O grito

Diriamos que desde 1893, ano en que o pintor executou o respectivo cadro, os seres humanos, poderían ter emocións, cuxas expresións externas, se poderían enmarcar dentro desta pintura. Guerras, xenocidios, desigualdades sociais, racismo, pobreza e como non, crises económicas.

Por Jose Vieira

Sempre nos impresionou o cadro “O grito”, do pintor noruego, Edvard Munch.

Mais recentemente, aínda máis nos pegamos máis a esa pintura, cando nos fixamos que no canto superior esquerdo, o pintor escribira a lapis a seguinte mensaxe “Só pode ser pintado por un home louco”.

Podía non ser escrito polo pintor, no entanto, recentemente, despois de múltiples análises con raios infravermelhos, se pode ter a certeza de que fora o pintor quen o escribiu.

Unha tal observación feita polo propio autor, é para nós tan sensacional, que a noso ver só podía ser escrita por un ser excepcional.

Realmente a expresión e todo o entorno, non pode deixar de impresionar, pola impresión que algo sorprendeu o pintor, que conseguiu como ninguén estampar para a posteridade ese complexo de horror, sorpresa e desesperación.

O mundo estaba e está louco

Diriamos que desde 1893, ano en que o pintor executou o respectivo cadro, os seres humanos, poderían ter emocións, cuxas expresións externas, se poderían enmarcar dentro desta pintura. Guerras, xenocidios, desigualdades sociais, racismo, pobreza e como non, crises económicas.

Claro que estas nosas referencias, non se esgotan nas calamidades que o home tivo que afrontar desde a data da respectiva pintura.

Sería unha boa idea, falar deste cadro, como representativo dos sentimentos que poden decorrer dun conxunto emarañado de problemas, que se xuntan para crear e manter un estado complexo de crise?

Creo que si, este cadro tamén representa e, moi ben, a angustia que provoca a incerteza, do que pode estar ou a vir a acontecer.

Se acostuma falar, destas complexas crises, entre os iniciados na maxia da economía, como POLICRISES, palabra que reúne en si a responsabilidade de albergar no seu interior, a inflación e a depresión, os problemas ambientais e climáticos, as pandemias, así como os contidos xeopolíticos, como as guerras e os movementos de nacións.

Segundo eses mesmos iniciados, estas situacións, acaparadas nestes catro ou cinco bloques de anos, mostran ou mesmo revelan a “existencia de autenticas distorsións cognitivas asociadas con depresións e outras formas de angustias mentais”.

Parece que durante este período de tempo referido, ten habido máis que suficientes probas negativas do mundo en que vivimos e, máis, todo está a indicar que os respectivos niveis de angustia van en aumento no porvir.

Segundo os tales iniciados, de agora en diante, cognominados de autores económicos credenciados, teñen vindo en aumento e, con particular intensidade desde o inicio do século XX, cremos tamén desde a nosa propia análise, que vivimos nunha grande e larga depresión, que se estende desde o final do século XIX (1895) até a década da gran depresión de 1930.

Desde eses turbos días, as opinións sobre a economía, ten vindo a ser vistas sobre un filtro de negativas perspectivas, para a humanidade e, quizais maiores que até durante as dúas Grandes Guerras mundiais do século pasado.

Podemos mesmo dicir que existe, dunha forma case ou mesmo evidente, nun complexo, que combina unha depresión económica (falamos nun espazo que podemos designar como en Trend), en que os ingresos reais deixaron de crecer e até caeron, cunha pobreza que non ten deixado de crecer, impondo un constante aumento da desigualdade.

Diriamos que falta o investimento, como forma de desenvolver as forzas de produción económica, igualmente como forma de resolver ou acelerar do cambio ambiental (diriamos desastre climático), a que nos estamos a someter, de forma incontrolábel.

Cremos sen calquera dúbida, nin teórica, nin de práxis, que o que estamos a asistir este século XXI, é dunha irresponsábel total, a actitude da maioría dos gobernos dos principais países do mundo desenvolvido e, non só, nunha falta de cooperación global para unir forzas, no sentido de resolver esta POLICRISE e, en vez desa actitude, o que se está a ver, é ao desenvolvemento das indústrias de material de matar (ou sexa, das fábricas de armamento dos principais países desenvolvidos, con especial preponderancia dos Estados Unidos da América do Norte e ultimamente da Alemaña, con coches de combate para servir a Ucraína) e, a intigación da belixerancia internacional, para satisfacer os conglomerados das industrias referidas.

Imos terminar este texto coas palabras do administrador dos programas de desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas (ONU), Achim Steiner que son as seguintes: Estamos a vivir tempos de incerteza, a pandemia de covid 19, xa en terceiro ano, que segue producindo novas variantes, a guerra na Ucraína, que reverbera en todo o mundo, causando un inmenso sufrimento humano, o aumento do custo de vida, máis os desastres ambientais e ecolóxicos que ameazan diariamente o mundo”. Máis adiante engade “as capas de incerteza se están acumulando e interactuando para desestabilizar as nosas vidas de maneiras nunca vistas. As persoas se teñen afrontado a enfermidades, guerras e transtornos ambientais, no entanto, a xuntura de presións planetarias desestabilizadoras con crecentes desigualdades, transformacións sociais súbitas para aliviar esas presións e a polarización xeneralizada, presentan novas fontes de complexa incerteza e interactivas para o mundo e para todos os que viven en el”.

Este texto excelente de Steiner, claro e até conciso, sería importante que os gobernos dos países occidentais o coñecesen e tomasen boa nota, do mesmo e, dunha vez por todas, se impuxesen aos AMOS DO MUNDO, “POIS A XENTE DE TODO O MUNDO ESTÁ DICINDO A GRITOS QUE SE SENTEN CADA VEZ MÁIS INSEGUROS”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.