Podemos falar entre outros crimes americanos de autentico exterminio de poboacións, as súas intervencións, na Guerra da Corea, na Guerra do Vietnam, no golpe contra-revolucionario na Indonesia, na eliminación de máis de 10% da poboación maubere en Timor Leste, na invasión do Iraq
Por Jose Vieira
Para a inmensa maioría dos mortais, a importancia do que pasa nos bastidores do poder, non os atrae minimamente, pois, se xulgan posuidores de toda a información que realmente lles interesa e, máis, toda a que vaia encontra da que posúen e, que “xulgan” (os xuízos que fan son, para cada un, verdades absolutas), son os certos, dunha forma definitiva e, non calquera outros.
A maioría das poboacións, posúen a información e a convicción, de que son os posuidores de verdades absolutas, pois, cren que todo o que lles é transmitido pola comunicación social, é a verdade do que está sucedendo, por todo o mundo, ben no pasado ben no momento PRESENTE.
Esta é a raíz do pensamento, que trae a total tranquilidade, aos manipuladores da comunicación social, en todo o mundo.
Así, tras a divulgación efectuada en decembro de 2006, proveniente de todo un traballo que se tiña iniciado en xullo dese ano, por Julian Assange, o creador de WIKILEAKS, ten vindo a aumentar, a filtración dos documentos, que mostran como as autoridades manipuladoras, nos veñen a enganar, sistematicamente e, desde sempre.
Estas manipulacións, están debidamente comprobadas en máis de 1,2 millóns de documentos, que a organización referida (cuxa actividade non ten animo de lucro), conseguiu cun esforzo hercúleo, contra os poderes constituídos, sempre criminalizado por dicir a verdade.
A filtración destes documentos débense a fontes en que se preserva o anonimato, sendo estes documentos de contido sensíbel e, perturbador para as poboacións, indo encontra dos seus certos intereses e, que as administracións ocultan aos cidadáns.
A divulgación destes documentos está xestionada por The Sunshine Press. Estas informacións se encontran na internet, colocadas na web do mesmo nome (WIKILEAKS).
Actualmente xa se encontran diversificadas por necesidade de se manter a información, por outras redes máis, defendidas das actuacións dos principais perseguidores (sobre todo administración americana e como non, de todos os gobernos seus aliados), e cuxo acceso é máis protexido.
O fundador desta liña de información real sobre documentos que de forma xeral eran secretos, para o grande público, pois, están en contra os intereses da maioría da poboación, levou a que o Goberno dos Estados Unidos da América do Norte, crease unha tea criminal, para poder perseguir en calquera parte do mundo o seu fundador, Julian Assange, tendo este estado máis de 10 anos refuxiado na embaixada do Ecuador en Londres, sendo de aí entreguado ás autoridade inglesas, para que sexa expatriado para a América do Norte, tras o golpe de estado favorábel aos Estados Unidos no Ecuador e, como non, estivo aí a mans das axencia de espionaxe e acción secreta americana.
Estamos perante un engano criminal as poboacións, de todo o mundo, efectuada dunha forma hipócrita e verdadeiramente prexudicial para a boa paz, fraternidade e solidariedade universal.
Estamos agora en condicións de revelar, quen son os principais, responsábeis por estas accións, e por máis voltas que se queira dar a investigación, sempre apunta, o señorío case absoluto aos Estados Unidos da América do Norte e os seus servizos máis restrinxidos de espionaxe e manipulación, que realmente se impoñen en todo o mundo, de forma ou autónoma ou a través das súas embaixadas.
Falamos da CIA, unha organización dos servizos secretos americanos, que a par doutras organizacións como a NSA, espiaran non só os chamados individuos ou organizacións dubidosas, como até os propios seus aliados, como o caso de teren sobre escoita e gravación, todas as comunicacións, vía terminal móbil, o tempo en que era o primeiro ministro xaponés Shinzo Abe, como da alemana Angela Merkel, como se veu a descubrir, a través do periódico alemán Suddeuttsche Zeitung.
Recordemos, por exemplo, outro interesante relato de espionaxe en países amigos, revelado polo cineasta, Oliver Stone, que cando preparaba a película, sobre outro dos filtradores de informacións secretas, que eran altamente prexudicial á maioría dos cidadáns deste mundo, Edward Snowden, a organización de espionaxe americana NSA, tiña petición que todos os cidadáns xaponeses sen excepción, fosen espiados. Como o goberno xaponés se negou ao facer, o fixeron directamente os americanos e o continúan a facer.
O entramado de espionaxe, para calquera cidadán que se xulgue libre, é como mínimo impresionante.
Pois, para alén das xa referidas CIA, que é a toda poderosa matriz de todos os males, hai que referir a NSA, a Axencia de Investigación Avanzada de Defensa (en siglas DARPA), o propio Pentágono (centro militar e de espionaxe americano), puxo en marcha outro programa a que designou de primeiras TÍA e, que tras os atentados de 11 de setembro de 2001, aínda que manteña as siglas de TÍA, pasou a chamarse Terrorism Information Awarenes (TÍA).
Recordemos que a dirixir a DARPA, encontrase o home da confianza do presidente máis letal da América do Norte, o pésimo actor de cinema Ronald Reagan e, criminal presidente da extrema dereita social e económica, socia nesa cruzada da inglesa Margareth Thatcher.
Tratouse do almirante John Marlan Poindexter.
Este señor, está implicado en todos os negocios escuros de armamento, e nos apoios aos contra revolucionarios no Centro América, así como nos famosos escándalos do Irán para destronar os aiatolás (este militar é os ollos da cara do señor Donald Rumsfeld), ben coñecido en España.
Volvendo de novo a CIA, o seu poder é de tal orde en todo o mundo, que até os embaixadores americanos están sobre o seu control, tendo esta instalado nas súas embaixadas, sistemas de escoita de tal maneira avanzados e, que están programados de tal forma, que se foren detectados polos servizos dos países hospedes, aparecen programados en linguas, dos países, potencialmente non amigos dos Americanos, como ruso ou chino, para despistar e confundir os ataques.
Tampouco imos pasar por alto, que a pesar da impunidade total que a CIA dispón, tamén xa tivo tamén algunhas derrotas, no seu mundo de actividades criminais, como está relatado en “Foreign Policy”, en que Zach Dorfman, indica que nos finais de 2010 e de 2012, a intelixencia china conseguiu desmantelar unha rede de axentes secretos e espionaxe americana, non só política como industrial, que durantesmoitos anos estivo activa na China (os chineses non perdoaron e fusilaron os colaboradores chineses).
Até aquí falamos de servizos de espionaxe e, da CIA en especial, mais como se suxire no libro, que consideramos de lectura indispensábel, se trata de “El método de Jakarta” do escritor Vincent Bevins, os crimes da CIA, se confunden cos crimes dos Estados Unidos da América do Norte, ou ao contrario, á praza do tempo que vén desde o medio do século XX e que se ten prolongado a través do século XXI.
Estes crimes, perpetrados polos americanos, para que o dominio do seu país se estenda por todo o mundo, ten sido perfectamente sanguento e impune, pois, unha vez máis, ten estado como elemento preparador e de desenvolvemento, desas accións directamente ou de forma transversal, a prepotente e impune CIA.
As accións defendidas e promovidas pola CIA, á praza do tempo e do espazo, especialmente tras a súa constitución (anos 50 do século pasado), está intimamente ligada a auténticos exterminios, de poboacións que dalgunha maneira perfilaban ideas distintas (mormente comunistas).
Case sempre centraron os seus ollos en obxectivos comunistas, mesmo que fosen pacíficos, e nada revolucionarios.
Son os herdeiros das persecucións que foron protagonizadas, no tras Segunda Guerra Mundial, na América do Norte polo Senador Republicano, McCarthy (Joseph McCarthy, desde febreiro de 1950 a até falecer, denunciou que había unha conspiración comunista, mesmo no Departamento de Estado Norte Americano), que ficaron coñecidas pola “Caza das Bruxas”.
Podemos falar entre outros crimes americanos de autentico exterminio de poboacións, as súas intervencións, na Guerra da Corea, na Guerra do Vietnam, no golpe contra-revolucionario na Indonesia, na eliminación de máis de 10% da poboación maubere en Timor Leste, na invasión do Iraq (preguntamos inxenuamente: estaremos esquecidos de que esta invasión sen fundamento, que non fosen os intereses americanos na zona, non será parecida coa invasión da Ucraína pola Rusia? Máis até na forma dos apoios).
Así que recomendamos a lectura do libro en cuestión, pois, mostra a evidencia como os señores que dirixen as xentes dos Estados Unidos da América do Norte, proseguen unha auténtica cruzada anticomunista, pois, con ese álibi, xustifican perante o mundo, co apoio da comunicación falsa e manipulada, os asasinatos macizos que dalgunha forma, os americanos ten moldeado “o mundo en que vivimos”.
O autor e escritor deste indispensábel libro, dará unha conferencia sobre o tema, o día 27 de febreiro, polas 20 horas no Salón de Plenos do Concello de Cangas do Morrazo, na provincia de Pontevedra, na Galiza.
Se el primero en comentar