Por André Abeledo
1- NAS CIFRAS:
O presidente da asociación eólica de Galicia José Manuel Pazo fala de 400 Mw como a cifra a acadar no 2022 para completar o gran reto eólico para toda Galicia.
Mais tendo en conta:
- Que só no macroparque do Gato pretenden instalar 200 Mw.
- Que este ano tan só a Consellería proxecta máis de 7000 Mw sobre Galicia (200 parques x 50 Mw).
- E que o propio artigo expón que só os parques do Ministerio suman 3489 Mw.
Poderemos facilmente concluír que só SUMANDO OS ESCASOS DATOS QUE NOS APORTA A PROPIA NOTICIA SUPÉRANSE OS 10.000 MW proxectados sobre Galicia NUN SÓ ANO.
2 – NO REPARTO DO PASTEL:
A “certa coordinación” da que falan consiste en informar negativamente dende a Consellería dos proxectos do Ministerio, pero coidado que ESO NON QUERE DICIR QUE NON SE TRAMITEN:
- Dende o goberno do PP na Xunta de Galicia o consideran útil para presionar á competencia e de paso calman os ánimos da cidadanía facendo ver que “están a tomar medidas”
- Namentres eles permanecen NA SÚA GUERRA DE CARROÑEIROS: como ben eles afirman, con que só queden 5000Mw, terían suficiente con repartilos.
SE O OBXETIVO ANUAL SON 400 MW PARA UNHA TRANSICIÓN BEN FEITA, O DEMÁIS É NEGOCIO, É ESPOLIO.
3 – QUEREN CONTENTAR ÓS “AMIGOS”:
Póñennos o exemplo “perfecto” do Sr. Amancio: A explotación dunha zona previamente industrializada para autoabastecerse con 3 ou 4 muíños.
Isto podería ser idílico de non ser porque Inditex é o único que se pode permitir tal luxo.
Tamén é o único ó quen se lle permite semellante excepción (non se nos enoxe o magnate).
Pero aquí todos somos vellos coñecidos: esa excepción extenderáse para xustificar proxectos para que Naturgy e Endesa produzan hidroxeno en As Pontes e As Encrobas para exportación, onde xa só aí falamos de máis de 300 macroeólicos.
Esta excepción cos proxectos industriais estratéxicos é a coñecida coma “lei de depredación” promovida por la Xunta de Galicia para acelerar os prazos para a tramitación de proxectos eólicos.
Por outra banda ninguén explica que vai servir coma atallo para que empresas coma Greenalia podan beneficiarse dos fondos europeos Next Generation, contando ca colaboración da Administración Pública:
Todo estase a facer dende a Consellería, con nocturnidade e alevosia, con silencio cómplice de moitos Alcaldes, e obviamente ás agachadas da veciñanza.
O que non tiveron en conta é que os catro xigantes do monopolio enerxético (Iberdrola, Naturgy, EDP e Endesa que agora faise chamar Enel Green Power) replicaran os seus movementos, pero que á hora de presentar avais para os enganches á Red Eléctrica Española terían moitas mais facilidades que os novos especuladores enerxéticos, e que tiñan a facilidade de emitir informes de impacto ambientais en cadea. (Si, as empresas emerxentes tratáronnos coma inxenuos e mira ti quen pecaron de simples).
¿Agora que insinúan? ¿Que TODOS agora deberíamos pagarlles ós especuladores polos prexuízos derivados das súas malas apostas?
NON MÁIS AMEZAS.
E por último, dicir que os PROPIETARIOS E VERDADEIROS AFECTADOS tivemos que ver cómo aparecían nas portas das nosas casas a roubar, enganar e coaccionar ós veciños. Se cadra sexamos demasiado insistentes pero os muíños serán demasiado altos como para deixar de velos só apartando a vista.
Eles explotan a boa reputación das enerxías renovables e a súa inminente necesariedade.
Eles, os que levaron ó noso planeta ó seu límite, son agora ós abandeirados da transición enerxética.
Non o fan por concienciación, o fan por cartos. Porque o seu negocio chegou á súa extinción. Porque se non mutan morren.
E como nunca o foron anteriormente, tampouco serán agora respectuosos co patrimonio cultural, natural e persoal da veciñanza afectada de cheo.
Asi as renovables instálanse onde máis beneficio producen e non onde máis se necesitan, ignorando á contorna e á veciñanza.
Pero coidade, porque quen non sabe aprende, e xa non somos ós mesmos ós que lle venderon a moto da transición enerxética ou ós que lles petaron na porta sen previo aviso.
Agora sabemos, agora nos informamos e agora non nos enganan nin OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN nin AS EMPRESAS ELÉCTRICAS SEN ESCRÚPULOS .
Rexeita a manipulación
Racha coa invasión
No rural, macroeólicos ¡non!
Se el primero en comentar