As conmemoracións da Revolución do 25 de Abril en Portugal (I)

Este texto forma parte dun dossier conmemorativo da Revolución do 25 de abril de 1974 en Portugal

Por Jose Vieira

Esta Revolución, veu a permitir o cambio dun goberno da ditadura de inspiración fascista, para un réxime democrático, onde serían garantidas as liberdades civís.

Como causa próxima, como todos sabemos, a guerra colonial, tivo como teatro de guerra as colonias portuguesas de Guinea (Bissau), Angola e Mozambique.

Nestes territorios desenvolveuse unha guerra de guerrillas, entre os nacionalistas desas colonias (que pretendían a súa independencia), e o exército portugués monopolizado polos gobernos fascistas, primeiro de António de Oliveira Salazar e, despois deste, de Marcelo Caetano de Sousa (arrastrouse desde 1961 até ao cesar de hostilidades tras a Revolución do 25 de abril de 1974).

Esta hai sido a causa de base principal, así como o réxime en Portugal, ser desde a chegada ao poder polo doutor António de Oliveira Salazar, como consecuencia do Golpe de Estado de 28 de maio de 1926, que tivo como protagonista ó xeneral e despois Mariscal Gomes da Costa, aproveitado posteriormente polo tamén xeneral e posteriormente Mariscal Oscar Fragoso Carmona. Este último é que convida, o profesor da Universidade de Coímbra doutor Salazar, a integrar os subsecuentes gobernos.

Esta ditadura, mantívose como forma de goberno no país, até ao afastamento por enfermidade do profesor Salazar, até 1968. Nesa altura o presidente da República e garante da ditadura, Almirante Américo de Deus Thomás, convida ao tamén profesor universitario e profundo seguidor de Salazar, Marcelo Caetano de Sousa.

Este pretende de inicio, dar unha idea de ir facer unha abertura do réxime, mais, rapidamente pechase a “cal e canto”, mantendo e até perfeccionando os sistemas represivos, soamente mudando os nomes das institucións de represión anteriores, mais mantendo os procesos e a intolerancia fascista (un exemplo é pasando a designar a Policía de Investigación e Defensa do Estado –PIDE- para Dirección Geral de Seguranza -DGS-).

Marcelo Caetano, enganou o pobo portugués, cando permitiu entrar na Asemblea Nacional, o seguinte conxunto de persoas, que este pretendía que o apoiasen, no mantemento do seu réxime ditatorial, mas moito sedo ese grupo de deputados, demostraran non poderen tolerar o sistema político de entón.

Este grupo, foi cognominado de “Á liberal do Réxime” e, era constituída polos seguintes elementos:

Francisco Sá Carneiro, João Miller Guerra, Magalhães Nota, Francisco Pinto Balsemão, Mota Amaral, Correia da Cunha, Oliveira Días, Sousa Pedro, José da Silva e Oliveira Ramos.

Estes non aguantaron seren utilizados polo réxime, tendo tras un discurso inquisitivo do deputado João Miller Guerra o día 23 de xaneiro de 1973, dous días despois, pronuncia un discurso o deputado Francisco Sá Carneiro, presentando a súa dimisión, ou sexa, o día 25 dese mes.

Miller Guerra fai o mesmo, dimitindo pasado uns 15 días despois. O restante grupo da chamada “Á liberal”, abandona a Asemblea Nacional no mes de maio seguinte.

A gota de auga que fixo disparar estas reaccións de estoupido, ten a súa orixe nun dos actos máis importantes, máis, descoñecido da maioría do público en xeral e, canto a nós, foron a semente que prontamente fixo xerminar a consciencia e a unión das persoas que sentían máis de preto a inxustiza do réxime e, dispararan unha serie de iniciativas de accións en cadea.

Nos estamos a referir a unha vixilia, dun grupo opositor ao réxime, de católicos e non só, dentro dunha capela cristiá, contra a guerra colonial que ficou coñecida pola “VIGILIA DA CAPELA DO RATO”. Este suceso pasou na noite de 31 de decembro de 1972.

As interpelacións na Asemblea Nacional, de Francisco Sá Carneiro e de João Miller Guerra, centráronse esencialmente na brutalidade das forzas da policía ao desaloxar os concentrados e a súa prisión e tratamento brutal que recibiron, por parte das autoridades, dirixidas polos elementos da sinistra vixía da DGS, enriba referida (antiga PIDE).

Como curiosidade, gustaríanos referir, que anteriormente na igrexa de San Domingos e igualmente na pasaxe de ano de 1968/1969, cantaronse uns versos da gran poetisa portuguesa Sophia de Mello Breyner, titulado de “Cantata da Paz” e que comezaba por:

Vemos, ouvimos e lemos/ Non podemos ignorar” ….

A idea de facer unha vixilia, parte de Luís Moita, un antigo sacerdote, que se tiña doutorado en ética na Universidade Lateranense de Roma en 1967 e apoiado polo arquitecto Nuno Teotónio Pereira (que era fillo dun dos prominentes piares políticos da ditadura, Pedro Teotónio Pereira), Francisco de Sousa Tavares (que era avogado e o compañeiro da poetisa Sophia de Mello Breyner), Vítor Wengorovius, Catalina Pestana e do padre holandés da congregación dos Sagrados Corazóns, Bart Reker.

Non podemos deixar de destacar, de entre os moitos cidadáns que estiveron presentes nesa vixilia, a presencia do profesor Pereira de Moura, do Instituto Superior de Economía. Outra das figuras que non podemos esquecer é a de Conceição Moita, que foi quen lanzou o chamamento de que os cristiáns se implicasen nas protestas contra a guerra colonial.

Queremos lembrar, que en 1992, fíxose unha foto conmemorativa dese acto, onde aparecen algúns dos intervenientes desa vixilia, pasados 20 anos do su éxito.

Volvendo ao grupo referido, conseguiron desenvolver, en estrito segredo toda unha actuación de organización, que culminou, en o propio día 31 de decembro coa distribución dalgúns miles de folletos, as portas das igrexas de Lisboa, en que convidaban as persoas a se asociaren a esa velada contra a guerra colonial.

O encargado de coordinar a comunicación exterior desta difícil tarefa e, aínda por riba, na época en que só había teléfonos fixos, controlados polos servizos de escoita da vixía política, foi un mozo estudante de economía, o Francisco Cordovil.

Desta vixilia foi aprobada unha moción, que curiosamente tivo que ser escondida debaixo dunha alfombra, na residencia do padre da Capela do Rato, sendo despois rescatada, pois, os que tiñan estado nesa acción foron todos arrestados, e a noiva, dun dos interventores na Moción, a rescato “a posteriori”.

Quen dirixiu a intervención policial contra os concentrados na Capela do Rato, foi o capitán da Policía de Seguranza Pública (PSP), Américo Maltez Soares, que entrou na igrexa ás 20,45 h tendo dado dez minutos para todos abandonaren o local. Este ultimatum non foi acatado, tendo todos comezado a cantar en conxunto, “Perdóalles Señor, que eles non saben o que fan”. A reacción non se fixo esperar e as forzas policiais entraron na igrexa e arrastraron os concentrados á forza, todos que non aceptaron saír polos seus medios.

Foron 91 persoas levadas para a comisaría e pronto enviadas para a prisión de Caixas.

Terminamos este primeiro texto sobre a xénese da Revolución de 25 de abril de 1974, transcribindo os a Moción Aprobada na Igrexa do Rato en 31/12/1972:

Considerando”:

1 – A guerra inxusta contra os pobos de Angola, Mozambique e Guinea.

2 – Que o fin da guerra é manter os pobos africanos nunha situación de escravitude.

3 – Que o pobo portugués é tamén vítima deste proceso de explotación e opresión, pois é o mesmo goberno que promove guerras coloniais, que explota, oprime e reprime o traballo dos portugueses.

5 – A loita dos pobos das colonias é unha loita xusta.

Seguindo

1) Repudiamos vigorosamente a política do goberno portugués de proseguir unha guerra criminosa coa cal tenta aniquilar movementos de liberación das colonias portuguesas nas cales morren, fican feridos e incapacitados miles de mozos portugueses.

2) Denuncian igualmente a actitude de complicidade da Igrexa Católica portuguesa fronte a esta guerra e aos problemas que ela pon ao pobo portugués.

3) Denuncian toda a represión de que teñen sido vítimas moitos traballadores e mozos portugueses por se manifestaren contra esta guerra criminosa así como o esmagamento dos movementos e organizacións democráticas.

4) Manifestan a súa solidariedade cos pobos das colonias en loita pola súa liberación.

5) Solidarízanse con todos os portugueses que teñen loitado e loitan consecuentemente pola instauración dunha sociedade xusta.

6) Apelan vehementemente para todas as persoas que teñen consciencia ou senten esa situación para se uniren nun esforzo consecuente de loita contra a explotación e opresión exercida sobre o pobo traballador.

ADENDA

Solidarízanse coa loita dos católicos de Angola, Guinea e Mozambique, algúns deles asasinados e prendidos nas mans criminosas do goberno portugués”.

Non podemos deixar de recordar que soamente 16 meses despois, deste éxito cognominado por “O Caso da Capela do Rato”, en Lisboa, se deu a Revolución de 25 de abril de 1974, tamén chamada a Revolución dos Cravos.

Sempre pensamos que a vixilia da Capela do Rato, marcou un antes e un despois, na organización dunha contestación civil, agora imparábel ao goberno ditatorial de Marcelo Caetano, sendo a noso ver un dos soportes civís do que viría a ser “a posteriori” a Revolución de 25 de Abril.

Continuaremos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.