Por Jose Vieira
Os obxectivos que se ten que atinxir, refírense a obter os medios para o cambio estrutural e pragmático da micro economía, do entorno. Con, desde xa, a exclusión de se estamos a falar do público ou do privado.
Todas as administracións, sobre todo as públicas, teñen que participar de forma comprometida, na transformación do modelo actual, máis que fallado, que privatiza todo o que mexe.
Se trata de construír un novo paradigma pragmático e, perfectamente sustentábel, que privilexie os cidadáns e non estea sometida a intereses corruptos. Que a súa vez non sexa o vehículo creado, ao servizo dos poderosos, para desviar os inmensos medios dos Fondos Comunitarios, como por exemplo os Fondos de Reconstrución, para as grandes fortunas, multinacionais e, claro para os seus socios, os fondos de “voitres”.
Reparemos no chamado MARCO FINANCEIRO PLURIANUAL 2021-2027 e vexamos as asignacións totais no referido cadro e rúbrica.
A simple vista, se verifican, unhas cantidades de medios enormes, que serán postos á disposición dos 27 países, que integran na actualidade a Unión Europea.
Os números que abaixo indicamos, sendo como dicimos enormes, no entanto, non podemos deixar de referir que estamos a considerar un marco temporal, que se estende desde 2021 até 2027, así como para un universo de case 450 millóns de habitantes.
Táboa número 1
Obxectivo destino | MFP en Millóns de euros | Nova xeración EU | Total | |
1-Mercado único, innovación e economía dixital | 132.800 | 10.600 | 143.400 | |
2-Coexión, resiliencia e valores | 377.800 | 721.900 | 1.099.700 | |
3-Recursos naturais e medio ambiente | 356.400 | 17.500 | 373.900 | |
4-Migración e xestión de fronteiras | 22.700 | 22.700 | ||
5-Seguriddade e defensa | 13.200 | 13.200 | ||
5-Veciñanza e o mundo | 98.400 | 98.400 | ||
7-Administracao pública europea | 73.100 | 73.100 | ||
Total MFP | 1.074.300 | 750.000 | 1.824.300 | |
Imos dar unha imaxe de quen é quen na Unión Europea en termos de poboación.
Comezaremos por facer a división entre a Unión antes do Brexit, o sexa dos 28 países e a actual dos 27, e temos poboacións de respectivamente 514.731.751 e 447.706.209, habitantes.
A seguir damos o cadro por países e orde alfabética, os datos son da responsabilidade do organismo da Unión Europea das estatísticas:
Táboa número 2
País | Populación |
Alemania | 83.166.711 |
Austria | 8.901064 |
Bélxica | 11.549.888 |
Bulgaria | 6.951.482 |
Chipre | 888.005 |
Dinamarca | 5.882.763 |
Eslovaquia | 5.457.873 |
Eslovenia | 2.095.861 |
España | 47.329.981 |
Estonia | 1.328.976 |
Finlandia | 5.525.292 |
Francia | 67.098.824 |
Grecia | 10.769.526 |
Hungría | 9.769.526 |
Irlanda | 4.963.839 |
Italia | 60.244.639 |
Letonia | 1.907.676 |
Luxemburgo | 626.108 |
Malta | 514.564 |
Países Baixos | 17.407.585 |
Polonia | 37.958.138 |
Portugal | 10.925.909 |
República Checa | 10.693.939 |
Romanía | 19.317.984 |
Suecia | 10.327.589 |
Total | 447.706.209 |
A diferenza, entre os dous valores de poboación, como sabemos, corresponde a saída do Reino Unido en 1 de xaneiro de 2021, e cuxa poboación, na altura era de 67.025.542 habitantes.
Queremos, agora referir que a poboación activa na Unión Europea e da Euro Zona, no desemprego eran respectivamente:
– Na Unión Europea, cerca de 5,7%
– Euro Zona, cerca de 7,5 %
Ambos os valores se refiren ao ano de 2019.
Reportémonos, en especial, ao período en que as crises están conxugadas.
Pasaremos a referir os datos dispoñíbeis, da Unión Europea, referentes a setembro de 2020 e, cos 27 países. Este cadro mostra unha das peores lacras da situación actual, se refire ao desemprego xuvenil:
Está elaborado, segundo a orde, desde os con máis desemprego xuvenil aos con menos
Táboa número 3
País | ( % ) no desemprego |
España | 40,2% |
Grecia | 33% |
Italia | 29,7% |
Lituania | 24,9% |
Suecia | 24,4% |
Portugal | 24,3% |
Croacia | 24,1% |
Luxemburgo | 22,5% |
Chipre | 21,4% |
Francia | 20,7% |
Estonia | 20,7% |
Finlandia | 19,9% |
Irlanda | 19,9% |
Eslovaquia | 18,4% |
Bélxica | 18,3% |
Bulgaria | 18,3% |
Reino Unido | 14,5% |
Eslovenia | 13,7% |
Letonia | 13,4% |
Dinamarca | 12,2% |
Polonia | 11,9% |
Hungría | 11,5% |
Países Baixos | 10,7% |
Malta | 9,7% |
Austria | 8,9% |
República Checa | 8% |
Alemania | 6,1% |
Debemos indicar, que a pesar de se estar a ter fortes indicacións de que se estaba a desencadear unha crise económica no horizonte a taxa de emprego dos activos, entre os 22 e os 64 anos, era a maior desde o ano de 2005, atinxía os cerca de 73,4%. O que fixo que a caída do emprego en 2020, ano da declaración da pandemia e a conxugación da crise económica, se mostrase arroladora. Os datos que abaixo se dan, son retirados das estatísticas do Eurostat. Son proxeccións,o respectantes a decembro e a xaneiro de 2021.
A orde seguida é a alfabética, por iso solo escribimos a vermello os valores que superan a medía da Euro Zona
Táboa número 4
País | % de desemprego | ||
España | 16% | ||
Alemania | 4,6% | ||
Reino Unido | 5,1% | ||
Francia | 7.9% | ||
Italia | 9% | ||
Portugal | 7,2% | ||
Zona Euro | 8,1% | ||
Austria | 5,7% | ||
Bélxica | 5,6% | ||
Bulgaria | 5,5% | ||
Chipre | 6,8% | ||
República Checa | 3,2% | ||
Dinamarca | 6,1% | ||
Estonia | 6,9% | ||
Finlandia | 8,4% | ||
Grecia | 15,8% | ||
Croacia | 7,1% | ||
Hungría | 4,9% | ||
Irlanda | 5,8% | ||
Lituania | 9,6% | ||
Luxemburgo | 6,8% | ||
Letonia | 8,5% | ||
Malta | 4,4% | ||
Países Baixos | 3,6% | ||
Polonia | 3,1% | ||
Romanía | 5,6% | ||
Suecia | 8,9% | ||
Eslovenia | 4,7% | ||
Eslovaquia | 7,2% | ||
Taxas de desemprego dos algúns países da Euro Zona, en xuño de 2020. Podéndose comparara cos valores no cadro anterior, de entre decembro e xaneiro, de 2021.
Táboa número 5
País | (%) de desemprego |
España | 15,6% |
Francia | 7,7% |
Grecia | 15,5% |
Suecia | 9,3% |
Italia | 8,8% |
Finlandia | 7,3% |
Zona Euro media | 7,8% |
Polos valores do cadro número 1, nos leva a pensar que desta vez, por parte da Unión Europea, houben unha mudanza de posición en relación aos principios que os países do norte, os chamados “ frugais”, coa Alemaña e a señora Merkel no comando, teñen vindo a impor, a AUSTERIDADE.
Xorde aquí unha pregunta moi pertinente, que se pode formular dunha maneira moi simple, no entanto, a resposta é fácil directa e pouco tranquilizadora. A pregunta é a seguinte:
SERÁ QUE A UNIÓN EUROPEA DE VOLVEU SOLIDARIA EN XERAL?
POIS NON!
A razón é moito máis prosaica, se trata que os desequilibrios financeiros e da economía en xeral, tamén golpearon dunha forma grave, os equilibrios ortodoxos dos reformistas (nós queremos referir a que son os seguidores das xubilacións de Zuinglio, Calvino e de Martin Lutero), onde privilexiaban, para os outros, a austeridade a secas.
Aquí nos xorde outra pregunta perfectamente consecuente co que acabamos de dicir, que é a seguinte:
QUE PASARÁ CANDO, SOBRE TODO A ALEMAÑA, REEQUILIBRAR AS SÚAS CONTAS?
Volverá con toda a certeza a austeridade protestante e, talvez dunha forma extremadamente impositiva. Os poderes traxes dos neoliberais, se están preparando, para parar o festín da solidariedade e fraternidade. E como non, as dividas terán que ser asumidas e, rescatadas (SIGNIFICA QUE DEBERÁN SER PAGADAS).
Clarísimo, como un vaso de auga cristalina e, entón, o panorama mundial será moito máis insolidario, máis egoísta e, naturalmente, continuarán as desigualdades sociais a prosperar até límites humanamente imposíbeis de tolerar.
¿Que fixo a Unión Europea?
Concede unha chea de diñeiro, aparentemente de fácil acceso, e que gran parte deste, non contaría de inmediato, para os equilibrios do famoso “déficit”. Que con ese diñeiro se recupere a economía, de acordo coas imposicións dos “frugais” incluíndo a Alemaña, para dar continuidade aos esquemas ordenados polos grandes intereses financeiros mundiais.
Non podemos deixar pasara oportunidade para recordar, que virán restricións de toda a orde e, que as poboacións terán máis dificultades para vivir con dignidade.
Até nos Estados Unidos, se está a avanzar cada vez con máis insistencia, na distribución dun renda per capita para palear, as dificultades sociais cada vez máis gritantes.
Na Europa e en especial, na Unión Europea e en especial na Euro Zona, só soñan con máis recortes o máis breve posíbel e, se posíbel o día a seguir, que se consiga estabilizar a pandemia. A pesar da pandemia ter demostrado, que os recortes sanitarios levaran até á destrución da saúde pública, non se vislumbra, que cos fondos do táboa número 1, haxa a intención de recuperar a saúde pública, así como toda a asistencia social. O mesmo pasa coa educación e todo o que se refire a servizos públicos.
Xorde aquí outra pregunta pertinente, que se formula da seguinte forma:
ENTÓN QUEN SE VAI BENEFICIAR DOS FONDOS DO MFP, TÁBUA NÚMERO 1
Non temos realmente dubida ningunha sobre quen vai beneficiar, os de sempre, ou sexa, as grandes empresas e as financeiras e os bancos.
Por último desexamos preguntar, porque está toda a poboación do mundo perfectamente adormecida?
A razón, tamén es perfectamente visíbel, intoxicación a través da comunicación subsidiada polo poder, sexa particular o estatal, os programas de diversión e control levados a efecto polos Gobernos, o medo estabelecido e fornecido en función das necesidades dos Estados e dos poderosos e, como non podía deixar de ser, polo control da relixión (sexa ela cal for).
Terán que ser elaborados planos realmente ben feitos para a utilización dos diñeiros pois, como vimos polas táboas seguintes, o panorama, é espantoso e chocante, de aí necesidade de terapias de choque.
Concluímos este recorrido, dicindo que:
O QUE FACER:
– É NECESARIO ELIXIR OS PROXECTOS.
– PREPARAR AS CANDIDATURAS.
– ANALIZAR OS IMPACTOS.
– TER A CERTEZA DE QUE CUMPRES TODAS As CONDICIÓNS.
E
– OS PROXECTOS DEBERÁN
– ESCOLLER AS MELLORES FORMULAS, SEMPRE QUE POSÍBEL SOAMENTE PÚBLICAS
– OBTER OS FONDOS PARA AS EMPRESAS EN DIFICULTADES DEBIDAMENTE FISCALIZADAS
Finalmente, sería moitísimo máis útil e eficaz a distribución dun Renda Básica Universal Incondicional, na Euro Zona e claro na Unión Europea.
De que continuarmos con políticas desconcertadas de esmolas aos máis necesitados, condicionadas, cheas de entrabes administrativos, fiscalizacións incongruentes, cuxos custos de implementación, carrexan dificultades operacionais, que a partida son incomportábles.
Pois, como sabemos non só é posíbel como desexable e con esta medida se integraría de máis que indispensábel Uniformidade Fiscal da Unión Europea.
Este sería o primeiro e o máis eficiente modelo pragmático para solucionar os problemas da actualidade.
Sería o desexable que puidese ser desenvolvido, por exemplo polas Nacións Unidas un proxecto e a súa execución a nivel mundial.
Notas:
(A) – As estatísticas utilizadas son da autoría do Eurostat Statistics Explained
(B) – Cambio de valor que o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) aboa. Ao final do ano pasado 2020, o Goberno subiu o índice que estaba parado desde o ano de 2011 a 2016. Así, a referida axuda pasou de 537,84 para 564,90 euros ao mes. Este índice ten un efecto inmediato, sobre o subsidio por desemprego, pois, a súa contía se fixa en 80% daquel. Así pasará de 430 mensuais a 542 euros.
Se el primero en comentar