Os bancos piden máis liquidez de emerxencia

o Banco Nacional da Suíza, acabou por desmobilizar a bonita suma de 100.000 millóns de dólares americanos en fondos de liquidez para cubrir a sangría de depósitos e, presentar a operación de absorción do “Credit Suiss”, póla “Unión de Bancos Suízos”, como algo calmo e tranquilo

Por Jose Vieira

Se un sistema é sólido, con que “cara” o proclama a secretaria do tesouro americana, Janet Yellen, antiga directora da Reserva Federal dos Estados Unidos da América do Norte (EUA), despois do desplume dalgúns bancos americanos e, a busca en xeral de liquidez pola maioría da banca.

Será porque está en crise o sistema capitalista, súper liberal mercantilista e até salvaxe?

Despois desta pregunta para a cal non temos unha resposta, nos xorden unha serie de catro preguntas, que pasamos a expor:

Como se xustifica que os reis da finanza veñan a solicitar apoio estatal?

– Non será isto unha contradición estrutural?

– Son as entidades privadas o eixe único e intocábel do liberalismo económico e, os grandes señores privados, os orientadores da economía non intervencionista?

Tampouco entendemos o que ten a ver a poboación neste sentido, co a actividade financeira desas entidades súper importantes, que son os cimentos estruturais do sistema económico do imperialista americano?

A única cousa que sobre o tema que se nos ocorre de inmediato sobre o tema, é que “cando o sistema en si, ten resultados positivos (lucros ou beneficios), eses son a distribuír entre os accionistas, mais sempre que a roda da fortuna dá a volta e, hai prexuízos, entón estes, deben ser e son soportados pola poboación en xeral. Os beneficios son capitalistas, mais as perdas son socializábeis. Como se acostuma dicir co unha correcta sorna, “se socializan os prexuízos e se privatizan dos beneficios”

Como mínimo, isto é unha estraña dualidade de procedemento.

Mais volvamos á petición urxente de fondos, isto é, a noso ver, o retrato do pánico en que entraron os banqueiros, ao veren a retirada maciza de depósitos, tras a caída do Silicon Valley Bank.

Se considerarmos esta pasada cuarta feira como sendo o fecho dos datos coñecidos, a Reserva Federal americana recibiu unha petición de liquidez de algo como 117.000 millóns de dólares (equivalente a uns 109.000 millóns de euros, ao cambio de segunda feira), a diario.

Para termos uña idea da grandeza destes números, esta cantidade de liquidez, agora solicitada, é tres veces maior do que no auxe da pandemia e, máis, supera a marca máxima da crise de 2008, en que o máximo solicitado, fóra algo como 112.000 millóns de dólares a diario.

A marca, na actual crise, polo momento, foi alcanzado o pasado día 15, na medida que se solicitaron algo como 152.000 millóns de dólares nese día.

A Reserva Federal (FED), flexibilizou os requisitos para se acudir à mesa (“guichet”) do desconto, que é o que a maioría da banca está a utilizar e, se trata da nova facilidade de liquidez, posta a disposición a través dun xa antigo mecanismo, chamado do Programa de Financiamento Bancario a prazos (BTFP). As condicións son a obtención do diñeiro a un ano, contra a garantía de bonos” do Estado (estes son entón valorados polo seu valor facial e non polo seu valor de mercado).

Debemos recordar, que foron os prezos de mercado un dos maiores causantes de perdidas do Silicon Valley, vendendo en emerxencia eses “bonos.”

A profundidade da crise se pode avaliar, pola rapidez con que crece o recurso a este instrumento, pois, esta semana a media solicitada foi de 34.600 millóns de dólares e, a semana anterior, só se tiña chegado a uns 2.400 millóns.

As ganas de non aceptar o que é por de máis evidente, leva a que os mercados imaxinen que a crise desencadeada, está efectivamente dominada. Pura ilusión a noso ver. Esa ilusión fixo que os mercados subisen lixeiramente este pasado día 21.

A noso modesto ver, a crise bancaria está lonxe de estar dominada e como tal se manteñen viva.

Nos EUA, temos polo momento a vista de todos, mesmo a pesar das manipulacións informativas, diremos da “desinformación criminal”, os seguintes intervenientes na danza da crise:

– Silicon Valley Bank (SVB)

– Signature Bank (especializado en cripto moedas

– First Republic Bank

Este último banco referido, á recibidos fondos de liquidez dun grupo de grandes bancos e, no entanto, segundo as últimas informacións, está cerca da quebra, pois, a sangría de levantamentos de depósitos non para de continuar.

No que toca á Europa, un dos grandes monstros sagrados (hoxe parece menos sagrado), o “CREDI SUISS” está en fase de desaparecer do mundo financeiro mundial, despois de 167 anos, como institución indispensábel nese apartado especial de negocios (xa referimos con máis espazo este mesmo caso, en anterior texto xa publicado).

O que non podemos deixar de pasar sen denunciar, é que aínda que se fale de operación efectuada co sentido de tranquilizar os mercados, estas e outras operacións, non deixan de lanzara a dubida de que algo vai mal nese mundo do diñeiro. E para confirmar esta nosa afirmación, basta dicir que o Banco Nacional da Suíza, acabou por desmobilizar a bonita suma de 100.000 millóns de dólares americanos en fondos de liquidez para cubrir a sangría de depósitos e, presentar a operación de absorción do “Credit Suiss”, póla “Unión de Bancos Suízos”, como algo calmo e tranquilo.

Había outra solución, que como sabemos, os gobernos capitalistas foxen como o “diaño da cruz”, se trataba da nacionalización do referido Credit Suiss.

Non podemos deixar pasar unha mentira, flagrante e que só non a pode ver, quen non quere. Se trata de dicir que este regate se fai, sen utilizar diñeiro nin crédito público. Isto alén dunha mentira é unha total tonteria.

Xa enriba referimos que os bancos se afrontan a unha retirada de depósitos masiva e, como tal permiten o recurso a través dos instrumentos referidos, pedir prestado a un ano, garantidos con “bonos” públicos.

Esta crise, é distinguida da de 2008, pois, está estoura na banca retallista e non como a anterior na banca de investimento.

Tampouco cremos, que o problema das “perdas non realizadas”, sexan só uns cantos bancos nos EUA, así como, a unha media ducia de bancos europeos.

Segundo os datos dispoñíbeis, 10% dos bancos ten unha capitalización máis baixa do que o Silicon Valley Bank e, se as sumarmos (as perdas non realizadas), podemos dicir sen errar, que estas se cifran en algo como en 2,7% do PIB dos EUA, ou sexa cerca de 620 mil millóns de dólares.

Queremos deixar aínda unha nota que nos parece esencial, se trata de que, se a Reserva Federal continúa aumentando as taxas de interese, os prezos dos “bonos” caerán aínda máis e as perdas non realizadas aumentarán e, entón, moitos e maiores bancos se encontrarán sen liquidez para afrontar os levantamentos dos seus clientes.

Terminaremos este, coa seguinte previsión, dos especialistas do Goldman Sachs (esta institución, xa se posiciona, na busca de oportunidades de pescar, nas augas turbias da situación presente como é seu hábito), estes calculan que esta crise, está xa a recortar entre 0,3% e 1,2% o crecemento do PIB real dos EUA, para o ano en curso.

Por outro lado, a Apollo Global Management, a través dunha nota do seu xefe Torsten Slok, calcula que os bancos posúen aproximadamente 40% de todos os activos financeiros e, como defensa, se poderían bloquear, o que provocaría unha fortíssima recesión aínda este ano.

Continuaremos o tema.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.