Primeira parte do ataque americano á Unión Europea

Non ten sido nin é pacífica a explicación cabal para as diversos altos e baixos da economía, mais no caso desta crise que estamos a atravesar, non hai calquera dúbida, sobre os ventos que impulsaran as tempestades desencadeadas na Europa.

Por Jose Vieira | 24/03/2025

Dicía un vello mestre de finanzas, o profesor Teixeira Ribeiro, profesor da Universidade de Coímbra de Portugal, “que o mundo dos negocios, era como o amor, non era nin calmo, nin tranquilo”.

Pasaron decenas de anos sobre ese escrito e, no entanto, continuamos a subscribir esa súa acertada afirmación. Unha e outra vez.

Para irmos directamente ao que nos preocupa, imos entrar nun dos fenómenos que máis traen en coidado os expertos en economía e en ciencias sociais en xeral. Imos falar de inflación.

Sempre vemos que desde as máis vulgares operacións de hipotecas privadas, até ás máis complexas operacións de financiamento de grandes investimentos, sempre se ten coidado en tentar saber se ese espectro se encontra, ao virar da esquina do edificio da operación financeira.

O mundo en que vivimos, especialmente durante o século pasado, en que tivemos de afrontar fortes cambios, sociais e políticos, pois, desde as revolucións socialistas, as descolonizacións, pasando por dúas Grandes Guerras Mundiais (en que ambas tiveron como protagonista central o pobo de lingua alemá.

Falaremos do fenómeno da inflación, que é un espectro que sempre deparamos, como enriba referimos, se encontran a espreita da oportunidade de nos atacar.

Antes mesmo de avanzarmos as súas principais orixes do mesmo fenómeno, iremos avanzara unha definición do mesmo, o máis xeral posíbel para que non resulten necesidades de interpretación nin morosa nin fastidiosa.

A inflación se pode caracterizar, por unha alta substancial e continuada dos prezos dos bens e servizos e, como é natural, cunha caída xeral do poder adquisitivo dos cidadáns.

En xeral se acostuma separar as orixes deste fenómeno, en dous a chamada inflación oferta e a designada como procura.

Falaremos diante da estrutural.

Neste momento nos centraremos inflación OFERTA, esta é ocasionada por aumentos inesperados por aumentos dos custos dos produtos naturais, que fan que os produtos finais saen cada vez máis caros.

Por outro lado, a inflación PROCURA, se debe en xeral a un aumento da procura de produtos e que a súa produción non acompaña esa procura e entón os prezos destes produtos soben.

Canto á inflación estrutural, se trata de cando esta está relacionada con algunha cuestión específica referida a un determinado mercado, que pode ser por presión de sindicatos, tabelamento de prezos de produtos, técnicas comerciais, destrucións e políticas comerciais, etc.

Non podemos avanzar, si dicir como se acostuma medir a inflación, pois, o método más habitual, é que se consegue a través do chamado índice de prezos (IPC – Índice de Prezos ao Consumidor), que é o mellor reflector de como evolucionan os prezos dos produtos que constan da cesta dos chamados bens e servizos, que representan os consumos medios dos cidadáns.

Este fenómeno tivo al largos dos últimos dous séculos varios momentos en que esta se instalou, no planeta, creando os máis diversos e graves inconvenientes para a vida neste.

No entanto, é coñecido e recordado como un dos períodos de maior turbulencia o período de 1929 a 1933, ou sexa, no período de entre as dúas Grandes Guerras Mundiais do século pasado.

Ficou célebre a súa designación como sendo o chamado Período da gran Depresión.

Así comezamos por dar como punto de vista inicial, a visión que nos hai deixado John Mainard Keynnes, un dos máis consagrados economistas do século pasado, de nacionalidade inglesa, mais que o seu saber e carisma, se estendeu por todo o mundo da economía.

Para este, a principal causa da gran Depresión, foi motivada polo descenso brutal da procura agregada, que influíu de forma decisiva nas receitas das empresas, no emprego e como tal na quebra de moitas das empresas, como dunha caída en domino se tratase.

Esta situación levou á quebra da Bolsa ao pánico bancario e claro, como non podía deixar de ser, a quebra da procura agregada.

Logo tras o final da Segunda gran Guerra, o mundo de entón, entrou en fortes convulsións, sociais políticas e económicas, por virtude dos acordos de Bretton Woods, asumidos por 44 países, con vista a crear un modelo económico mundial, para dirixir o mundo, despois de terminar a Segunda gran Guerra Mundial

Paralelamente se acelerou os procesos de descolonización, dos países que estaban dominados por potencias europeas, se aceleraron cambios estruturais e sociais un pouco por todo o mundo de entón.

Volvamos a explicación de la gran depresión, pois, de seguida, queremos mostrar, que a recesión que é visíbel na Unión Europea, se debe a unha auténtica submisión e subnormal idade dos dirixentes da Unión Europea (EU), aos Estados Unidos da América do Norte (USA), dado que esta unión existe, entregue a un adormecemento, nitidamente á sombra das ordes e da, mais que fantasmagórica protección do imperialista americana.

Non ten sido nin é pacífica a explicación cabal para as diversos altos e baixos da economía, mais no caso desta crise que estamos a atravesar, non hai calquera dúbida, sobre os ventos que impulsaran as tempestades desencadeadas na Europa.

Esta situación, comezou, co derrube do goberno electo na Ucraína, co golpe de estado liderado pola secretaría de estado americano, para as relacións externas, estamos en 2014.

Este golpe de estado, que foi extremadamente sanguento, deu entrada a presidentes pro-americanos para gobernaren a Ucraína, culminando co actual Zelensky. A finalidade era de cercar a Rusia, tornando esta, como unha illa cercada polas forzas da MATO/OTAN, e pola Ucraína, demandante americana a organización contra a Rusia.

Desde entón, dentro do territorio ucraíno, o goberno deste país, colocado polos americanos, dedicáronse a perseguir e a incluso eliminar as agrupacións de poboación de fala rusa, que representan neste país, cerca de 45% da poboación. Así a invasión da Ucraína se debe a unha tentativa da Rusia pretender protexer eses tales 45% de poboación de lingua rusa e até de nacionalidade.

Pasemos agora ao plano económico: o subministro de gas e de petróleo a Europa, era efectuado pola Rusia, en xeral por gasodutos que antes pasaban polo territorio ucraíno, cobrando este país uns dereitos de paso. Non obstante, os provedores rusos e os seus principais clientes os alemáns, resolveron construíren de sociedade un novo e máis directo gasoduto, que non só tivese máis capacidade de escoramento e, tamén que non tivese que pagar dereitos de paso polo territorio ucraíno (os socios eran as empresas de produción rusas e o goberno alemán.

Mais as relacións comerciais entre a Rusia e a UE, eran moito máis bastas e, proveitosas, pois, estaban a poder dar á industria europea os materiais que esta necesitaba a bos e competitivos prezos.

Por outro lado, os USA, estaban cunha industria deslocalizada, e até practicamente inerte, así como por esa e outras razoes, atravesaban un período de crise ou mellor de estancamento económico.

Así o goberno americano, apoiado polos seus multimillonarios, resolveron impor ao presidente Joe Biden, un demócrata, perfectamente controlado polos intereses comerciais e un auténtico vendedor de armas, resolveron aproveitar a ocasión para impor sancións aos rusos, tomando como motivo estes invadiren a Ucraína para defender o seu ruso falante.

Por tanto, prohibiron que estes vendesen sexa o que sexa a Europa, de materias-primas e mandaron dinamitar o novo gasoduto ruso alemán, para que o gas nin o petróleo puidese circular por esa vía.

Cortaron os medios de pagamento internacionais aos rusos e até o sistema internacional de Swift.

O estraño é que os alemáns nin sequera protestaron, a covardía non ten prezo.

Quen pasou a facer as vendas de todo o máis, os señores americanos, pero agora por prezos moi máis altos, chegando a ser tres ou catro veces máis caros.

Aquí está un unha inflación desencadeada de forma artificial e imposta, completamente pola vía da oferta.

Temos así unha EU, covarde e irresponsábel e, afundida, nunha crise feita ou mellor, imposta polo seu protector e, unicamente para beneficio dos USA.

Nun seguinte texto falarei da continuación da explotación a que os americanos nos están a impor.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.