Sermos, o diario galego

Por Daniel Seijo

Dicía Castelao, e creo que con razón, que «somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas«. Hoxe vouvos a falar un pouco diso, dunha iniciativa coa que profundizar na nosa «galeguidade» e o mesmo tempo contribuír a unha civilización un pouco mellor.

O galego está de moda, a nosa comida, o banco máis fermoso do mundo, o camiño, a fariña, a serie de Nacho Carretero en Antena 3, Miriam de OT…, vivimos nunha época na que temos que recoñecer que o tópico e o trendiing non se esquecen da nosa terra, pero que lle imos a facer, non a entenden non. Cando os «foráneos» –perdóeme señor juez de la Audiencia Nacional pero hai moito galegos pero galegos non somos todos, non é cousa de política– falan de morriña, fano cun toque romántico, heroico; case como quen regresa a casa tras un atasco nunha autoestrada galega, pero nós sabemos que non se trata diso, senón do sentimento de tristeza e raiba que cultivan o 83% dos mozos galegos, dispostos a emigrar para atopar traballo. O mesmo sucede co mar, o mar para outros pode ser tan só beleza e goce, pero para nós tamén é morte e vida, concretamente a vida diaria dos pescadores do cerco ou dos mariscadores que se enfrontan indefensos á incompetencia do noso goberno. Con isto quero dicirvos que as cousas soan distinto segundo as experiencia de cada pobo, pero tamén soan distinto en galego. Por iso mesmo Sermos Ou Diario Galego resulta necesario, non por cabezoneria ou por capricho, senón pola necesidade imperante de construír un diario galego aberto, que escoite a todas as voces. Un medio que ofreza espazos para a reflexión, con información veraz, rigorosa e plural. «O verdadeiro heroísmo consiste en converter os soños en realidades e as ideas en feitos.» e hoxe xornalistas valentes, comprometidos e comprometidas, asumen o reto de dar voz á nosa terra cun xornal que cada mañá salga á rúa grazas ao noso pobo, grazas a vós, son conscientes do reto que supón embarcarse nesta empresa, pero confían en Galicia, confían en vostedes.

Desde Nueva Revolución queremos mostrar o noso total apoio a esta iniciativa e por iso animámosvos a subscribirvos a parte do porvir dá Galiza, a ser parte dun medio galego, en galego e para galegos. Porque nós tamén queremos saber canto quedou o Lugo ou o Santo Domingo antes de tragarnos os caprichitos de Neymar, queremos ser conscientes da nosa cultura e o noso tecido produtivo e queremos saber de primeira man o que pensan e din entre outros Beiras, Ana Pontón, Mini, Antón Sánchez, Villares, Carmen Santos, Gonzalo Caballero e Feijóo, aínda que se Feijóo márchase cara a Madrid tampouco pasaría nada, a quen Fraga lla de, Mariano se la bendiga. E de todo isto queremos poder decatarnos en papel, que iso do online está moi ben –non vou agora tirar pedras contra o meu propio tellado– pero cona, con tanta celulosa que nos comemos na nosa terra, polo menos gardar un pouco a vista das pantallitas.

O devandito queridos lectores, se unha peseta dese cada galego, pero non a min, onde ten que dala, quizais…, non isto non era, ah vale, que Galiza necesita a súa propia voz e Sermos O Diario Galego necesita 3 mil subscritoras e subscritores antes do 31 de xullo para poder converterse nesa voz, nun proxecto sólido e perdurable que desterre dunha vez por todas ese mito de que os galegos non sabemos se subimos ou se baixamos, porque en realidade son eles os que nunca tiveron moi claro o que aquí sucede, por iso os compañeiros decidiron que sexamos nós os que o contemos, e xa postos a facelo, queren facelo ben, como o oficio manda. Pola miña banda nada máis, tan só desexarvos saúde e sorte os meus valentes. Que por unha vez ser galegos non necesite de apelidos.

 

Suscríbete

 

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.