O Pazo de Meirás é un lugar esencial para a Memoria das Vítimas do franquismo

Por Jose Vieira

Estas torres amuralladas foron construídas pola escritora Emilia Prado Bazán, no termo municipal de Sada, na Galiza. O inicio da súa construción foi dado como o ano de 1893. Esta edificación está clasificada desde o ano de 2008, como Ben de Interese Cultural.

Este pazo foi residencia de verao do ditador Francisco Franco, até a súa morte en 1975. A pesar do ditador xa morrer, a referida propiedade continuou na posesión dos herdeiros, da súa filla, Carmen Franco (1), que ostentaba o título nobiliario de Duquesa de Franco, Marquesa Consorte de Villaverde, Grande de España (título que ostentou durante 42 anos, ou sexa, até a súa morte). Máis, tarde perante as controversias sobre a lexitimidade de tal patrimonio, os herdeiros (María del Carmen Martínez-Bordiú e Franco), a puxeron á venda, non tendo até ao ano de 2018, habido demandantes á súa compra.

Súa nai, María del Carmen Polo y Martínez-Valdez e esposa do ditador, asume o título de señora de Meirás, tras a morte de Franco. Morreu en 1988 a 6 de febreiro, coa idade de 87 anos. Está enterrada no cemiterio de Mingorrubio, no barrio do Pardo e, en 2019, se xuntaron os restos de Franco, despois de ser exhumado da Basílica de Vale dos Caídos.

Reportándonos ao 3 de setembro de 2020, e por unha sentenza do Tribunal, determinou que o Pazo de Meiras, é propiedade do Estado Español e non da familia do ditador Franco.

Claro que se xuntou a celebrar a festa, como non podía deixar de ser, o representante político dos saudosistas, o presidente da actual Xunta da Galiza. Tendo até afirmado na altura “que o vin como o triunfo da defensa dos intereses comúns, produto dun consenso”. Moita cara, para tan pouca vergoña.

No entanto, a sentenza da xuíza María Canales, non é firme, tendo os propios avogados do estado, admitido que vai ser larga e difícil, a súa posesión definitiva e, os Franco van poder veranear no pazo respectivo, até que, a decisión sexa definitiva.

Por esa razón, loitarán até ao infinito, pois, saben que a alta maxistratura (Consello Xeneral del Poder Xudicial), que descende como sabemos das antigas estruturas franquistas. Debemos ter presente, o bloqueo para a súa renovación, por parte do partido principal dos herdeiros do anterior réxime, o PP, co seu máximo representante á cabeza, Pablo Casado. Por tanto, como tal, este órgano que está en funcións, está composto maioritariamente, por elementos que representan o pasado franquista.

Outra cousa, é o que realmente defenden as entidades empeñadas na restitución do Pazo, ao Estado español, falamos do axuntamento de Sada, da Deputación Provincial, a alcaidesa da Coruña e como non, se mete na cola, o Presidente da Xunta.

Se resalta, co máximo destaque, a loita incansábel, persistente e obxectiva desenvolvida, para a recuperación do referido pazo, das Asociacións de Memoria Histórica.

Non podemos deixar de referir o conxunto de fotos que o municipio da Coruña, mostrou publicamente no centro da cidade, para sensibilizar as poboacións dos usos que o respectivo Pazo, desempeño antes de ser usurpado pola familia de Franco. 

Cambiemos, un pouco para tras pois, queremos referir, que tamén neste momento, se terá que discutir con moita atención, as consecuencias que están implícitas no anteproxecto dunha nova lei da Memoria Histórica, que o consello de ministros do Goberno de España, presentou en 15 de setembro de 2020, sobre este e outros temas de restitucións de bens patrimoniais. Pode non ser, este texto, algo que facilite a recuperación como debía de ser. A ver imos!

O anteproxecto de lei, que se encontra en fase de discusión, se compón de 66 artigos, agrupados en 5 títulos. Abaixo indicamos como se pode obter, para se tomar coñecemento e, se poder discutir e suxerindo as alteracións pertinentes (1).

Presumimos, que será unha tentativa de se tornar máis equitativa a xustiza para as vítimas da Guerra Civil, así como, os medios de recuperación e de máis garantías, que continúan aínda en practicamente en accións illadas e sen o apoio que debía ter dos gobernos centrais, así como dos autonómicos. E como non podía deixar de ser, nada de reparacións e, as impunidades seguen como sempre, tamén iguais a cero.

Por iso, supomos e esperamos, que o pasado día 18 do corrente mes e ano, se adiantase as estratexias a seguir, no encontro telemático, convocado pola IGM (siglas da Iniciativa Galega pola  Memoria). De calquera maneira, pola lectura, que temos feito, este referido anteproxecto, non constitúe nada de mellor, en relación á anterior lei da Memoria Histórica de 2007 (lei 52/2007 de 26 de decembro e publicada no BOE-A-2007-22296), quere no que di respecto, aos seus termos, quere xurídicos ou políticos, nin mostra que se faga unha certo corte definitivo, co modelo español de impunidade.

Esta convocatoria, como sempre terá un interese primordial, no entanto, este ano, terá outros puntos de excepcional acuidade, debido a se poder comentar e propor utilizacións para o Pazo de Meirás, mal sexa, posíbel a súa entrega definitiva, mais, que desde xa, sexan alternativas, dogmáticas e conservadoras, descafeinadas utilizacións, que a Xunta pretende impor.

Fagamos unha pequena reseña do pasado:

Así se constituíu, na Coruña, en 3 de marzo de 1938, unha Xunta pro Pazo do Caudillo, composta polo gobernador civil e varios alcaides da Coruña, así como outras autoridades afíns. En 3 de agosto do mesmo ano, se efectuou a respectiva compra, pola referida Xunta, custando 406.346 pesetas, sendo a vendedora Manuela Esteban-Collantes, que era a viúva do fillo de Emilia  Bazán, Jaime Quiroga  y  Pardo  Bazán (dirixente  carlista eterno  conspirador contra a II República de España. Logo, a primeira prepotencia, da Xunta Pro- Pazo do Caudillo, foi non permitir que a antiga propietaria, puidese retirar os seus mobles e, de máis pertenzas de súa propiedade do referido pazo.

A Xunta se quedou con todos os mobles, así como todo o legado cultural da escritora, incluíndo unha parcela de 3 hectáreas de terreo.

Simultaneamente se constituíu unha Comisión, para acondicionar o referido Pazo, que comezou a recadar fondos, case sempre forzosamente a funcionarios, traballadores de empresas, obrigando os concellos da Coruña a aportaren 5% das súas receita de impostos, para o referido fin. 

Máis, se impuña aos seus alcaides que visitasen persoalmente os veciños para que estes puidesen facer as súas “dádivas voluntarias”. Claro coas respectivas ameazas da orde.

Estamos perfectamente convencidos da necesidade e importancia, das achegas que as Asociacións da Memoria Histórica, poden e teñen todo o dereito de dar a súa opinión, sobre o destino a dar ao referido solar e Pazo de Meirás.

Pois, teñen atrás de si, unha abalizada e larga loita en prol da rehabilitación das vítimas do franquismo, e a reposición da súa dignidade. No entanto, e non sendo desde xa a titularidade inquestionável, se debe poder asentar desde xa, o destino que mellor serve à memoria das vítimas do franquismo. Para se non perder tempo, se e cando, todo estiver resolto, de forma definitiva.

Non pode ser deixada como sempre, a decisión do que será o seu futuro, aos prepotentes intereses da actual Xunta, que sempre se ten revelado contra rehabilitación dos perseguidos e asasinados polo réxime franquista.

Recordemos as ganas da Xunta, de transformar a illa de San Simón, na ría de Vigo, nun lugar de diversión e ocio, en vez de permitir que aquel que foi un dos máis infames, campo de concentración e exterminio franquista, se transforme en Illa da Memoria Histórica.

Por estas e outras razóns, hai que xuntar todas as sinerxías, para obstar a calquera desvío dunha boa e rigorosa utilización do referido Pazo de Meirás, a favor da Memoria, de cantos pereceron ou foron dalgunha maneira vilipendiados e perseguidos polo fascismo franquista.

Notas:

(1) O ducado de Franco, con grandeza de España, foi outorgado polo rei Juan Carlos I, en 26 de novembro de 1975 a D. María del Carmen Franco y polo que na altura posuía o título de marquesa consorte de Villaverde. Esta era a filla de Francisco Franco. Este título, tras a súa morte en 29 de decembro de 2017, podía ser reclamado por calquera de seus fillos. De resaltar ter a súa filla primoxénita preferencia sobre os outros. Negociando Carmen Martinez- Bordiú con seu irmán Francisco e trocaron títulos. Francisco se quedou co marquesado de Villaverde e súa irmá co  ducado, tendo este sido confirmado, polo ministro de xustiza o día 31 de maio de 2018 e publicado no  BOE de 4 de xullo de 2018.

(2)  Pode se ler o referido proxecto de lei no portal da Presidencia do Goberno, como o título de “Anteproxecto de  Lei de Memoria Democrática de  martes 15 de  setembro de 2020”, na dirección Web:  lamoncloa.gob.es

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.