, eran esencialmente compostos por estudantes.
Por último trataremos de esclarecer o significado de Soviets, que temos vindo a nos referir, sen o termos definido. Se trataba do núcleo esencial, da organización revolucionaria.
Así os Soviets – eran agrupacións sobre a forma de asembleas, que se constituían con obreiros, soldados e campesiños. Estas formas de organizacións apareceron inicialmente durante a revolución de 1905, como forma de se opor ao réxime do zar. Na Revolución de 1917, estas organizacións, desempeñaron un papel fundamental, pois, foron a partir delas, que se formou a Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas (estas están expresadas no último vocábulo), URSS, co impulso dos bolcheviques.
Como case sempre acontece, as formacións doutrinarias, das revolucións, se forman, se estudan, e se importan, fóra dos locais onde se aplican, á posterior. Tamén no caso Ruso, non foi unha excepción a esta case regra. Trotsky, desde os anos de 1905 e 1906, desenvolveu a súa teoría da revolución permanente e, dunha forma clara, anunciou que a pesar do tecido social da Rusia, non ser constituído por masas operarías e debidamente preparadas para unha transformación radical, no entanto, sería un terreo suficientemente propicio á implantación dunha revolución permanente con vista a chegar a un socialismo modelar. As súas teorías, atacaron dunha forma frontal, durante a II Internacional, moitos dos dogmas menos realistas do marxismo. Esta súa posición, fixo que se crease á súa volta un cordón de incomprensión, e até de medo. Non obstante, tamén outro emigrante ruso, permanecía atento ás ideas expresadas por Trotsky, tendo as acollido e asimilado pois, se completaban entre si. Se trataba de Lenin. É entón que xuntos, transforman toda a estrutura e orientación interna dos bolcheviques, tomando as súas redes, asumen o poder en 25 de outubro de 1917, na cidade de Petrogrado. Grazas a estes dous revolucionarios teórico-prácticos, se deu a volta ao caos ruso, que xurdiu despois da abdicación do zar e, foi posíbel a implantación da URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas).
Moi había que dicir, sobre todo, deste proceso, así como do posterior camiño percorrido, até a caída do muro de Berlín e a desagregación da URSS, o que deu orixe ás distinguidas repúblicas en que hoxe se reparte o seu anterior territorio. Ficará para outras ocasións.
Terminamos, dicindo que dispares fins tiveron os padres da URSS, un o cognominado León Trotsky, acabo exiliado despois da morte de Lenin, no México e asasinado por un sicario de Stalin (véxase o noso anterior texto na “Nueva Revolución”), mentres Lenin se encontra embalsamado, nun mausoléu na praza Vermella, incrustada na muralla do Kremlin en Moscova. Ironías do destino.
Volveremos a este tema.
Se el primero en comentar