Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Mozambique (II)

Por Jose Vieira

Falaremos agora sobre un dos grandes países colonizados, por Portugal, que se tornou independente no último cartel do século pasado, ou sexa, en 25 de xuño de 1975, graza a estas dúas circunstancias converxentes: a súa loita pola súa independencia e a Revolución do 25 de Abril de 1974. Nos referimos á República de Mozambique.

Diremos que este país, hoxe independente, é unha República semipresidencialista, cuxo Presidente actual é Filipe Jacinto Nyussi, que dirixe este estado, situado na costa oriental de África. Xeograficamente, se estende al largo da costa marítima do Océano Índico, na canle de Mozambique, posuíndo un territorio cunha superficie de 799.380 Km2 y unha poboación, que segundo o último censo é de 24.692.144 habitantes, o que se traduce nunha densidade de 28,7 habitantes por Km2.

A colonización de Mozambique por Portugal, como en case todos os territorios, que formaron parte do chamado “imperio portugués”, á sido sempre moito vaga, descontinua e precaria. Unha das razóns desta forma de colonización, se debe ao feito da expansión ser iniciada e efectuada, nunha altura en que o país tiña unha poboación de pouco máis dun millón de habitantes, altura en que se lanzou á aventura por “os mares nunca denantes navegados”. Estamos nos idos de 1498. Nos situamos nesta data pois, é cando o navegador portugués, Vasco da Gama, leva a bo termo a conexión de Portugal Europeo, coa península Indostanica, a través do Océano Atlántico,  contornando a África, contornando o cabo da Boa Esperanza e, chegando á India, a través do Océano *Índico.

Este navegador explotou un pouco estas costas, antes de se dirixir ao seu certo destino. No entanto, a certa colonización só se iniciou, ao redor de 1505, debido a se ter tomado esa decisión en Portugal.

Será interesante dar algunha introdución a súa propia historia. Así, todo este gran territorio, foi desde moi cedo, obxecto de visitas de pobos, máis desenvolvidos e comerciantes da altura, caso dos árabes e outros pobos orientais. Máis, xa exploradores árabes como Al- Masudi, o século X da nosa era, describiu que no territorio, en cuestión, había unha gran actividade comercial.

A colonización portuguesa se foi desenvolvendo, fundamentalmente na costa, utilizando, os portos existentes, para alén do existente na illa de Mozambique. Esta colonización non foi  pacifica pois, os portugueses tiveron que se haber coa competencia de varios pobos, entre eles os turcos, os ingleses, os franceses e os holandeses. No entanto, os portugueses acabaron por conseguir tratados de paz, cos ingleses en 1635 e cos holandeses en 1640.

En Mozambique existiron varios prazos e, como tal, cos respetivos prazeiros que, co apoio dos xefes tribais, practicaron a escravitude. En Mozambique a implantación de forzas reais de Portugal foi pequena pois, practicamente quen exercía o dominio colonial, eran os chamados colonos brancos e, algúns oficiais que se deixaron ficar, no territorio, seducidos polo negocio da escravitude.

Chegou, de certo modo, a colonización de Mozambique a estar relegada, para un segundo plano pois, os portugueses se centraron en negocios máis lucrativos, como por exemplo os negocios das especias, da India ou das madeiras nobres e pedras preciosas do Brasil. Non obstante a illa de Madagascar, foi colonizada polos franceses, tendo os portugueses sido de aí desaloxados.

Finalmente, os conflitos pola posesión de territorios africanos, non cesaron e, os portugueses  quentaran o soño de unir a Angola e Mozambique, chegando mesmo a obter o apoio dos alemáns e dos franceses, creando o chamado “mapa cor de rosa”, que unía as dúas colonias, ocupando todo o espazo entre as dúas. Para xustificar a existencia  deum certo dominio militar, deses territorios, os portugueses, desenvolveron varias campañas de penetración militar coa implantación de postos nese territorio. Esas explotacións de carácter xustificativo das súas pretensións, foron chafadas polos militares e exploradores, especialmente por  Serpa Pito, así como por  Brito Capelo e Roberto  Ivens.

Dáse entón un feito político de grande transcendencia, que é o chamado” Ultimato”. Esta intimidación e humillación inglesa a Portugal, seu aliado e a alianza máis antiga do mundo, ocorreu o día 11 de xaneiro de 1890. Este termo, refírese á ameaza do Reino Unido, que consistía no seguinte; ou Portugal desistía de xuntar este territorio a Angola e Mozambique, ou o retiraban á forza.

Non podemos deixar de referir que este “Ultimato”, veu a constituír unha das causas próximas da caída da monarquía en Portugal pois, o pobo portugués, se sentiu ultraxado, tomando como responsábeis desa humillación, o rei de Portugal e as respetivas institucións monárquicas.

Mozambique, así como nas outras colonias portuguesas, no inicio dos anos de 60, do século pasado, comezaron a desenvolver se os chamados movementos de liberación. Estes, foron creados polas novas xeracións destas colonias, posuidoras de maior formación académica, por un lado, e efecto imitación pois, a maioría dos territorios circundantes se habían tornado independentes.

Non podemos desde xa referir dos  pioneiros desta toma de  consciencialización, o  dr.  Agostinho Neto e  Amílcar Cabral, respectivamente angolano e cabo  verdiano.

Estes movementos, tiveron inicialmente os apoios dos países socialistas, coñecidos por bloque de liches, especialmente, pola Rusia e Cuba, que contribuíron de diversas formas, formando academicamente moitos dos seus futuros dirixentes, por conselleiros e cadros, como médicos e outro persoal calificado, así técnicos militares.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.