![]()
O Amo, do outro lado do “charco atlántico”, utilizou moito habilmente a estratexia do través dun medo non xustificado, impor a permanencia da estrutura militar, a OTAN, que fora creada para dar saída, despois da Segunda gran Guerra, a necesidade de escoramento das fabricas americanas de armamento.
Por Jose Vieira | 26/12/2025
Estamos ou pertencemos a un espazo xeográfico, máis que político, a que se de combinou chamar Unión Europea (antes chamábase Comunidade Económica Europea) e antes eramos moitos os países que por aquí viviamos, neste espazo, designado como Vello Continente.
Por esa razón, duns miles de anos atrás, como sendo o núcleo central de toda a chamada civilización occidental.
Fomos, nada máis nada menos, do que os pobos que coa desculpa, moitas veces de defender a fe crista, fomos polo mundo descoñecido, eliminando civilizacións e, escravizando os seus pobos autóctonos, que encontrabamos, nesas paraxes e, a quen chamamos desvariadas xentes e bárbaros.
Como non podiamos deixar de facer, segundo os costumes deses tempos, sempre os pobos do vello continente, avanzaron polo esas descoñecidas ou non terras, cunha cruz por diante e unha espada ao lado.
Prevaleceu sempre o uso da espada, amparada pola cruz e o poder, sobre todo da relixión católica, que enviaba os piadosos misioneiros para axudar a explotación deses pobos.
Cando xa non había más nada para descubrir, ou colonizar dunha forma total e absoluta, os pobos colonizadores, da Vella Europa, tiveron que afrontar, para se faceren cos bocados máis suculentos do festín.
Entón, afrontaronse en guerras localizadas e, a medida que eses conflitos se ían asentado, xurdiron os máis ambiciosos e coas más infames das xustificacións, quixeron a hexemonía de toda a Europa e igualmente a posesión das terras descubertas e colonizadas polos seus veciños.
Se inventaron as Grandes Guerras entón do século pasado.
Recordamos a Primeira e a Segunda, Grandes Guerras Mundiais.
Despois de estaren satisfeitas as respectivas destrucións, emerxeu inicialmente sutilmente, o país que se autodenominou o gañador, sobre todo do último conflito. Falamos dos Estados Unidos da América do Norte (USA).
Como non podía deixar de ser, pois, o conflito aínda que mundial, esencialmente destruíu, o chamado territorio europeo.
Así, se impuña unha reconstrución e, ese líder resolveu, dunha forma ben intencionada (supomos), crear un fondo, chamado Plano Marshall, para paliar os efectos da destrución levada a efecto.
Non podemos proseguir sen avanzar, que os territorios do “Pai Thomás”, nos referimos aos USA, nunca foron sacrificados nestes dous grandes conflitos, estiveron sempre intactos.
O que aconteceu, a partir do final de la Segunda gran Guerra Mundial, foi todo un camiño de reconstrución e de posta en marcha das economías de cada un dos países que compuñan a Vella Europa (nesta se incluían os países, que dentro dunha falsa neutralidade se aforraron a entrar neste conflito e, que eran dúas ditaduras nitidamente a favor do eixe malvado: Alemaña, Italia e Xapón).
Coa paz de 1945, estes países do Vello Continente – a Europa, construíron con algunha “claridade” moral unha senda de desenvolvemento, máis ou menos tranquila.
Pasou non obstante, moita agua por debaixo das pontes e foron sucedendo os xefes políticos que administran e administraron esta Unión Europea e, cada vez viuse que as súas perspectivas, non eran outra cousa do que servir ao “AMO AMERICANO”, só que esta fidelidade, se transformou nunha menoridade intelectual e a que podemos chamar supervivencia.
O Amo, do outro lado do “charco atlántico”, utilizou moito habilmente a estratexia do través dun medo non xustificado, impor a permanencia da estrutura militar, a OTAN, que fora creada para dar saída, despois da Segunda gran Guerra, a necesidade de escoramento das fabricas americanas de armamento, a que a URSS (Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas), responderon creando, cos seus particulares aliados, o Pacto de Varsovia.
Temos que avivar a memoria, dos que nos lean e non se lembren que o conflito entre a Rusia e a Ucraína, non é máis que unha guerra, inventada polos americanos (utilizando a OTAN) e, utilizando a Unión Europea (EU), que como estaba habituada a se deixar levar polo patrón que en cada momento a dirixía, como seu patrón incondicional, os USA.
Só que con Trump a dirixir os USA, este non vai continuar a pagar os gastos da OTAN e, imporá á EU, que pago integralmente as facturas desta organización “terrorista”, como todos os ares de legalidade, polo menos así queremos pensar.
Como lemos a uns días, os americanos, dirixidos por este crápula, “meteron a EU, nunha xaula e completamente cerrada”, a obrigando a comprar todos os armamentos que as súas grandes empresas da industria de morte, produzan.
E como estas industrias son o gran motor da economía dos USA, só faltaba que tamén impuxesen, como o fixeron coa súa empregada e simultaneamente a señora presidenta da EU, Ursula Van Leyen garantise que mercaría en tres anos, petróleo americano, polo importe de 750.000 millóns de dólares (contrato feito por Ursula ao mando de seu patrón o señor Trump).
Claro que os señores que mandan na EU e, sobre o conflito na Ucraína, que na actualidade encontrase nunha fase de extremada dureza e irreversibilidade, querían se apropiar, dos bens conxelados da Rusia, e como son os donos da verdade non repararon que estaban a roubar, non o señor Putin, mais si, a todos os privados rusos que teñen os seus bens arbitrariamente “secuestrados”, o que significa en termos xudiciais, que a EU, irían ou irán, caer, miles de accións xudiciais e súas respectivas indemnizacións, utilizando a Unión Europea (EU), que como estaba habituada a se deixar levar polo patrón que en cada momento a dirixía, como seu patrón incondicional, os USA.
Así que estamos nunha pre-situación de guerra e, esta continúa sabendo a EU, que nunca chegará a gañar esa guerra, mais xa está comprometida cos USA e, naturalmente é deste país que treme, que ten medo.
“Os actuais xefes dos estados da EU, xa non poden admitir os seus erros, a súa retórica non se pode desfacer e, naturalmente coa maquinaria adquirida e que terán que pagar, terán que cortar de forma radical os dereitos dos seus cidadáns”.
Paz pola “alma” da UNIÓN EUROPEA
Se el primero en comentar