En que etapa económica estamos

Neste momento, podemos concluír sen dificultade, que esta constatación e, que este atraso do indicador do emprego, cando queremos xulgar, se estamos ou non en recesión, encaixa perfectamente cunha análise marxista de crise.

Por Jose Vieira

Os macroeconomistas, acostuman considerar, que cando unha economía presenta tres cuartas partes do seu crecemento negativo, está nunha recesión.

Aínda que estea máis ou menos normalizada esta regra, enriba referida, hoxe por hoxe, existe moitas dúbidas, se podemos considerar, como un bo detector de situación económica e, máis en que punto dun ciclo económico nos atopamos.

Por esta e outras razóns, os economistas, sobre todo os tradicionais e, como non, os políticos que dirixen os principais países, se interrogan se as súas economías, se dirixen a unha recesión ou se xa se encontran somerxidos nela. A outra cuestión, en que os mesmos se encontran perplexos, é se é posíbel saír dela, ou como evitar entrar na recesión.

Queremos, no entanto, adiantar que segundo os datos dispoñíbeis, a idea predominante nos Estados Unidos da América é que estamos a tempo de evitar a chamada recesión.

Este posicionamento parecenos demasiado optimista e, máis, até corre de forma moi visíbel a idea, que mesmo con estas altas taxas de inflación (consideradas xa como galopantes) estas, segundo estes, comezarán a se atenuar, durante o ano de 2023.

Con este raciocinio, parécelles ser posíbel que a Reserva Federal (que é o Banco Central da América do Norte), non teña a necesidade de aumentar demasiado as taxas de xuro, o que así sendo, non estrangularía a economía americana ou dito doutra maneira non restrinxiría os investimentos nin o gasto das familias.

Queremos, indicar un dos argumentos moi utilizados para xustificar “este fica de pé” (teimosía) en que non estamos nunha recesión e que se pode perfectamente capear esta situación.

Tratase dunha opinión optimista. E ese argumento, se alicerza en que se crearon ultimamente, cerca duns 380.000 novos empregos, en media ao mes e, que o estado deste, é practicamente o de pleno emprego, pois, por outro lado, a taxa de desemprego está neste momento, en cerca de 3,6%. Así o argumento utilizado é de cando se está acercando ao pleno emprego, xamais se pode falar nunha recesión, pois, sería un sentido. Este é o raciocinio predominante.

Mais tamén existen opinións máis pesimistas e, que toman como referencia a situación noutros países desenvolvidos e, que xa se encontran en recesión.

De acordo, cos elementos indicadores da economía, confirman a entrada en recesión. Por exemplo, o “modelo Atlanta Fed Now, que sitúa a contratación do PIB nos Estados Unidos da América nunha taxa anual do 1,2%”

Coa debida venia da “Atlanta Fed GDP Now real GDP” estimado para 2022, facilmente a marcha real da economía do imperialista Estados Unidos da América do Norte. Cun valor de cerca dun menos por cento.

Por outro lado, a evolución na zona Euro, que non é nada optimista. Está cerca de menos 2 %.

Volvemos a situación nos Estados Unidos da América do Norte (de agora en diante escribiremos unicamente USA-que é en inglés United States of America), e verificamos que a súa taxa anual do PIB, esvarou, en termos anual -1,5%, referido a este primeiro trimestre e, segundo os datos que na van chegando, non parece que haxa mudanza e, moi menos inversión de sentido.

Cabe agora, tentar comprender porque os economistas ao servizo das grandes institucións económicas da USA, están facendo os máis intensos esforzos, no sentido de conciliar o inconciliábel.

Centramos os esforzos impostos pola dirección do grupo Goldman Sachs, mais non vemos outro horizonte que non sexa unha proxección de crecemento negativo (atención, en termos matemáticos, tratase dun crecemento, no entanto, de sentido negativo, vulgarmente se acostuma a designar por unha caída ou decrecemento, o que é moito pouco correcto).

Os datos do primeiro trimestre, debidamente proxectados, arrastran os datos, a frase que serviu de expresión inicial deste texto: o que nos levaría a aceptar que continuamos cun crecemento negativo neste segundo trimestre e, como tal se verifica a aceptada conclusión de que tres cuartas partes de crecemento negativo, significa a existencia dunha recesión.

O que confunde e é o que intentan conciliar, por exemplo, é que continúa a crecer o emprego, logo os ingresos persoais aumentando (mesmo diminuído as transferencias), o que significa que o Ingreso Bruto Continúa a Aumentar. Esta situación é moi curiosa, pois, o emprego nos USA, non agrícolas, están crecendo a un ritmo anual do 3%, nos últimos tres meses e do 3,7% nos respectivos anteriores 6 meses.

Isto é polo menos o dobre do habitual ritmo no comezo dunha recesión.

Non á dúbida que estamos en algo non típico, por tanto, que desperta a necesidade dunha observación moi máis profunda, para a súa caracterización e como tal encontrar o camiño das posíbeis solucións.

Tamén descubriron os economistas da Goldman Sachs, que se está a desacelerar o ritmo do emprego, a pesar de todo. E máis, por ambos os lados, quere pola procura quere pola oferta de traballo, na industria e no caso dos servizos está entrando en niveis de non contracción.

Claro que de forma evidente, para as empresas cotizadas, estas comezaron xa anunciar o abandono na creación de emprego.

Esta constatación, o que parece a noso ver significar, é que os índices referentes ao emprego, están manifestamente desaxustados (significa que transmiten unha información máis tardía, se atrasan en relación a evolución económica).

Neste momento, podemos concluír sen dificultade, que esta constatación e, que este atraso do indicador do emprego, cando queremos xulgar, se estamos ou non en recesión, encaixa perfectamente cunha análise marxista de crise.

O que acontece nestes casos, é que os empresarios ao se daren conta da situación, deixan de investir e proceden a despedimentos de man de obra e, na medida do posíbel, fan a redución dos salarios do persoal que se manteñen ao servizo.

Estes últimos días, xa parece que os macroeconomistas da Goldman Sachs, admiten a hipóteses de que os indicadores de que dispoñen mostran unha evidente tendencia negativa.

Por iso, estes conclúen que hai unha probabilidade de cerca de 30%, de entrar en recesión no inicio do próximo ano, no entanto, do 48% de probabilidades do ser durante o ano de 2023, conxugando as probabilidades será máis axustada esa recesión xa o ano en cuestión.

No entanto, como non queren admitir, pois, a política non o permite, estes mesmo así, non queren ver de forma clara, unha recesión no seu horizonte, se limitando a admitir un crecemento moito máis débil e, que hai nebulosidades no horizonte ou que pode que veña a xurdir algo de recesión.

Sen matices, que a política esixe e, como tal, así acontece, pois, este Grupo Goldman Sachs é unha das institucións farol e, de mando, no mundo económico e político de hoxe.

Con todo isto na carteira de preocupacións dos señores da economía americana, o que os tras en coidado é que na respectiva economía, continúen a se manteren altas taxas de inflación e se o desemprego se mantén baixo (coexistencia de inflación e alto emprego), o que estiman é que pode ser necesario pasar dúas recesións seguidas, para poder acabar coa inflación e, como tal, destruír postos de traballo será obxectivo da Reserva Federal e demais autoridades americanas (isto mesmo xa aconteceu os anos que mediaran entre 1980 e 1982, do século pasado, en que se desenvolveron unha dobre recesión).

Imos agora nos centrar no caso do petróleo, ou sexa, dos combustíbeis fósiles.

Vamo-nos centrar no caso da Rusia, do seu petróleo e gas, e da súa invasión á Ucraína, e como non, das sancións que a USA impos que a Unión Europea, aplicasen ao invasor. Queremos desde xa insinuar, que estas sancións, como en anteriores nosos textos temos exposto, os resultados negativos, caeron como era de esperar, sobre a Europa, pois, esta é naturalmente dependente do subministro desas materias primas da Rusia (combustíbeis fósiles, materias primas e cereais).

Unha vez máis a USA, usou o seu egoísmo de imperialista, pondo de xeonllos a Europa, por falta de capacidade de esta ter identidade propia, pois, demostrou unha vez máis que só serve de colonia da USA.

Estas sancións e a guerra entre a Rusia e a Ucraína, veu a ser unha excelente ocasión, cremos debidamente programada e, moi ben aproveitada, diriamos de forma redonda, para resolver múltiples problemas da súa economía.

Primeiro apelaron ao problema humanitario, forma de facer chorar os europeos e pronto venderen armas que estaban en stock nas grandes empresas de armamento da USA. De seguida venderen excedentes de gas e petróleo, así como, serviron de intermediarios no abastecemento a Europa deses combustíbeis e demais produtos, obtendo os chamados beneficios extraordinarios.

Máis, agarda que a guerra termine e, para iso é quen está a ditar os tempos de guerra á propia Ucraína, para cando esta termine, as empresas de construción e rehabilitación da USA, entraren a facer a reconstrución do país, e realizaren beneficios de loucura como no caso do Iraq.

Claro que a Unión Europea, non viu ou mellor non podía facer outra cousa, que non fose aceptar o liderado da USA, deixándose caer nunha recesión brutal que neste momento aínda só está no inicio.

Quen son os responsábeis por esa recesión espantosa que nos espera, que tamén se transmitirá a USA, mais debidamente amortizada, pois este pais é practicamente autosuficiente e non sufrirá, nin de lonxe, o que os parvos dos europeos van sufrir, enchendo as arcas da USA.

A resposta non ten calquera dificultade, non é só a invasión da Ucraína pola Rusia, mais si por tres ordes de problemas cuxa responsabilidade cabe aos americanos. En primeiro lugar, premeron e motivaron os países do entorno xeográfico, da Rusia, para formar parte da OTAN (facilitando e participado na toma de poder na Ucraína, polo dirixente xudeu de extrema dereita, Zelenski (non tendo intermediario diplomaticamente, antes da invasión, para a evitar, pois tiñan interese en que houbese un clima de guerra); en segundo lugar, por quereren vender os stocks de material de guerra, das empresas americanas que son os maiores produtores deste tipo de material do mundo; e finalmente en terceiro lugar, ao impor sancións económicas, a Rusia, sabían que non os afectaría, mais si á Europa e, que traería unha maior dependencia desta dos USA e, que tamén lles permitiría, substituír a Rusia como provedor de combustíbeis fósiles e de máis armamento. Negocio redondo.

As consecuencias son as que estamos a ver e, a sentir, mais que aínda imos nos preliminares pois, o que vén a seguir, será aínda moi máis espantoso.

E queremos recordar que o corte das compras a Rusia de combustíbeis fósiles, lle ten vindo de perolas a este país, pois, a substitución de clientas, ten lle traído obter moito máis e mellores receita aos cofres da Rusia.

Quen esta a perder nitidamente, é a Unión Europea, que está abrazos cunha recesión en marcha, que se está acelerando, coa destrución do equilibrio socioeconómico das súas poboacións.

O resultado líquido, é o desexado e proxectado, polos americanos creando, iso si, a xa case total colonización da U.E.

Concluímos que a etapa en que nos encontramos, infelizmente non é outra que non sexa a total dependencia dunha Unión Europea, que sen enxeño nin gloria, é hoxe un patio de recreo do imperialismo americano, emerxido nunha espantosa RECESIÓN imposta polos ESTADOS UNIDOS DA AMERICA DO NORTE.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.