
Estes señores, estratexicamente ao día de hoxe, xa dominan toda a administración dos USA, así como o propio poder militar e, en gran medida, o poder da vella, decrépita, adormecida e covarde, Unión Europea
Por Jose Vieira | 16/11/2025
As histórias acostumaban a comezar, por “Erase unha vez” e se reportaban a un tempo pasado, máis ou menos distante.
Falar de ditaduras, é algo que sempre aparece, infelizmente na literatura contemporánea, pois, esa lacra, existe e se torna evidente en moitos países, que son coetáneos coa nosa existencia.
Son moi coñecidas as grandes ditaduras que estiveron na base da Segunda Guerra Mundial, ou sexan a de a Alemaña de Hitler (nazismo), en Italia de Mussolini (fascismo) e no Xapón o réxime totalitario do emperador deus, tendo o desenlace desta eliminado estas ditaduras.
Deixando de lado, o que pasa, fóra do noso espazo peninsular, encontramos que a Península Ibérica albergou dúas ditaduras, que se alongaron durante máis de 40 anos.
É más que evidente que, sobre todo en España, a historia nacional, non é contada nas escolas, colexios, institutos e até en universidades, dunha forma exime, sendo tratada de forma arbitraria e, por tanto, ao sabor da opción política do momento.
Desta maneira, as masas más mozas da poboación española e portuguesas, catalizan a súa rebeldía propia da súa xenerosa xuventude, non para ideas consentidas co seu tempo, mais si, para tempos que descoñecen e que buscan, saltando para o descoñecido.
Este é o seu descoñecido, mais, é o salto que os vai arrastrar para un camiño sen saída e, onde padecerán de todas as limitacións, tras a instalación de futuros réximes ditatoriais ou polo menos autoritarios, que estes mozos coa súa rebeldía, inconscientemente buscaron.
Queremos dicir, que esta masa máis moza dos dous países, España e Portugal, seguen as modas europeas, tal é cal, como dun traxe que hoxe se usa cun determinado aspecto e que antes era de forma distinta.
E porqué os máis novos o fan?
Como enriba dixemos, por ser unha moda que varre os ventos europeos, mais que é, sobre todo, propagandeada polos chamados “influencers”, nas redes dixitais e, non son deste tempo os que non seguen. Entra neste momento o non querer se quedar atrás e facer figura de carca ou anticuado e analfabeto.
Esta situación é perfectamente acelerada, por un correcto desapego destas capas máis mozas da poboación, debido a un completo descrédito dos partidos que desde o final dos anos 80 do século pasado, teñen vindo a alternar no poder.
Estes, ten sido pasto de militantes e dirixentes, ao máis alto nivel, en cada un dos principais partidos, por unha autentica epidemia de corrupción.
Parece mesmo que están a ser pasto dunha epidemia dun virus designado por “corruptus”.
Infelizmente para esta epidemia, que as capas máis mozas detectan e os fan descrer dos partidos das alternativas habituais e, máis, os forzan a dar o salto no descoñecido, reforzando o problema das modas que enriba referimos. Estes partidos de extrema dereita, nada teñen a ofrecer as poboacións, a non ser, peor ensino e privado, saúde privada, servizos públicos todos pagados, dado que toda a Sociedade do Estado de Benestar será o seu primeiro obxectivo, a ser demolido.
Pregunto:
Será que están ditaduras xa no camiño, preparando a súa implantación?
O que está a ser deseñado, mesmo antes do primeiro mandato como Presidente dos USA do señor Trump, é unha nova forma de impor as ganas indiscriminadas de uns cantos poderosos e ricos, que a través das súas empresas, determinan como debe ser toda a administración do país e do mundo en xeral.
É máis do que evidente, que o “Sherif americano, o sr, Trump” foi colocado no poder e, polo menos desta vez, se ve de forma moi máis evidente, do que na súa primeira presidencia.
Mostrase de forma máis evidente, nesta súa segunda elección, a súa submisión, aínda que disfrazada, para a cal foi promovido e patrocinado financeiramente, por ese grupo de multimillonarios, que deteñen o dominio de toda a estrutura administrativa e non só todo o poder do país.
Desde ese dominio, preconizado polos señores das tecnoloxías (homes esencialmente do cluster de Silicon Valey), se pode ver nas chamadas inconstancias de comportamentos do respectivo Trump.
Así como é seu habitual, hoxe todo é branco, logo pasa a vermello para despois ser todo amarelo ou azul, mas sempre impondo ao mundo, o seu poder militar.
Estes señores, estratexicamente ao día de hoxe, xa dominan toda a administración dos USA, así como o propio poder militar e, en gran medida, o poder da vella, decrépita, adormecida e covarde, Unión Europea.
Será a altura para afirmar que se está a aproximar a pasos de xigante, unha nova ditadura, mais agora de nivel mundial e, que podemos designar por
DITADURA POLO AUTORITARISMO TECNOLÓXICO.
Quen son eses señores e cales son as empresas?
Comezaremos por quen son eses señores, que xa comandan o mundo e impón a sua vontade, que os políticos de quenda, desde o goberno dos USA, até aos da Unión Europea, se someten respectuosamente e, así temos:
Peter Thiel, Elon Musk, Marc Andreessen, David Sacks, Palmer Luckey, Alexander Karp, estes son os principais sendo moitos outros “os seus servos” os chamados cabeza de turco.
As principais empresas se poden detectar: Palantir a nai de todas as principais, como, por exemplo, a Anduril seu ramo armado, esta segunda xa impón toda o seu dominio a OTAN. Space X, que tamén está compartindo o dominio da OTAN.
Despois, estes señores, a través de distinguidos fondos, por eles controlados, controlan todo o máis relevante nos USA, se estendendo a Europa en xeral e á Unión Europea en especial, dominando todo o tecido político/administrativo da Alemaña, por exemplo, donde a Bundeswesh, está completamente nas mans da Palantir e da Italia por exemplo coa Starlink dominada por Elon Musk, impondo aí as súas ordes. No Reino Unido, desde o Servizo de Saúde (NHS), a toda a administración que antes era publica, pasando a ser dominada, pola Federated Data Plataform, que pertence integralmente a Palantir.
Non podemos esquecer a Meta, a Open AI, os fondos como xa mencionamos, mais que queremos, resaltar, para vermos como a familia de Trump, está comprometida con estes oligarcas do poder, do mundo occidental, en novembro de 2023, o Donald Trump Junior (fillo de presidente Trump), entrou a pertencer a empresa creada por Peter Thiel e James D. Vance, designada Capital.
Para damos unha pálida idea, de como todo está programado por estes señores que dominaron o mundo (cremos con excepción dos países que pertencen aos BRICS), por exemplo para imporen o actual vice presidente dos USA J.D. Vance, o seu patrocinador Peter Thiel, dono de Palantir, lle deu unha pequena esmola de 15.000 millóns de dólares.
Probabelmente non deben ser precisas moitas palabras máis para que se teña consciencia do que está para vir encima dos que acá están.
Este é o mundo que os votantes do Partido Popular e de Vox, están a axudar a entrar con todos os seus elementos ditatoriais, en España, axudados por unha xeración inconsciente dos danos futuro e, eses votantes, non se dan conta, que están a proporcionar “a entrada das raposas no galiñeiro”.
Terminamos cun extracto cuxa responsabilidade de tradución é nosa, así como a súa adaptación, sendo o texto orixinal de Francesca Bria (investigadora e xornalista francesa) e, consta do seguinte: “Cando os servizos dun Estado xa non poden funcionar, sen recorrer a esas empresas que pasaron a ser as donas de todo, ben administrativamente ben militarmente, como a Palantir e a súa filial Anduril, se converten en prisioneiras dos seus donos”.
Se el primero en comentar