Por Jose Vieira
Esta etapa, a da renuncia ao cumprimento dos obxectivos programados polo DRIL, se trata da fase máis dolorosa, de como termina unha das máis belas xornadas da loita pola democracia na península.
Tamén esta fase serviu para se dar a coñecer como se procesaba entón, como hoxe, os intereses corporativos, e as respectivas esferas de intereses. O poder estabelecido, só con matices, se pechaba en cuncha, para defender unha “legalidade” máis que podre.
Portugal, desde moi antes xa pertencía a OTAN, ou sexa, a Organización do Atlántico Norte, e o namoro entre a España e a América, viña dende a visita do Presidente dos Estados Unidos, Dwight David Eisenhower (1), que veu a cumprimentar Franco, en España, lexitimando o acto de terrorismo do mesmo, tendo como contrapartida as bases españolas de Rota.
Este famoso acto de coraxe en tan difícil momento do mundo, foi desenvolvido durante a presidencia da América do Demócrata John F. Kennedy.
Dende o desembarque dos dous feridos, en Castries, Santa Lucia, e o brillante desempeño do comandante da operación Soutomaior, estratego da condución do transatlántico, nun auténtico xogo do gato e do rato, en pleno océano Atlántico, fixo que o Santa María, agora bautizado como Santa Liberdade, non fose detectado, a pesar dos medios dispoñíbeis dos seus perseguidores.
Volvemos un pouco atrás: o ditador António de Oliveira Salazar, sentiu profundamente o golpe extraordinario do DRIL. A súa reacción, foi mandar saír en busca do Santa Liberdade (para o ditador o Santa María), os seus barcos de guerra máis potentes e, apoiado por un grande cruceiro español, o Canarias.
Máis, tendo dado a orde de afundir o referido transatlántico, mesmo coas máis de mil vítimas inocentes (dos cales serían 650 pasaxeiros, de varias nacionalidades e 350 tripulantes). A súa indignidade foi até ese punto, de ordenar ese asasinato colectivo.
Esta orde so podía ser reparada nun ditador louco, cego por este gran acto de heroísmo dos secuestradores, que deron ao mundo a publicidade destas ditaduras infames. Posteriormente intentou emendar a man, se desmentindo, dicindo que só o quería recuperar.
Esta informa foi reparada na Agencia France Presse, pola Reuters, e a Associated Press, todas o día 25 de xaneiro de 1962.
A caza e persecución ao navío portugués, ordenada polo ditador Salazar, foi de inmediato apoiada todos os mandos militares do país, e particularmente polo Estado Maior Naval portugués. Destacándose as posicións fanáticas dos almirantes Henrique Tenreiro e Américo Thomas.
Salazar pediu apoio e auxilio a Francia, onde o Presidente de entón, o Xeneral De Gaulle, pouco o nada prometeu facer e, na práctica nada, a non ser que se refuxiasen nun porto francés. Os ingleses vellos aliados de Portugal, si que apoiaron, de cerca, coa fragata abaixo indicada, que se encontraba cerca do teatro de operacións. No entanto, os deputados laboristas ingleses non deixaron de protestar co goberno de Harold MacMillan, primeiro conde de Stockton, que era conservador.
Dende Santa Lucia, os holandeses colaboraron con Salazar, pretendendo untar no estreito da Xamaica, o paso, se por acaso o Santa Liberdade se dirixía a Cuba.
Os ingleses, coa fragata HMS Rothesay que vixiarían a canle de Santa Lucia, tentando apresar o transatlántico cerca das Bahamas. Como non podía deixar de ser, a festa non estaría completa sen os americanos, que como era seu costume, vestiron a farda de vixías planetarios.
Regresemos ao barco secuestrado.
Día 24 de xaneiro de 1961
Este día decorreu cunha excitación, verdadeiramente grande, sobre todo por parte dos pasaxeiros, mais tamén por parte das tripulacións. No entanto, aqueles tiña unha excitación provocada pola angustia de non saber onde serían desembarcados e cando, mentres os comandos, a excitación era pola enorme publicidade concedida polos órganos de comunicación social de todo o Mundo. As informas corrían, rápidas e moi desencontradas. Os países máis conservadores, impuña que a informa fose dada como un acto de pirataría, mentres os máis democráticos como un acto de sedición contra as ditaduras peninsulares.
Estes movementos e incertezas, levaron a que o propio comandante Soutomaior, tivese que chamar o médico español do barco, pois, dada a larga vixilia, tivo un problema de taquicardia. Cabe dicir que o médico en cuestión era galego, de Pontecesures e, máis, un republicano.
Día 25 de xaneiro de 1961
Resulta que este despuntar de día tras unha má nova pois, se comeza a sentir, unha correcta idea absurda, de que algúns oficiais americanos, consideraban o acto como sendo de pirataría. Unha vez máis a bipartidismo do sistema político americano (Republicanos = conservadores e, Demócratas, máis próximos ao que consideramos ser demócratas).
Por outro lado, o goberno do ditador Salazar, resolve por en alerta as forzas armadas portuguesas que estaban estacionadas nas colonias africanas, a saber: Cabo Verde, Guinea, San Tomé e Príncipe, Angola e Mozambique.
Se desencadea unha autentica caza ao barco, de tal forma que o ceo é cuberto por movementos de avións, case sempre da mariña americana. No entanto, foron infrutíferas as buscas pois, como referimos o, estratego comandante Soutomaior, sempre conseguiu frustrar a posibilidade de localización, con movementos de cambio de ruta constantes.
Se recibe un discurso do gran escritor e demócrata brasileiro, Álvaro Lins e, ex-embaixador do seu país en Lisboa, que ameaza os gobernos peninsulares en contar, os planos secretos de alienación de bases militares aos americanos.
Infelizmente, o Santa Liberdade se cruzara cun barco mercante holandés, o Vibeke Gulwa, que perante as noticias, fornece as necesarias coordenadas para que o transatlántico fose localizado.
Aquí, non poderemos avanzar, sen deixar ficar unhas palabras de xustiza, o mellor, a repormos, pois, as noticias case sempre puñan en relevancia o acto como sendo de exclusiva acción do capitán Henrique Galvão. Isto é unha inxustiza sen nome, dado que se alguén debía levar as honras deste heroico secuestro, debía de ser José Fernando Fernández Vázquez, máis coñecido por comandante Soutomaior. Este se, hai sido o sustentáculo da acción e, o certo motor da mesma.
Posta esta cuestión, de xustiza, temos que considerar que o barco pasou a ser seguido e visitado por moitas accións de avións americanos e, de autenticas manobras de intimidación. A todas respondeu o comandante con valentía, sen xamais mostrar nin medo nin submisión.
Cabe referir, que os conflitos internos do Estado Maior, dos comandos, dentro do barco, xamais deixaron de ser suavizados, pois o capitán Galvão sempre lanzou iniciativas persoais, e moitas delas prexudiciais ao respectivo secuestro. Salvou sempre a firmeza e determinación do comandante e a tranquilidade do comportamento de Xosé Velo.
No entanto, o goberno de Salazar, pasou a diferir os seus ataques agora apuntando ao Xeneral Humberto Delgado e a Galvão. Reputando a actuación dos compoñentes españois, como meros aventureiros. Era a intoxicación informativa que lle interesaba.
Entra en acción o presidente dos Estados Unidos Kennedy, que dá orde a que a flota americana fondeada en Porto Rico, bloquease o agora recentemente bautizado, Santa Liberdade.
Galvão continúa a actuar por libre, en vez do facer a través do Estado Maior do Comando. As súas formas de actuar, se quedaran completamente fóra dos acordos de compartir o mando, que era o eixe orgánico da DRIL. Unha das máis evidentes faltas de respecto aos acordos previos, foi tomar o sistema de radiogramas, do barco, como sendo seu, tomando decisións que só competían ao colectivo. Estas actitudes, viñeron a crear máis uns cantos desaguisados, no seo do comando.
Non obstante, tamén foron feitos contactos con Sekou Touré (2) e con Nkrumah (3), como posíbeis portos de destino do Santa Liberdade, no caso de se conseguir o éxito total da operación, ou polo menos a non entrega do barco aos armadores. Estes contactos foron feitos desde o barco por telegrafía. Estrañamente nunca obtiveron resposta, sabendo de antemán os comandos que ambos eran declarados inimigo, sobre todo de Portugal.
Estivo sempre no ar, a hipóteses, de que despois de desembarcaren os pasaxeiros e a tripulación, se puidese afundir o transatlántico, para que non fose entregado aos armadores portugueses.
Máis tarde, o xornalista Miguel Urbano Rodrigues, xa no exilio no Brasil, souben que o radiograma en que se solicitaba a autorización para entrar en calquera dos países daqueles políticos africanos, xamais chegaron ao destino. Proba evidente, do boicot da tripulación de radiotelegrafistas. Estes boicots foron sempre presentes por parte do comandante Maia do barco, e súa tripulación, boicoteando sempre que posíbel as accións dos secuestradores.
Día 26 de xaneiro de 1961
Xa ao fin dese día, o Santa Liberdade, é detectado por un avión americano, que pasou a voar moito cerca do barco. Era o fin do espiches do barco, o que de verdade era inevitábel. Este evolucionou cerca do barco, transmitindo por morse, que o almirante americano Dennison, desexaba coñecer a frecuencia de radio do barco, pois desexaba transmitir unha mensaxe, onde indicaría as ordes para a entrega do barco e desembarque dos pasaxeiros e tripulación.
Este almirante era o xefe da escuadra americana do Atlántico. No entanto, o comandante Soutomaior, se mantivo firme, tendo comunicado que non recibía ordes de ningunha potencia estranxeira. Pois, Dennison pretendía que o Santa Liberdade, entrase na base americana do Amazonas (Vale dos Cães).
Salazar solicita a Kennedy, presidente dos Estados Unidos, que interveña, no entanto, este informa a Lisboa, de que as forzas americanas, entraran en negociacións con o comando, mas, en ningún momento, pensaba apresar o navío.
Descríbemos o aparato naval militar, despegado por os americanos para intimidar e obrigar as negociacións. Foran mobilizados os seguintes medios: desde Costa do Marfíl, os destrutores Vagelgseang e Gearing; de Porto Rico, o cruceiro lixeiro que ficou sempre sen identificar, pois, no entrou directamente en contacto con o secuestrado, mais o destrutor Robert L. Wilson e finalmente o submarino atómico Seawolf.
Se da conta de que o capitán Galvão ia por libre, pois este telegrafou ao almirante Dennison, como único responsábel da operación. E comprometeuse a entregar o barco onde aquele mandase. Esta situación resultou en outro grave incidente entre os membros do Estado Maior, pois, se vían con posicións incontrolábeis e desacertadas, por parte do capitán Galvão, que o que quería era entregar o navío no Brasil. Estaba naturalmente en contra os obxectivos do secuestro.
Dia 27 de janeiro de 1961
O Santa Liberdade pasa a navegar, sempre escoltado por avións americanos. No convés do barco, brillaban as letras do seu novo nome SANTA LIBERDADE.
O Estado Maior dos comandos reclamou a presenza dos avións, xa en augas territoriais brasileiras, pois non comprendía como o podían facer en augas brasileiras. O presidente aínda en exercicio, Kubitschek de Oliveira (o construtor da nova capital do Brasil, a cidade de Brasilia), aceptou a reclamación e impuxo a saída dos avións americanos das súas augas territoriais.
Novos enfrontamentos entre Galvão e o comandante e Velo, sempre provocados polo exceso de egoísmo e protagonismo do capitán, que non vía outra cousa que non entregar o barco no Brasil, especificamente no Recife.
Novos problemas pola utilización sen coñecemento dos compañeiros do Estado Maior do comando, da estación de radiotelegrafía, por parte de Galvão.
Coa saída dos avións de acompañamento o navío volveu a estar na penumbra.
Non obstante, nunha alocución aos medios de comunicación social, o presidente brasileiro, declarou que concedería asilo político aos comandos do DRIL, se estes o desexasen.
Se comeza a preparar unha entrevista cos mandos americanos, que eran liderados polo segundo do almirante Dennison, o contra almirante Allen Smith junior. Esta foi aprazada e tería como negociadores, o contra almirante referido, o capitán de mariña Porter o señor Quim da embaixada dos Estados Unidos no Brasil, o señor Guadarrama, cónsul americano no Arrecife, un capelán naval de nome Davis e, o primeiro tenente da infantaría de mariña Thompson.
O comandante do Santa Liberdade, na noite anterior á reunión, preparou unha garda protocolar, para prestar as honras militares á delegación americana. A reunión comezou con bastante cerimonia pero moi tensa. Pois os dous paisanos da delegación foron extraordinariamente inconvenientes. Foi terminante a oposición do comando secuestrador, de ceder a entregar e desembarcar pasaxeiros e tripulación no Val de Cans, no Amazonas.
A reunión acabou ao fin dunhas boas horas de discusións e de ataques e contra ataques, que desta vez estiveron máis solidarios os tres homes do Estado Maior do comando secuestrador.
Axiña e, despois de debidamente combinados, se dirixiron ao salón, onde xuntaron os pasaxeiros e a tripulación, sendo esclarecidos e tranquilizado. Cabe referir, que os elementos civís cónsul americano do Recife e o funcionario da embaixada intentado subverter os tripulantes e pasaxeiros, o que foi prontamente impedido, pola acción dos comandos liderados polo comandante.
Se deu unha conferencia de prensa, axiña, e se aceptou prontamente, unha delegación oficial nomeada polo Presidente do Brasil e dirixida polo Almirante brasileiro Días Fernandes, autorizando o comando que esta subise a bordo, o día seguinte.
Un interesante acontecemento, foi a baixada en paracaídas dun xornalista do París- Match, e outro doutro órgano dunha axencia internacional de noticias. Ambos tiveron que ser rescatados polo Santa Liberdade, pois, amarraran no mar e non encima do barco.
Non obstante, o capitán Galvão recibía un cablegrama do Presidente electo e xa en funcións, Jânio Cadros, en que reiteraba as ganas de conceder asilo político e resolver o problema dos comandos ao seren considerados insurxentes. Este documento, motivou unha nova reunión do Estado Maior, tendo quere Velo quere Soutomaior, considerado un pouco ambiguo o texto do Presidente brasileiro.
Se organizou unha festa de despedida a bordo, onde todos foron tratados como viaxeiras de primeira clase e que terminou cun baile.
Non podiamos deixar de referir, unha anécdota, bastante pouco digna, pois, segundo sabemos, houben unha visita ao barco aínda antes de entrar no porto de Recife, por parte do Xeneral Humberto Delgado, que dunha maneira moi soberbia, tratou os outros dous elementos do Estado Maior, o sexa a Xosé Velo e a Soutomaior, nos primeiros momentos nin sequera se dirixiu a ambos. Segundo testemuños, parece que os tratou de forma depreciativa. Este comportamento, a noso ver, debería estar influenciado por eventuais queixas do capitán Galvão, que naturalmente eran infundadas e, os desencontros e foron inmensos aconteceron por culpa da soberbia e ganas de protagonismo do referido capitán (4).
Finalmente todo terminou no porto de Arrecife, co desembarque de pasaxeiros e tripulantes así como o excelente acollemento dos comandos e seus xefes polas autoridades do Brasil, co señor Almirante Días Fernandes.
Notas:
(1) O xeneral Eisenhower foi o comandante en xefe das tropas aliadas, na Segunda Guerra Mundial. Posteriormente foi o Presidente dos Estados Unidos, de 20 de xaneiro de 1953 a 20 de xaneiro de 1961. Sucedera a Henry S. Truman e pertencía ao partido Republicano.
(2) Sékou Touré (Ahmed), foi o líder africano da Guinea francesa que impulso a independencia deste territorio da Francia, en 1958.
(3) Kwame Nkrumah, líder do pobo do Ghana, que conseguiu a independencia en 1951
(4) DRIL finaliza súas actividades en 1964.
Se el primero en comentar