O nazismo acabou ao final da Segunda Guerra Mundial do século XX ou está en pleno desenvolvemento?

despois da independencia da Ucraína, comezaron a operar, para alén do partido de extrema dereita e, en conexión con estes grupos paramilitares nazis ben organizados

Por Jose Vieira

Comezaremos este texto, cunha expresión da señora Secretaria de Estado Condollezza Rice dos Estados Unidos da América do Norte, durante o goberno de G. W. Bush. Esta afirmaba en 2008 o seguinte: “a entrada da Ucraína na NATO, é pasar a maior e máis vermella das liñas, estabelecida pola elite rusa” e continuado, afirmaba “ela creará o terreo fértil para unha intervención da Rusia na Crimea e na Ucraína oriental” e seguindo, “dicía que nas súas conversas, de máis de dous anos e medio, deixou de ouvir desde os fiedes apoiantes de Putin aos máis ferreos dos seus críticos, unha unanimidade, pois todos veñen nesa posíbel entrada da Ucraína na NATO, como un desafío directo á Rusia”

Mais imos máis alén, o actual director da CIA, o señor William Burns, que fora embaixador da USA, na Rusia entre os anos de 2005 e 2008, se mostrou sempre en contra da entrada da Ucraína na NATO.

Desde o ano da súa chegada á embaixada dos USA en Moscova e, na altura do alargamento da NATO, á Polonia, República Checa e Hungría, Burns, fixo saber ao entón Presidente da USA, Bill Clinton, que a posíbel entrada sería non só “prematura, como na mellor das hipóteses, non só innecesaria e até sería unha provocación, no mellor dos casos”.

Ambas as citacións foron recollidas dun documento do profesor Ronald Suny da Universidade de Michigan de 28/02/2022.

Agora, pomos nós unha pregunta, a cal non sabemos contestar, que podemos formular da seguinte maneira:

Coa progresión da NATO para interior liches, será que aumentou a seguridade dos países da Europa ou polo contrario os tornou máis vulnerábeis?

Tanto como se coñece actualmente, xa en 2008, os servizos secretos americanos, escribían que “no caso de que proseguise a política da expansión da NATO para as fronteiras da Rusia existía un risco serio e real, da Rusia conducir un ataque preventivo, non limitado á a anexión da Crimea, mais si, unha gran operación militar contra a Ucraína.

Nestes momentos, só vemos unha actitude levada a efecto polo Presidente Barak Obama que en 2014 e, perante a ocupación da Crimea pola Rusia, non permitiu que se entregase armamento moderno a Ucraína, dando como xustificación que viñese a aumentar a intensidade do conflito e resultase nun motivo para que Putin invadise a Ucraína.

Mais os gritos contra a expansión da NATO, superando as motivacións que a levaron a súa creación, veñen de moi antes.

Lembremos a posición dun dos máis acérrimos opositores dentro dos USA, George F. Kennan, que foi un dos principais responsábeis pola política externa do dito estado, e tamén un dos asinantes dunha carta ao entón Presidente dos USA, Bill Clinton, indicando que esa expansión era un erro político de proporcións históricas e, seguindo ese texto dicía: “que perturbaría a paz europea, arriscando provocar un conflito mundial sen sentido coa Rusia, pois, esta non deixaría de ver nesa expansión, como unha provocación dos USA, a través do seu instrumento militar disfrazado de colectivo, designado NATO.

No mesmo sentido e tamén en 1997, Robert McNamara, consideraba e o comunicou así como o publicou, que a integración da Ucraína na NATO sería un grave erro político.

Recordemos as palabras dun home político de dereita portugués, ex-secretario xeral do antigo partido de dereita Centro Democrático Social (CDS) e, antigo Ministro dos Negocios Estranxeiros, así como tamén antigo Presidente da Asemblea Xeral da ONU, afirmaba en entrevista á Rádio Televisión Independente (TVI), canle portuguesa, en 4/4/2014, o seguinte: “é obvio que a Rusia violou o Dereito Internacional (é profesor universitario de dereito internacional) ao incorporar a Crimea, da forma como o fixo” e engade, “agora tamén é obvio, a meu ver, que o mundo occidental está xa hai dous ou tres anos a desestabilizar a vida interna da Ucraína, para ver se consegue que esta entre para a NATO”.

Perante os testemuños deixados enriba e, perante todo o que se está a pasar e o máis, que aínda se irá acontecer, non nos admiramos desta invasión se ter realizado e, moi menos, os señores da guerra como son os americanos.

Non debemos nunca esquecer, que a USA posúen na actualidade, de máis potente arma de destrución masiva, da paz internacional, que dá polo nome de CIA e, que naturalmente, é a responsábel pola case totalidade dos conflitos militares en todo o mundo, así como a instigadora das actividades fascizantes na Ucraína.

Non podiamos deixar de referir un artigo de Henry Kissinger antigo Secretario de Estado americano, que nun seu artigo, no The Washington Post, en 5/3/2014, informaba de que a Ucraína sempre estivo sobre o dominio estranxeiro, sendo unicamente un país independente desde 1991, ou sexa despois da liquidación da URSS.

Máis, este tamén se refería e informaba, que a Crimea só estaba integrada na Ucraína, en 1954 (na URSS), cando Nikita Khruschev, era secretario xeral da URSS e, o foi, no ámbito das conmemoracións dos 300 anos dun acordo entre a Rusia e os cosacos (todo dentro da antiga URSS). Debemos recordar que máis do 60% da poboación da Crimea é de orixe rusa.

Tamén todos sabemos que a señora Victoria Nuland, representante da extrema dereita americana, que foi embaixadora dos USA na NATO, o tempo de G. W. Bush, foi quen montou a celebre masacre da Praza de Maidan (na Ucraína) conxuntamente con Andrei Parubi, para poder colocar no poder os políticos que estarían desde esa altura ao servizo dos intereses americanos. Parubi chegou a ser presidente do Parlamento ucraíno, que tras o masacre de Maidan, deixou de ter representación das diversas forzas democráticas, para ser monolítico, ou sexa, de partido único, como os antigos estados nazis, todo isto desde ese golpe apoiado polos americanos.

Só para recordar como existen derivas racistas por parte dos ucraínos, basta recordar as palabras dese señor, Andrei Parubi que en setembro de 2018 afirma “o maior home que practicou a democracia directa foi Adolfo Hitler os anos trinta”.

Non podemos deixar de recordar, que pouco despois da independencia da Ucraína, comezaron a operar, para alén do partido de extrema dereita e, en conexión con estes grupos paramilitares nazis ben organizados, sendo entre outros, os máis coñecidos, os chamados batallóns AZOV, AYDAR, C14, PRAVY, DNIPRO 2, SHAKTARSK e POLTAVA, cuxos seus elementos integran os gobernos de Zelensky.

Desde os seus inicios estes grupos utilizan como símbolo a cruz suástica, así como outros símbolos das SS hitlerianas.

Debemos non obstante recordar, que con estes grupos nazis, proclives ás limpezas étnicas na Ucraína, consideran que quen non sexa capaz de presentar un rexistro civil non unicamente ucraíno, serán obxecto das chamadas “limpezas étnicas”, que polo momento fixeron caer en fosas comúns máis de 15.000 ucraínos desde 2014 até agora.

Para vermos estes procedementos, con máis claridade, basta recordar que o goberno do señor Zelensky, publicou a lei de 1/7/2021, chamada lei sobre os pobos indíxenas da Ucraína, que consagra unha política baseada na pureza racial da nación ucraína, en nome da superioridade xenética dos Ucraínos puros sobre os rusos, que son considerados sub-humanos. Así os demais ucraínos, nomeadamente os eslavos, son considerados, seres inferiores, unicamente humanoides. Esta ten sido a política empregada polo aparello de estado, a que chaman e pregoan como sendo a “cruzada branca” contra os negros da neve.

Non hai calquera dúbida de que estas leis así como o procedemento seguido, faría envexa aos propios nazis hitlerianos, do terceiro Reich Alemán.

Estamos perante unha limpeza étnica, entre outras e graves cousas, que ocorren o día a día, no territorio da Ucraína. E o máis grave é co apoio da covarde Europa, sometida aos intereses da industria militar (coñecida con industria da morte), americana e do seu axente e propagandista Joe Biden.

Terminamos asi este texto, volvendo brevemente a outros pormenores sobre este mesmo asunto.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.