Está estabelecida unha guerra entre dous partidos, un que goberna actualmente en coalición, con partidos minoritarios, cousa que a dereita non é capaz de tragar, e o outro que xamais se coligou, é o herdeiro do anterior réxime e, por tanto, só el ten dereito a ditar a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Por Jose Vieira
Non é moi habitual, da nosa parte, nos inmiscir en campos, onde a nosa presenza non se encontre no seu “hábitat” natural. No entanto, por veces os éxitos son de tal maneira gritantes, que somos tentados a nos extrapolar.
O que nos tras a esta incursión fóra do noso medio, é sentir que non entendemos moito ben, o mellor non entendermos de todo, o que se está a pasar, no mundo da política e, moi concretamente, na aplicación das reflexións de Montesquieu sobre as separacións de poderes.
Quen era este señor, que reparaba no nome de Charles Louis Secondat, se trataba dun filósofo francés, nacido en La Brède, do departamento de Bordeus, en 1689 morrendo en París en 1755. Na súa formación seguín a tradición familiar e estudou dereito. Foi elixido como parlamentario do Parlamento do seu departamento de Bordéus, permanecendo nese posto desde 1716 a 1727. Como se facía até entón, vendeu o seu posto e, viaxou por toda a Europa de entón, para coñecer os diversos regímenes, téndose sentido particularmente atraído polo sistema británico.
Este, mentres, xa se tiña tornado coñecido pola publicación, en 1712 de “Cartas Persas”, onde dunha forma sarcástica criticaba a sociedade francesa de entón. Este texto permitiulle entrar na Academia Francesa. Logo se notabilizou, cun escrito, de que foron publicadas 22 edicións, só durante a súa vida, así como múltiples traducións, se tratou da súa obra principal denominada “Do Espírito das Leis”.
Se trata dun escritor, que se integra no criticismo da chamada corrente da Ilustración francesa, que pretendeu compartir a tolerancia relixiosa, co espírito da liberdade, contra as vellas tradicións e institucións, como por exemplo a escravitude. No entanto, convén rizar que Montesquieu, abandonou o racionalismo abstracto, impregnado do método dedutivo, que outros compañeiros da ilustración perfilaban, para encontrar un coñecemento máis real e concreto, de cariz relativista ascético e naturalmente empírico.
Na súa análise Montesquieu, sempre tivo eloxios para a república, aínda que, tamén afirmase que sería posíbel vivir en liberdade nunha monarquía, restrinxindo para iso, a necesidade dunha separación de poderes para que se estabelecese un equilibrio no Estado.
Dade a súa separación dos poderes en tres grupos, o lexislativo, o executivo e o xudicial.
Comeza exactamente neste punto, a nosa razón de entrar neste tema, no presente texto.
Así un parlamento elixe o goberno, fai as leis, se trata do poder Lexislativo e, o goberno as executa e vixía a súa execución, de aí ser o Executivo e, finalmente, cando estas son desrespeitadas, os tribunais interveñen, repondo a legalidade lexislativa, son o poder xudicial.
Segundo o autor en referencia, e habitualmente seguido desde entón, é esta a práctica seguida.
Nun outro escrito, da pena de John Locke, estas ideas de Montesquieu, estaban a ser a ser traballadas, dunha forma máis acabada e máis precisas, do que as iniciais de Montesquieu. No entanto este as recolleu e fixou.
John Locke, naceu en Wrinston, Somerset, do día 29 de agosto de 1632, na Inglaterra morrendo en igualmente nese seu país en High Laver, Essex a 28 de 0utubro de 1704. Ao contrario de Montesquieu, Locke era médico e filosofo. A súa influencia como filosofo foi enorme, é mesmo considerado o pai do liberalismo clásico, sendo o home do celebre concepto da táboa rasa do coñecemento, que leva o seu nome “táboa rasa de Locke”. Influenciado por Francis Bacon e á súa vez influenciador de Voltaire e Jean Jacques Rousseau. As súas ideas influíron nos revolucionarios dos Estados Unidos, tendo a súa influencia sido clara na Declaración de Independencia dos Estados Unidos da América.
Ambos, son referentes en la filosofía do dereito e, como non, da repartición tripartita do poder.
O que queremos dicir, é que os atropelos á repartición de poderes non poden nin deben ser ignorados polos señores expertos en leis e, igualmente polos políticos que os utilizan, a seu belo pracer.
O que nos tras a este texto, é a falta de respecto á lei ou a incoerencia, de certos políticos (ben determinados), que non saben, ou que non lles importan o dereito Constitucional pois, están por cima de todo e de todos, como tal, as regras son as súas, tal como, o tempo dos cowboys.
Por iso, están a converter o noso país nun estado absolutista pois, o Estado, son eses señores e, cando as cousas se lles torce, sempre teñen os seus amigos distribuídos pola xudicatura e, esta, interpenetrará cos outros poderes, sobrepóndose á repartición de poderes.
Así como facía Luís XIV, rei de Francia, o “rei Sol”, tamén estes señores se afirman, que o Estado, non é distinguido deles pois, SON ELES.
Máis, aínda non aceptan, que están nun Estado de dereito e democrático, non aceptando, que xa non son só dous partidos a ser alternativa de poder, habendo outras alternativas democráticas de composición do lexislativo, que teñen a obriga de respectar e de non pisotear os dereitos dos cidadáns.
Se non vexamos, está estabelecida unha guerra entre dous partidos, un que goberna actualmente en coalición, con partidos minoritarios, cousa que a dereita non é capaz de tragar, e o outro que xamais se coligou, é o herdeiro do anterior réxime e, por tanto, só el ten dereito a ditar a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Como este órgano cúpula do poder xudicial, está xa fóra da súa “validez” (peor que os yoghurts, pasados de data de validez), o partido que non está no Goberno, se rexeita a permitir a súa substitución pois, non quere perder o control político, que estabeleceu nese órgano pois, posúe a maioría dos seus membros, afetos ao seu partido.
O mesmo acontece en todos os outros órganos, ou sexa, do Tribunal Constitucional e do Tribunal de Contas.
Cabe aquí outra referencia a unha frase moi célebre polo sentido negativo que ten tido para a democracia, que soa máis ou menos así: “todo se caída atado e ben atado”.
De aí, entre outras circunstancias, está a necesidade de 3/5 dos votos, quere do Congreso quere do Senado, para ser posíbel a renovación dos cargos en cuestión.
Aínda queremos referir, que a propia Constitución estabelece unha determinada orde secuencial (a orde de renovación foi feita para ser respectada e seguida), para a renovación dos respectivos cargos, primeiro se elixiría o Consello Xeral do Poder Xudicial, logo o Tribunal Constitucional e despois o Tribunal de Contas.
Como non podía deixar de ser, ese partido seguidor de que todo este ben atado, non respectou, unha vez máis a Constitución española, facendo un acordo “trampa” co Goberno de quenda, renovando o Tribunal Constitucional, por forma a bloquear a posibilidade de renovar, os outros órganos, a non ser cando e, nas circunstancias, que lles conveñan.
Non somos expertos na materia, pero temos ouvido algúns constitucionalistas dicir que esta renovación imposta por ese partido herdeiro de o” todo ben atado”, é “manifestamente anticonstitucional” (debe ser lido o artigo 97 da Constitución).
Outro caso recente, parece ser a defenestración (non saíu pola xanela, mais si por unha porta traseira) dun deputado ao Congreso, dun dos partidos da coalición de Goberno. Nos parece unha inxerencia, perfectamente inacreditábel, do poder xudicial, sobre o lexislativo. Acaso, os asociados do tal partido herdeiro do réxime do todo ben atado, poden invadir as competencias dos outros poderes? Ou debemos considerar que o poder xudicial, coa actual composición partidaria, está por cima dos outros poderes do Estado?
Nos quedamos no túnel da escura e angustiosa dúbida!
Pensabamos, até aquí, que nun réxime dito democrático, o pobo era soberano pois, agora xa non temos esa certeza (antes pensabamos que, unha democracia, era un sistema político, que defendía a soberanía do pobo e o dereito a estes de elixir e controlar os seus gobernantes), agora temos dúbidas de estarmos fóra de tempo.
Nos caben, de novo dúbidas. No entanto, unha sentenza do Supremo Tribunal (poder Xudicial), a través dunha presión intrusiva (1) sobre a Presidenta do Congreso (órgano lexislativo), esta tivo que concretar a expulsión dun deputado, que fora elixido polo pobo soberano.
E estas dúbidas, así fican disipadas.
Hai poderes, conforme estes casos, que son máis que outros e, que se poden mover por onde lles dá as ganas.
Por estas e por outras razóns, moi parecidas é que deixamos de ir ao fútbol e pasamos a ir asistir ao xogo dos bolos pois, aquí as discusións son máis pacíficas e, ao mesmo tempo máis leais.
Nota:
(1) – Se parece moito, cunha entrada, sen ser convidado, na casa dun veciño e, o expulsar, da súa casa, só porque non se gusta da cor e do penteado do seu polo. En fin cousas dos tempos que corren!
Se el primero en comentar