Os ventos sopran da extrema dereita

É realmente preocupante, os ventos que asolan a Europa e, que están cargando unhas abstencións históricas, que no caso presente roldan os 36% dos potencialmente electores. Mais o máis grave, ten a ver cos máis mozos, cuxa participación ten vindo cada vez a ser menor.

Por Jose Vieira

Meloni vence as eleccións de Italia en setembro de 2022 e, por esa razón, deberá liderar o próximo goberno. A coalición de dereita e extrema dereita, liderada polo Partido Irmáns de Italia, o partido por ela fundado, ao obter o 42,87% dos votos nas eleccións italianas, así o permiten.

Giorgia Meloni, de 45 anos é a presidenta do partido enriba referido e, xa declarou a súa vitoria, nas eleccións lexislativas, deste último domingo, tendo na altura, xa reivindicando chefiar o próximo goberno.

Das súas declaracións, podemos extraer, xa ameazas, aínda que que veladas, mais que se poden intuír, sen gran marxe para dúbidas, das intencións subxacentes, no espírito da súa alocución, logo despois, do peche das urnas e saída dos resultados que facían prever a súa vitoria.

Así basta ler o texto que segue: “é hora dos italianos volveren a ter un goberno que sae dunha decisión nas urnas e é algo en que todos teñen que prestar contas”

Non restarán medias tintas, está moito ben expresado nas súas palabras, que van ser esixidas contas. Tampouco parece difícil, esperar moito máis esclarecementos, para sabermos, que quen serán os que terán que prestar contas. Como sempre e, neste caso gustaríanos estar equivocados, serán os mais débeis, ou sexa, os traballadores, os desempregados, e sobre todo os emigrantes e as minorías sociais. O seu elitismo racial é patente.

Este parece ser o camiño que que se depara no horizonte dos italianos, que se autocondenaran, dando a vitoria ás forzas antidemocráticas e anti sociais.

Senón vexamos os resultados coñecidos e, enunciados pola RAI:

– Consorzio Opinio Italia, segundo esas sondaxes efectuadas para a RAI (Radio Televisión Italiana), esta atribúe, a este bloque, unha votación do 19,07%, este bloque é liderado por Enrico Letta.

. Á súa vez o Movemento 5 Estrelas, oscilará nunha fasquia de entre os 15,43% dos votos.

Así sumando as extremidades, temos

– A menor porcentaxe para a esquerda será do 34%. No entanto esta última cifra parece máis difícil de ser atinxida.

É realmente preocupante, os ventos que asolan a Europa e, que están cargando unhas abstencións históricas, que no caso presente roldan os 36% dos potencialmente electores. Mais o máis grave, ten a ver cos máis mozos, cuxa participación ten vindo cada vez a ser menor.

Menos de metade dos mozos votan.

Acresce aínda outra circunstancia, na Italia, é que no caso dos mozos italianos, a súa abstención, foi espantosa, pois, acresce, que pola primeira vez, en estas eleccións se abriron aos mozos de entre os 18 e 24 anos, a posibilidade de poderen votar pola primeira vez e, como se viu, este non corresponderon a chamada.

O panorama político, tras estas eleccións, levan a que o Presidente da República italiano, Sergio Mattarella, a unha situación embarazosa, pois, este político italiano, é fillo dunha importante familia siciliana de Palermo e, o seu pai, foi un notábel activista antifascista, perseguido durante a ditadura de Benito Mussolini.

Máis, Bernardo Mattarella, o pai do actual presidente, foi un dos fundadores do Partido da Democracia Cristiana (en siglas DC), xuntamente con Alcide De Gaspari. Igualmente hai que recordar que o irmán do actual presidente, Piersanti Mattarella, foi o presidente da Sicilia, durante largos anos loitando contra as mafias, até que, foi asasinado pola “Cosa Nostra” (mafia siciliana).

Todo un pasado de honestidade política e de loita antifascista e, grazas a convivir co que representa, todo contra o que loitou.

Se agoira, unha convivencia difícil.

Lancemos, agora, unha mirada á Europa actual, en termos de xeopolítica.

Así, podemos ver que durante as últimas crises, que ten vivido o presente século, vemos que mentres a esquerda se deixaba durmir, gozando da embriaguez do poder, a dereita, foi aproveitando o tempo, digamos estes primeiros 20 anos, para se ir agrupando e limando asperezas, elixindo desde entón un único inimigo común a todos os partidos de dereita e, como tal, fixo dese inimigo o seu punto de unión, a esquerda.

Por outro lado, a esquerda, ten seguido un camiño diametralmente oposto, ou sexa, se ten divertido, fracturando, baleirando de contido ideolóxico e, a se destruír uns aos outros, co único argumento de buscar o poder polo poder e, contra o interese dos seus votantes.

Esta esquerda, do século XXI, ten como mínimo, un comportamento autodestrutivo. Senón vexamos un exemplo, basta nun calquera país, un partido de esquerda propor algo, para o partido igualmente de esquerda e, seu compañeiro de percorrido, dicir que está en contra e, chegar mesmo, sen calquera mellor razón aparente, se encostar á dereita, contra os certos intereses da sociedade que representa.

Dito doutra forma, os partidos de esquerda, son polas súas querelas intestinas, os mellores auxiliares e socios da extrema dereita.

Vale aquí un aforismo que reza así: “con amigos así, non son necesarios inimigo”. Se pode tamén dar razón a unha frase de Antonio Gramsci e, que reza da seguinte forma: “neste claro escuro, xorden os monstros”. Esta soa tremendamente oportuna.

Estes monstros da extrema dereita, aparecen aproveitando especialmente a crise de 2008, para daren novas cores aos seus discursos e, diciren o que as masas queren ouvir. Reformaron integralmente o seu discurso e, se tornaron en encantadores de serpentes, con músicas celestiais, conquistando o electorado, apoiados como sempre polas respectivas igrexas.

No entanto, de aí a poren en realidade o que din, vai un abismo intransponíbel, pois, só estarán interesados en aumentar as desigualdades sociais, en limitar os dereitos, as garantías e as liberdades dos cidadáns e, en seu proveito propio e dos seus “Amos”.

Basta ver como cada vez os ricos son máis ricos e poderosos, como cada vez existen máis cidadáns que foron de clase media, mais que están pasando de forma acelerada, á gran masa dos que non chegan ao final do mes, mesmo tendo traballo.

Cada vez a dereita transforma os traballadores en traballadores pobres.

Esta, é a contradición imposíbel de tolerar.

No entanto, a abstención e o voto masivo na extrema dereita, está a conducir o mundo en que vivimos.

Podemos dicir, que a extrema dereita, nos meteu a todos dentro dun grande casino e, nos condicionou a vivir dentro del, nos obrigando a xogar os seus xogos de azar e, como sempre, a perder todo, pois, no xogo contra o casino, sempre se perde, pois, só gaña o casino.

Máis, até nos indicou un inimigo común, para que tivésemos un entretemento e, substituíron o inimigo “os xudeus” (que eran os inimigo até ao final dos fascismos), por agora os crentes do islam e, como non podía deixar de ser, os emigrantes, sexa cal sexa, a súa fe.

Para termos unha idea, máis aproximada do asalto por parte da extrema dereita na Europa, basta dicir, que dentro dos 39 países existentes e, referíndonos aos 27 estudados, se verifican que a inclinación práctica dos gobernos é a seguinte:

– 7 coalicións de tendencias diversas, incluíndo de esquerdas.

– 5 gobernos decididamente centristas, mais de tendencias de dereitas.

– 15 gobernos decididamente de dereitas.

Como podemos ver, o panorama non parece ser nada de encomiar, antes polo contrario, nos dá a nítida sensación, que iremos a moi peor.

Así, o futuro das xeracións que nos preceden, mostran un horizonte moi máis negro do que a xeración que hoxe vive no intervalo etário, de entre os 45 e 59 anos e, moitísimo peor do que a de máis de 60 anos.

Como acabamos de ver, a extrema dereita, nos está a premiar cun futuro cada vez máis negro, mais o que non entendemos, é porque a esquerda en vez de se unir, contra o inimigo común, a dereita e a extrema dereita, prefire destruírse e aliarse co monstro, como dicía Antonio Gramsci.

Finalmente, vemos unha situación xa de extrema dereita implantada, moi preocupante, na Polonia, na Checa, na Hungría, na Bulgaria e nos países bálticos da antiga URSS.

Máis, nos preocupa o que acontecerá no futuro, en Francia con Marine Le Pen e o seu partido Agrupación Nacional e, en España, co PP de Feijó e a súa filial Vox?

Estas non serán interrogantes a deixar de ter en consideración.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.