![]()
lembramos o nome de Rodolfo Martin Villa, que a noso parecer nos parece un auténtico matusalém, dada a cantidade de tempo que estivo ocupando cargos de mando, en varios gobernos, tendo vindo desde os cadros mais próximos ás ideoloxías fascistas
Por Jose Vieira | 30/11/2025
Estivemos presentes na presentación dun libro, onde estivo presente o escritor e, que foi efectuada no local moi interesante e que aínda estaba co cheiro de novas instalacións.
Máis deixemos o entorno, pois, o importante é realmente, o que ouvimos foi interessantísimo, rozando o brillante, mais o seu contido, despois de lido o respectivo libro, revelounos que o autor, foi modesto, porque debe estar no seu carácter, tendose quedado curto.
O libro titulase, “Sanfermines de 1978. Los victimarios”, cuxo autor é Sabino Cuadra Lasarte.
Cabe indicar quen é este escritor: tratase dun avogado xa xubilado, sindicalista e político. Militou entre os anos setenta e oitenta, en varias organizacións políticas da esquerda abertzales, en Bizkaia e en Nafarroa (LKI, Zutik e Batzarre), así como na organización de solidariedade internacionalista Komite Internazionalistak e no Sindicato LAB. Despois da súa xubilación, presentouse nas listas de Amaiur ao congreso español, sendo elixido deputado. Tiña setenta e dous anos entón.
É autor de libros como “Arroxado aos leóns “e “No os importe matar”, así como este a que estamos a referir enriba.
Sabino Cuadra é un incansábel investigador dos crimes dos “vitimarios”, pois, o que acontece na maioría dos casos, o que se lembra, son os que foron sacrificados polo réxime ditatorial do fascista Franco e seus socios.
Máis que, está agochado debaixo da alfombra, dunha forma verdadeiramente intencional, son os nomes das familias dos que asasinaron ou que denunciaron e, dos seus descendentes.
Estes descendentes usufrutúan de todas as prerrogativas e favores obtidos á custa das denuncias ou até outras responsabilidades máis graves, que se enriqueceron á custa dos beneficios que obterán dos seus proxenitores, por seren os beneficiarios do réxime.
Este problema, está en aberto ou debía estar, a pesar dos “fabricantes da Transición”, teren sobre a imposición dos homes do falecido ditador, transformado a Transición nunha fantochada, en que non se indagaron as responsabilidades, dun bando de usurpadores.
A máis grave a noso ver, é que os partidos políticos, na actualidade, parecen que están satisfeitos coa súa impunidade e, coas xustificacións dos seus dirixentes políticos, que se atopan ao abrigo de calquera sospeita e, dan a cobertura a miles de descendentes dos matóns do réxime de Franco.
Vemos inclusive, que neste libro que enriba referimos e, a propósito das represalias que foron efectuadas, nos preámbulos da Transición e, debidamente autorizadas polos señores que se encargaron da misión herdada do seu patrón Franco, deron a continuidade, e o más grave, é que algúns dos que se dedicaron a facer cumprir as ordes do ditador, mesmo despois da súa morte, continuarán ao servizo e, como di o noso pobo, “a cortar o bacallau”.
Nos xorde, como non podía deixar de ser, a pregunta, será que houben realmente unha transición real, ou só se tratou de introducir unhas cantas transformacións de pechada, para que non desentoase sendo a última ditadura, en funcionamento, nas chamada Europa, a camiño dunha comunidade económica?.
Animamos a quen se preocupe coa xustiza sobre o proceso de Transición en España, que lea con especial atención o libro do investigador, avogado e ex-deputado nos propón.
De calquera forma, lembramos o nome de Rodolfo Martin Villa, que a noso parecer nos parece un auténtico matusalém, dada a cantidade de tempo que estivo ocupando cargos de mando, en varios gobernos, tendo vindo desde os cadros mais próximos ás ideoloxías fascistas, que se quería acabar nese período de transición, no entanto, se deixou ficar, no galiñeiro ás raposas.
Máis, despois de saír dos sucesivos gobernos este señor, Rodolfo Martín Villa, continuou a ser o señor preferido polos chamados gobernos seguintes, para estar presente nas principais empresas do país.
Debese a este señor, coa aquiescencia do presidente Suárez, pola destrución dos arquivos que poderían incriminar os crimes cometidos e dar posibilidade de se poder vir a operar, as responsabilidades da súa expresión, que “deixo todo atado e ben atado”e as responsabilidades aos chamados “vitimarios franquistas”.
Este éxito está plenamente ben descrito nun libro “La conquista de la Transición”, referido no libro por enriba de Sabino Cuadra Lasarte, a páxinas 87 e 88, así, por orde deste fascista Rodolfo Martin Villa, foron destruídos os arquivos das Direccións Xenerais de Seguranza e da Guarda Civil. “Miles ou até millóns de documentos foron cargados en camións, e transportados para a sede da Guarda civil, e aí, foron incinerados”.
Estaban desta forma amnistiados os verdugos das vítimas franquistas. E son os netos e bisnetos dos falanxistas que se opoñen a que se amnistíen disidentes políticos, e non se opuxeron cando se restaron as pistas que servirían para rastrear eses crimes de sangre.
Esta desmemoria, é até comentada por historiadores, como é o caso de François Godicheau, referida por Sabino, neste seu libro, na páxina 88, igualmente.
O que imos agora traer a este, é unha vergoña nacional, pois, como é do coñecemento da maioría dos españois, a xuíza arxentina Maria Servini, levantou nos xulgados de Buenos Aires, a “chamada Querela Arxentina”.
Para termos unha idea, de como a Transición non o foi para todos, a non ser para os que apoiaron o fascismo franquista, recordemos as condecoracións, concedidas ao “excelente” Rodolfo Martín Villa:
Gran Cruz de la Orden de Cisneros, Orden Civil de Afonso X el Sabio, Gran Cruz de la Orden Mérito Civil, Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica, la Gran Cruz de Real y Muy Distinguida Orden de Carlos II, Gran Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort e como di o referido autor Sabino Lasarte a Gran Cruz de la Orden Imperial del Yugo y de las Flechas.
Máis isto só é a parte honorífica, que por certo debía avergoñar, quen as concedeu e, revoltar até á extenuación, ás súas moitas vítimas.
Máais como isto fose pouco, este energúmeno, pois nos fatiga estar a escribir sempre o seu nome, foi levado a ser membro de inmensas empresas, como segue:
Seguros El Fénix; Globalvida; Endesa; Sogecable; Técnicas Reunidas; Ibercobre; Cellophane; Corporación Inversora do Mediterráneo; Cepsa e Caixa de Madrid.
Non resistimos a comentar, que debía ser un auténtico fenómeno non só no campo da represión dos seus concidadáns, como no campo da xestión económica. A non ser que tamén nas empresas por onde debe vexetar, se encargara da persecución dos traballadores.
Terminamos este noso pequeno texto, recomendando a lectura do libro de Sabino Cuadra Lasarte, que ten o título “SANFERMINES DE 1978. LOS VICTIMARIOS”, pois, todo o demócrata ten necesidade e desexo de saber o que realmente pasou, neste período da historia de España, que non é contada minimamente con verdade, aos españois, que a non viviron (esta debería ser escrita como estoria, pois, é unha fraude) que é subtraído e manipulado, de forma indesexábel ao pobo
Son estes escritores e investigadores, como Sabino Cuadra Lasarte, que realmente nos dan a certa Historia con H e letra maiúscula.
Por último e, como anécdota, non podemos deixar contar a confianza incondicional, do señor José María Aznar, respecto a Rodolfo Martin Villa, pois, o nomeou para o Comisariado creado en 2003, para intervir tras a catástrofe de medioambiental, creada polo afundimento do petroleiro Prestige, nas costas galegas.
Máis palabras, pensamos que non son necesarias para que teñamos a certeza de que nos enganan.
Se el primero en comentar