O décimo quinto plan económico chinés

A China entra o Ano do Cabalo, no seu propio calendario, neste 2026 e presenta e comeza un novo plano quinquenal”.

Por Jose Vieira | 17/01/2026

Todos sabemos ou pensamos que debiamos ter o coñecemento que China estabelecera as súas estratexias de crecemento a través dun esquema de prioridades que se graduaban á praza de períodos de tempo de cinco anos.

A eses plans os chamaron “Plans Quinquenais”.

É costume anuncialos, con toda a formalidade, ao final dun destes plans e inicio do seguinte.

Estes novos, son sempre precedidos da análise do anterior e verificación do executado e se houben ou hai desvíos a corrixir no próximo plan.

Así no discurso da noite vella, o seu Líder Xi Jinping, fixo os eloxios habituais, da forma como os plans foron desenvolvidos e dos respectivos éxitos obtidos.

Particularmente resaltouse os anuncios dos seus novos proxectos de enerxía eléctrica, máis no caso concreto da construción dunha nova Central de Produción de Enerxía Hidroeléctrica, maior e máis potente, do que a actual hidroeléctrica das “Tres Gargantas” que xa é a maior do mundo.

Os chineses mostran, ao contrario de seu opoñente Estados Unidos da América do Norte (USA), que pasa de todas as cuestións do Medioambiental.

Este novo plano a que nos referimos, tratase do décimo quinto desde a que China se estruturou e implantou o modelo integral comunista, para o seu crecemento e recuperación, como unha certa potencia mundial.

É importante dicir que o anterior plan, que agora terminou, estaba centrado nunha estratexia a que se designou como da “dobre circulación”, o que significaba, que por un lado, se centraba no desenvolvemento comercial interno e polo outro lado no comercio externo.

Esta dobre estratexia significaba que o seu crecemento económico estaba fundado en impulsar o consumo e inversións internas e, como non nas exportacións.

Esta estratexia tiña e ten como un dos intereses fundamentais, que o país se torne completamente autónomo en termos tecnolóxicos.

O novo Plan Quinquenal anunciado por Xi Jinping, segue na mesma senda de obter a máxima independencia tecnolóxica, mais segundo o indagado, a través da ampla difusión da Intelixencia Artificial (IA), tomando a súa aplicación centrada nos procesos industriais, na saúde pública, na educación, nos produtos de gran consumo e como non podía deixar de ser, na administración e na gobernación dixital.

Semella un plano moi ambicioso, pois, as súas metas estabelecen que a Intelixencia Artificial, os anos de 2030, estea tan diseminada internamente como o actual uso da electricidade ou da internet.

Pois, para os obxectivos do referido documento, a IA, será o acelerador do crecemento económico que fara que o multiplicador económico se dispare de forma imparábel.

No entanto, a ambición do plan referido, non se fica por aquí, pois, prognostica que o Estado Chinés, cerca do ano 2035, se converta nunha Sociedade Intelixente.

O que se nota, desde unha primeira apreciación do respectivo documento, é como que unha aposta sen límites, das autoridades chinesas no progreso tecnolóxico, IA, moitois, do que os países occidentais.

Tamén vemos os chineses cada vez más implicados na obtención de enerxía eléctrica, con base na súa obtención de forma hidráulica.

Tamén parece que este novo plan enriba referido, aposta, antes de todo o máis, por desexar obter un crecemento real sustentado de polo menos 5%.

Por esa razón, se distribúe o seu esforzo económico e social, a través dos elementos que xa enriba referidos.

Hai, por tanto, o obxectivo nítido, de que China, aínda que non poida volver a números de crecemento de dous díxitos, no entanto, as máis grandes posíbeis.

Segundo a crítica que sempre precede as presentacións dos documentos retrospectivos chineses, sempre veñen acompañados dun exame moi rigoroso do Comité Central do Partido Comunista Chinés, quere de súa sección económica como política.

Copiando o referido no South China Morning Post, que é un órgano moi rigoroso, estes constatan que dos 250 obxectivos do décimo cuarto plano quinquenal ou sexa do que acaba de terminar, 86% dos obxectivos foron plenamente conseguidos.

Claro que cando chove non é as ganas de todos e, os economistas críticos, ao servizo dos USA, din que os chineses e os americanos están en igualdade de crecemento en 2025, se expurgamos as inflacións duns e as deflacións doutros.

is, din que os chineses teñen diminuíndo o ritmo de inversións e que os americanos, están dando maior ritmo a produción interna.

Parece que isto non é de todo inverosímil, mais, temos que dicir que o que os americanos están a facer é incrementar a súa industria de armamento que está en crise, impondo aos seus socios europeos a compra de todo o que están a fabricar as industrias de armamento dos USA.

Tampouco podemos esquecer que o propio armamento que está a saír das industrias americanas para a Ucraína, quen as ten que pagar, por imposición dos USA, son os Europeos e a OTAN en particular e as que van para Israel, forman parte dun crédito concedido por Trump, que segundo ten acontecido cos anteriores créditos concedidos a ese país, acaban por ser perdoados ou sexa, non cobrado.

Os economistas que sempre son críticos co desenvolvemento chinés, como por exemplo Stephen Roach, veñen que os prezos, no consumidor están a caer, debido a unha forte deflación imposta polo goberno e, que se debe a unha saturación da economía, que non ten marxe para seguir crecendo.

Este e seus seguidores, comezan a afirmar que a China está no seu límite de crecemento e, como tal está a “involucionar”.

O que detectamos é nalgúns sectores, da economía chinesa é realmente un abaixamento de prezos, dato a unha correcta indisciplina, o que sería contraditorio, mais iso é verdade e, se ve na realidade, mais parecía non ser posíbel nunha economía tan planificada.

Os arautos dos maos ventos, chegan a afirmar, co economista enriba referido, que a China está a pasar para unha situación económica de estagnación como aconteceu no Xapón durante a década de 1980 e que durou até os principios de 1990.

Non nos parece que sexa esta a lectura que debemos facer da economía da China e moi menos do que se pode ler deste “15 Plan Quinquenal”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.