Que pasado, que presente: será que hai futuro?

o ano de 2017, o seu gasto militar, evidentemente repartido entre os seus membros (30), representou algo máis do 52% dos gastos militares de todo o mundo. Máis do que duplicaba as necesidades de asegurar que non houbese fame no mundo

Por Jose Vieira

En tempos que xa ala van, xurdiu un libro dun emigrante alemán, ex-membro das xuventudes hitlerianas, chamado Henry Kissinger, que tiña ascendencia xudía e, que fora secretario de estado do goberno dos Estados Unidos da América do Norte e que se titulaba A Orde.

Na altura, non nos agradou o seu contido, nin a forma de como este libro se desenvolvía, tendo dado a idea que sería necesario escribir algo que sería a nova orde. Ese novo título realmente apareceu, escrito por nós, aínda que, se desviase un pouco, das formas que inicialmente pensaramos.

Realmente un dos camiños que na altura queriamos seguir, era o de abordar a senda que os USA estaban a desenvolver dunha forma perfectamente salvaxe dun poder autenticamente unipolar, no mundo en que vivimos.

Xa na altura demos conta de que os USA, non estaban minimamente interesados, en renunciar a seren o estado hexemónico que son.

Recordamos que desde a Primeira Guerra Mundial, en que o Reino Unido era o país todopoderoso e sobre todo, o dominador dos mares, este país, veu sucesivamente a perder ese lugar na importancia mundial. Este cambio de poder se deu mesmo coa existencia da Commonwealth. Os americanos foron naturalmente os demandantes aos substituír.

Como tamén todos sabemos, foi entre as dúas gran Guerras do século XX, que apareceron países, dispostos a poren todos os seus trunfos, na mesa de negociación e, como esa forma non xurdiu o efecto desexado o fixeron, a través das armas, en vez de imporen coas cartas de barallo, unha nova orde, que sería a de eles e, como tal, sería agora un poder de forma tripartida, ou sexa, multipolar.

Como tamén sabemos tratouse do “eixe do mal” (como é costume referir), que contiña, na súa estrutura, a Alemaña de Hitler, a Italia de Mussolini e o Xapón do emperador Michinomiya Hirohito).

No entanto, esta expresión de “Guerra Fría”, a utilizaban xa os franceses (como “guerre froide”), para designar as relacións entre os países europeos, como consecuencia das relacións, do tras final da Primeira Guerra Mundial, entre os europeos e non só.

Realmente, o que aconteceu foi que os USA, saen da Segunda Guerra Mundial, non só como un dos gañadores do conflito e, como este xamais decorreu en seu territorio, saíu co seu solo patrio incólume e, a súa economía en expansión moi rápida.

Así, foi fácil térense recuperado, pois, as súas estruturas industriais e comerciais, puideron dunha forma inmediata, se dedicaren á recuperación e reconstrución dos territorios dos países europeos e non só, os que foron belixerantes en sus territorios, mais tamén outros, obtendo un mercado de acción de extraordinario tamaño, e máis, garantidas as operacións, a través de créditos, facilitados polos USA, a través dun xenial proceso (dicían eles humanitario), o famoso “Plano Marshal”.

Con este plano debidamente implantado, así como, a debida obediencia de toda a Europa destruída, aos USA, estes saen non só reforzados en termos económicos, como obrigan todos os seus aliados a se axeonllaren a seus pés.

Estaba creado o poder mundial debidamente unipolar, na posesión dos Estados Unidos da América do Norte.

Estaba tamén en movemento a repartición do mundo existente en tres categorías de países: o primeiro, o segundo e o terceiro mundo. Mais o certo poder non só económico como militar, en calquera dos casos estaba definitivamente entregado aos USA.

No primeiro mundo, estaban agrupados os países que foron os aliados de II SGM, así como algúns outros que non foron belixerantes, mais que se encontraron subserventes do poder americano.

O segundo mundo, xiraba en torno á entón URSS, con todos os países próximos ou simpatizantes co comunismo ou co socialismo.

No entanto, por exclusión de partes, o conxunto de maior número de países, estaba agrupado no terceiro mundo (sobre todo África territorio de colonias de países europeos).

Mais non nos esquezamos que en calquera destes mundos, quen era o dominante, en calquera dos casos era e é a USA.

Non podemos esquecer que durante o conflito coñecido por II SGM, os americanos, desenvolveron unha industria de armamento, extraordinariamente potente e que xamais sería posíbel desmobilizar.

Así que, non podía deixar de non ser unha prioridade máis que importante, para os americanos, rearmar toda da Europa, pois, xamais se esqueceron que quen derrotou a Alemaña Nazi, foi a URSS. Máis, non se esqueceron que a URSS, para derrotar a Alemaña de Hitler, tivo que sacrificar nada menos do que 25 millóns da súa poboación. E que arrastraba a simpatía, en xeral dos países máis humildes e sobre todo, do continente das materias primas que era a África. Foi realmente o esforzo e o heroísmo ruso que derrotou de forma definitiva o poderío de Hitler.

Por esa razón, ou talvez por un complexo conxunto de estratexias, os USA, resolveron impor aos seus socios unha organización militar de defensa colectiva e convencer os seus integrantes a seren solidarios e fraternos, nun eventual ataque aos seus territorios (palabras moi musicais).

Xorde así, un ente colectivo, designado como Organización do Tratado do Atlántico Norte (North Atlantic Treaty Organization), OTAN, para os que non son de lingua inglesa. O tratado de súa fundación foi firmado o día 4 de abril de 1949 e, como non, en Washington.

A súa sede atopase actualmente na cidade de Bruxelas, no entanto, como toda a xente sabe, as ordes veñen dunha forma constante e continua desde os USA, en especial da base de Norfolk no estado de Virgínia.

Só para termos unha idea do negocio en cuestión, basta dicir que o ano de 2017, o seu gasto militar, evidentemente repartido entre os seus membros (30), representou algo máis do 52% dos gastos militares de todo o mundo. Máis do que duplicaba as necesidades de asegurar que non houbese fame no mundo.

Volvamos un pouco para tras, na historia contemporánea, situando a nosa atención no regreso do goberno de Francia, que se encontraba exiliado en Inglaterra, e estaba dirixido polo Xeneral Charles De Gaulle. Este militar e presidente da República francesa, no tras IISGM, defendeu sempre e, mesmo despois de ser derrotado en eleccións para outro mandato, como presidente da Francia, defendía a existencia dunha Europa do Atlántico aos Urais, plena en que era partillada a seguranza e o seu desenvolvemento e recuperación pos IISGM.

Esta idea, era a de unha Europa libre do dominio americano e, con base a esta posición, o xeneral De Gaulle retirou a Francia desa organización “político/comercial “(queriamos dicir militar), designada por Nato.

Esta mesma idea estivo presente na “Ostpolitik” de Willy Brandt, chanceler da Alemaña.

Os ditadores americanos, desde sempre quixeron ter no horizonte un inimigo, a abater, para manter as industrias de morte a funcionar en pleno e a manter toda a Europa, e non soa, nun estado de medo permanente.

O inimigo tería que ser sempre o segundo mundo, dirixido na altura pola URSS.

Mas recordemos, as palabras do xefe de estado da URSS, Mijaíl Gorbachov, que sempre falou, na CASA COMÚN EUROPEA, definíndoa como un espazo DE SEGURANZA COLECTIVO, desde Lisboa a Vladivostoque.

Recordemos a anterior chanceler da Alemaña a señora Merkel, que consideraba esencial a inclusión, na Europa Occidental, da xa entón RUSIA.

Mais os USA, utilizan os termos de “dereito de protexer” así como o dereito de “intervención humanitaria”, para xustificar que poidan intervir, como “civilizadores” (esa é a mensaxe que mandan para ser divulgada pola comunicación social, domesticada aos seus intereses, de todo o mundo), sobre calquera pobo, independentemente do seu lexítima vontade.

Tratase como os USA, se considerasen como lexítimos portadores dun “dereito divino” ou dunha maneira menos relixiosa, dun “dereito natural”, que lles permita usar a violencia sempre e cando entenderen, como desexen e onde queiran.

Esta situación, verificouse e verificase, na actualidade, sendo a Europa o seu punto de aplicación por procuración, mais as consecuencias, esas si, están a sufrir toda a poboación da Europa.

Regresemos á Nato, e como o propio nome indicaba, Organización do Tratado do Atlántico Norte, non nos parece que a Ucraína, estea no Atlántico Norte, así como, moitos dos actuais membros desta asociación despótica e colonialista.

Por esa razón, a oposición da Rusia ao alargamento da OTAN, non se debe ao espírito maléfico de Putin…, é realmente un problema de seguranza esencial, que é vital para a Rusia, que perante as anteriores accións desa organización, colle os exemplos, e como non, puido ver, “as súas barbas a arder”, pois viu o que pasou por exemplo nos Balcáns.

Por outro lado, viu como os USA, non respectaron o Tratado de 2019 sobre Forzas Nucleares de Alcance Intermedio (IMF), para a suspensión e destrución, de oxivas, que fora asinado en 1987, entre Ronaldo Reagan e Gorbachov.

Así e baseándose no igual dereito á seguranza para todas as nacións, nos principios da Carta das Nacións Unidas que prohiben a ameaza ou o uso da forza, Moscova propuxo a Washington o abandono da expansión da Nato. Cousa que os USA, fixeron letra morte (ou non sexan o poder unipolar “divino”!).

A Rusia non está interesada exactamente nunha esfera de influencia, mais si na creación dunha zona de seguranza, perante os máis que evidentes intereses de expansión dos “negocios” de armas dos americanos. Recordemos a chamada Doutrina Monroe, mas os USA, só atenden aos desexos do complexo da industria militar e, da súa propia ambición, que é dominar o mundo, en auténtico monopolio (facendo jus às doutrinas de Milton Friedemann e ao capitalismo salvaxe, sen calquera ética ou moral).

Concluiriamos este texto, dicindo con moitísimo pesar que:

con este PASADO e, co que se está a pasar no PRESENTE, non parece que haxa un futuro, nin calmo, nin tranquilo, ou mellor QUE non haberá FUTURO!

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.