Por Telmo Varela / Vigo Antifascista
Todo aquel pensamento, corrente ou ideoloxía que non concorda co nacional-catolicismo é inmediatamente atacado polos fascistas, que contan co apoio das institucións e dos medios de comunicación oligárquicos.
Podemos comprobar como no Estado español, os reaccionarios realizan apoloxía do fascismo con total impunidade e permisividade policial. O goberno español, permite manifestacións nos barrios ricos, aos negacionistas saír as rúas sen máscara e distancia de seguridade, mentres prohíben mobilizacións de carácter operario ou, como recentemente, aos do movemento feminista en Madrid.
E todo isto contando coa represión e criminalización do movemento antifascista consecuente, á vez que como aconteceu estes días, a Fiscalía arquiva a causa contra os militares que ameazaban con fusilar nun chat a “26 millóns de fillos de puta”.
En Vigo, a actividade do fascismo, que sempre estivo presente, aumentou coa irrupción de Vox no panorama político. A nosa propaganda e a dos sindicatos e organizacións políticas de esquerda, é continuamente arrincada e boicoteada.
O goberno municipal encabezado polo sátrapa, Abel Caballero, continua co seu hipócrita populismo. Coñecedor da grave situación que sufre o pobo traballador nos barrios, como as longas fileiras nos comedores sociais, xente sen vivenda ou pedindo nas rúas, destina fondos públicos para cuestións “secundarias” como por exemplo, arranxar o inmenso patrimonio da igrexa.
Non tén o mínimo pudor en dicir que a “Memoria democrática representa o pilar central da nosa democracia” ca cidade repleta de simboloxía fascista, pretendendo erguer unha megaescultura reaccionaria no Monte da Guía, e negándose a cumprir a lei de Memoria Histórica aprobada polo PSOE.
Somos coñecedores da grave situación que padecemos.Vigo Antifascista naceu enarborando o eslogan «Frente o avance fascista, resposta popular».
Por iso, continuamos coa necesaria tarefa de construírmos, con humildade e perseverancia, o antifascismo combatente no noso Concello.
Só una resposta organizada nas rúas poderá combater a ameaza reaccionaria, que día a día aumenta.
Sabemos que ese é único o camiño!
Se el primero en comentar