Quen é quen na Intelixencia Artificial

Sempre temos estado admirando, como que extasiados, coa intelixencia que sae por todos os poros, das xentes das empresas de Silicon Valley.

Por Jose Vieira

Temos abordado varías veces o tema da Intelixencia Artificial, á praza das nosas intervencións quere escritas quere en distinguidas conversas públicas.

É un tema que merece, que repásemos, unha e outra vez, pois, a súa importancia os días que atravesamos, nesta nosa existencia, no planeta Terra, é non só relevante, como é un dos temas de que moito se fala e, precisamente de pouco nos ten servido todo o ruído que ten provocado.

Temos visto inclusive, anuncios na TV, que mostran un diálogo, entre un ser humano e un robot sobre a forma física dunha muller. Se trata dun anuncio sobre un tipo de bebida, no entanto, resaltando as extraordinarias diferenzas existentes entre os protagonistas, evidenciando as vantaxes dos humanos, sobre os robots humanoides.

Tamén ouvimos falar, do gran emprego que nos xogos Olímpicos de 2020, realizados este ano e recentemente terminados, en que había moitas intervencións de informacións efectuadas por robots humanoides, para informar os respectivos eventos, súa localización e como chegar.

Sobre este aspecto, aconteceu que a organización tivo que lanzar non de voluntarios, para suplir os robots, previamente programados, pois, o foran para uns xogos olímpicos con público.

Mesmo así, e con este contratempo podemos dicir que estes xogos olímpicos, deron máis un forte impulso, ao desenvolvemento de robots con fala humana (estaban programados en varias linguas e respondían a preguntas moi concretas, nas linguas en que eran cuestionados).

Cambiando de dirección xeográfica, nos debemos fixar, no país que sempre temos como guía, mesmo sen coidar de saber, se de verdade, é un referente satisfactorio, para o tema da Intelixencia Artificial (de agora en diante, nos referimos a ela utilizando ÍA).

Esta falta de busca dun referente, ten a ver cos hábitos das persoas e do país onde no situamos. No caso concreto, estamos en España e, o referente, para o ben e xamais para o mal, é como sempre, os Estados Unidos da América.

Convén que precisemos, que por falta de capacidade crítica, na maioría dos casos, nin se pon en cuestión as cousas que veñen dese país e, se aceptan, sempre como o máximo dos máximos. Basta ver os medios de comunicación social, en papel e os televisivos. En calquera dos casos, para estes e, dado que a manipulación é imposta polos chamados poderes de feito (“Os Amos do Mundo”), que se sobrepoñen aos propios Gobernos, xustifican a non contestación ás novidades dos Estados Unidos da América.

Postas estas consideracións previas, con vista a alertar “que nin todo o que reluce é ouro” e, moi menos, todo o que vén do país en referencia, é trigo limpo, o que é o mesmo que dicir, se debe desenvolver o tal espírito critico que os filósofos do criticismo nos deixaron. Debemos ter en consideración os preciosos ensinamentos cartesianos. Recoñecemos que ler unha e outra vez a Descartes, nos libraría de moitos erros de perspectiva.

En primeiro lugar, queremos dicir que a ÍA, é un apartado de tal importancia no mundo do coñecemento actual, que quen for capaz de dominar o coñecemento á praza e o tempo do mesmo, probabelmente dominará o mundo en que vivimos.

A ÍA, non se trata só, como enriba diciamos, para dar informacións a preguntas concretas e pre estabelecidas, ou identificar persoas, facendo de asistentes persoais, ou até de “ deep  fakes”, vai moito alén, pois, hoxe en día, todas as disciplinas científicas e industriais están dependentes da ÍA.

Recordemos a creación de medicamentos, e moi recentemente o caso das vacinas. Non podemos esquecer a creación de novos materiais, antes descoñecidos, a creación de motores para a explotación do espazo, etc.

Sempre temos estado admirando, como que extasiados, coa intelixencia que sae por todos os poros, das xentes das empresas de Silicon Valley.

Sempre consideramos fantásticos os desenvolvementos das empresas de Elon Musk (o propietario da Tesla entre outras e da empresa de turismo espacial, Spacex, Neurolink, The Boring Compay, etc.), do enxeño comercial e aplicacións de ÍA do domo da Amazon, Jeff Bezos, do falecido Steve Jobs e o actual Tim Cook, ambos da Apple, moitos outros como os homes da Facebook, da Google, etc.

Será que a ÍA, só vén dos Estados Unidos da América?

A contestación a esta pregunta é realmente unha negativa, por moi que nos custe e, por moito que os nosos egos de occidentais, sexan danados por esa resposta, a realidade dura e pura, é de que hoxe, a América do Norte, non é a ponteira do desenvolvemento da ÍA.

Así como, cada vez parece máis nítido, de acordo, cos elementos dispoñíbeis científicos, os Estados Unidos da América, se están quedando cada vez mais desfasados, en termos científicos, do mellor e máis avanzado se fai en ÍA.

Como este exemplo, moitos outros están a chegar todos os días, polo medio científico, e como podemos avanzar, vén do país que permanentemente os Americanos, desexan diminuír, desclasificando como sendo só un país de fotocopias.

No entanto, quen tiver a paciencia de procurar, en internet, sexa na súa lingua, ou especialmente en inglés, verifica que o foso entre a China e a América do Norte é cada vez maior e, a vantaxe vai para a China, en case todos os campos das ciencias puras e das súas aplicacións (ciencias aplicadas).

Queremos engadir, que podemos ser sospeitosos de partidismo, ou clubismo polos chineses, no entanto, queremos capear as nosas notas, dicindo que unha das máis avanzadas e prestixiosas universidades americanas, a Universidade de Stanford (segunda no ranking das universidades do mundo), é quen formula con toda a claridade o atraso que está cada vez a ser maior por parte dos Estados Unidos da América, en relación a China.

Segundo aquela prestixiosa universidade, a China neste presente momento xa superou con creces os Estados Unidos.

Perante esta ultrapaxen en termos de desenvolvemento científico, se comprende moi mellor as restricións que os presidentes dos Estados Unidos fan à China. Máis, se comprende que teñan a veleidade de enviar barcos de guerra para a zona do espazo marítimo de xestión exclusiva da China, como unha ameaza. Pois, é no equipamento bélico, e súa cantidade, en que son superiores à China.

Se pregunta: E por canto tempo?

Probabelmente a China terá a posibilidade de buscar o desenvolvemento de armas de nova xeración, para efectuar o chamado camiño da disuasión militar. Servíndonos de datos da referida universidade de Stanford, informan que 20,7% das citas académicas sobre ÍA, foron de investigación china contra 19,8% das americanas. Mais os xaponeses indican que os chineses publicaron 240.000 traballos científicos de calidade, contra uns 150.000 americanos. Os chineses, os presentan, acompañados de fotos das súas realizacións.

Esta é a forza dun computador cuántico, que destroza de forma total a Google, pois se trata do máis potente e, por tanto, poderoso computador no mundo en que vivimos. Temos que considerar que o avance da China na ciencia en xeral é como mínimo vertixinoso.

Outra gran novidade, científica é o novo reactor nuclear producido na China, e que non utiliza o uranio como materia prima.

Os chineses teñen investido unha cantidade case infinita de diñeiro nas universidades chinesas.

Máis, actualmente entre os maiores científicos recoñecidos mundialmente os chineses contan con 2.000 investigadores principais, sen enumerar unha enorme cantidade de científicos chinos, que os americanos, recrutaron para as universidades americanas, pagados a peso de ouro.

Por todo iso, que fica dito, se verifican as razóns porque os americanos, para alén de se sentiren superados, tamén se están apercebendo de que o seu maior acredor, é a China e, como tal están a breve fragmento encerrados, na súa certa soberbia de vixías do Mundo.

Restan aos americanos, continuar a explotar o conflito do ben e do mal, nas súas películas de oeste…

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.