Por Jose Vieira
Atención a BlackRock e as pensións
Comecemos, por saber quen manda, en BlackRock, que é un dos tres maiores fondos do mundo se excluírmos o fondo soberano da Noruega. O seu máximo dirixente se dá polo nome de Laurence D. Fink, sobre a cal, aportaremos o perfil máis adiante pois, agora, situarémonos sobre o que é esta empresa, o seu ramo de negocio, a dimensión, a súa expansión territorial, así como a súa importancia a nivel da economía mundial.
Tratase dun fondo de capitais, ou mellor, unha compañía que xestiona inversións financeiras, considerada neste momento como a maior administradora de xestión de activos do mundo.
Pertence a un grupo de de xestoras de fondos, que son coñecidas por “ big three”, que como tal, componse para alén de “ BlackRock”, de “Vanguard” e de “State Street”, para se dar idea da súa importancia, as tres en conxunto, capitalizan a módica suma de 15.000 billóns de dólares americanos, ou sexa, nada máis nada menos, o equivalente ao Produto interior bruto da China.
Dunha maneira máis perceptíbel para quen siga os movementos da bolsa de Nova York, significa que este fondo por si solo, a Black Rock controla cerca de 90% das empresas que constitúen o índice S&P500, que como sabemos, é o máis importante barómetro da maior bolsa do mundo, onde se encontran cotizadas as máis grandes e importantes compañías actuais.
A sede central deste fondo, sitúanse en Nova York, estando estimado que os activos que se encontran en súas mans para xestionar, segundo os últimos datos da propia empresa, sitúanse en cerca de 8 billóns de dólares, a finais de 2018.
A principal actividade desta empresa, é a conversión dos activos ao seu dispor, nos seguintes “estratexias”: de encaixe variábel, encaixe fixo, xestión de efectivos, inversos alternativas e activos inmobiliarios”.
Teñen un departamento “BlackRock Solutions”, que trata da xestión de riscos, acessoriamente estratéxico, así como, a xestión dunha amplía e variada gama de clientas, coas súas carteiras e conforme indicamos, sitúase nos últimos datos da compañía en cerca de 8 billóns de dólares americanos.
Esta dimensión, torna a empresa nun dos máis grandes e importantes leaders financeiros mundiais.
Esta empresa foi fundada en 1988, na cidade de Nova York, por Robert S. Kapito e por Laurence D. Fink, este último coñecido normalmente por Larry Fink. Só posteriormente os respectivos socios adoptaron o nome de Black Rock.
A súa expansión, foise facendo dunha forma, relativamente rápida, o que significa que a súas formas de xestión atraeron dunha maneira moi positiva os seus clientes e, así os anos noventa, xa se encontraba implantada nos seguintes cidades: Nova York, Londres, Sidney, Hong Kong, Frankfurt, Milán e Dubai. Posteriormente en 2000, implantáronse en: San Francisco, París, Pequín, Bombai, Zurich, Madrid, Moscova, México D.F. e São Paulo.
A gama de clientas é moi variada, no entanto, a súa maior base se sitúa en xestoras de fondos de pensións, de empresas, de administracións públicas, sindicatos e industrias, gobernos nacionais, compañías de seguros, outros fondos de inversións, dotacións fundacións, organizacións benéficas, empresas estatais, fondos soberanos, bancos, bancos centrais, profesionais financeiros, e naturalmente por todo o mundo.
Como verificamos, unha das razóns por por as cales, iremos desenvolver este texto, ten a ver cunha das especialidades desta empresa, que será, como non podía deixar de ser, os fondos de pensións. No entanto primeiro queremos facer unha pequena abordaxe da súa implantación, en España, que é practicamente descoñecida e que, no entanto, é extremamente potente.
Actualmente, reportándonos ao final do ano de 2018, este fondo tiña invertido na banca española cerca de 10.000 millóns de euros, e un pouco máis de 12.000 millóns nas empresas do IBEX 35.
Este fondo posúe as seguintes posicións como accionista: Banco Santander 6%, BVBA 4,991%, Banco Sabadell (chamamos a atención, que este é tamén socia dun fondo voitre norte americano chamado “ Centene Corporation” de San Luis Missouri, que soporta a compra por Ribeira Salude da Povisa de Vigo e, que foi un dos grandes financiadores da campaña ás presidenciais americanas de Donald Tramp) con 3%, Bankinter e Popular con outros 3%, este actualmente integrado no Santander, con 1% na Caixa e Bankia. Pasemos agora a empresas do Ibex 35, Telefónica/ Movistar con 3,883%, Repsol con 3,25%, ACS con 3,2%, OHL e Gamesa con 9%, IAG con 6,2%, Euskaltel con 3,59%, Técnicas Reunidas con 3,055%. Debemos engadir que ao final de 2015 este fondo declarou que facía unha OPV (nunha operación publica de venda) sobre Bluefield European Solar Fund (tratase dun fondo inglés), do 10%, que está a investir cerca de 200 millóns de euros en plantas solares en España.
Falemos un pouco dun dos fundadores deste fondo, e seu principal impulsor y presidente de conselleiro delegado, o señor Laurence Douglas Fink, tamén vulgarmente coñecido por Larry Fink. Naceu en 1952, o día 2 de novembro, en Los Angeles. Nunha familia xudía. Licenciouse en Ciencias políticas, na universidade de California e en 1976, obtén un MBA, en administración de empresas, pola Anderson School of Management. No seu currículo, se destaca comezar como corrector de bonos para a empresa First Boston, chegando a xestor desta firma o ano de 1980. Asume un papel moi importante no chamado mercado de Mortgage- backed security da América do norte. Cando o Credit Suisse, compra o First Boston, este se une a Blackstone, en 1988, tendo este creado a marca BlackRock, tornándose unha compañía independente que el lidera desde entón, a pesar de só asumir a presidencia en 1992.
É un home que chegou a pertencer ao núcleo duro dos apoiantes de Donald Trump, para posteriormente abandonar as súas funcións. Paso por ser o home máis poderoso das bolsas na actualidade. Tamén é un severo crítico das principais democracias mundiais, pois segundo el “sumíronse nunha devastadora disfunción política“ cousa para el inconcibíbel. É extremadamente pesimista coas democracias en especial as europeas.
Como el conseguiu estes éxitos nas bolsas, por todo o lado.? Esta é unha pregunta cuxa resposta está naturalmente posta en dúas grandes vertentes, un conservadorismo e profundo encosto ao poder americano, mostrando unha cara de “home xusto e progresista”, o que contrasta coas actitudes mercantís que toma dunha forma desapiadada, como por exemplo o despedimento dunha parte importante dos seus empregados (eran cerca de 12.000 traballadores e hoxe non chegan a 10.000, tendo o seu volume de negocios aumentado de forma exponencial.
No seu perfil, existe unha característica que ten sido o seu maior trunfo nas súas actividades especulativas, ser a empresa que detén as mellores informacións do mercado.
Como o conseguín?
A través de reunir o maior soporte de información dos mercados financeiros, e os poder utilizar practicamente en fraccións de segundos. Isto se debe a utilización dun sistema informático, dotado dun súper ordenador, formado por seis mil servidores de alto rendemento e que seguen segundo a segundo máis ou menos uns 20 billónss de dólares americanos. A este sistema se chamou Aladino, que recorda algo de maxia, a lámpada de Aladino, pero que tratase unicamente do acrónimo de Asset Liability Debt and Derivative Investment Network, que significa Rede de Inversores en Activos Passivos Débeda e Derivados.
Estas informacións en tempo real que permite operar en fraccións de segundo en miles de campos, que revisan un poder efectivo fóra do normal, se deben a que moitos políticos mundiais que, á súa vez determinan cando, como, con que intensidade determinadas políticas, decidiron, confiar as súas decisións nas mans do sistema creado por este señor Larry e a súa máquina Aladino.
Damos unha pequena lista, de seus confidentes e ao mesmo tempo clientes institucionais: Banco Central Europeo, Banco Central dos Países Baixos, Banco Central de España, Banco Central da Irlanda, Banco Central da Grecia, Banco Central de Chipre, entre outros.
Máis, ten unhas participacións no capital de cerca de 40% das maiores empresas dos Estados Unidos, posúe máis accións no capital, do que os fundadores das seguintes empresas, Google, Facebook, Amazon, Microsoft e Apple.
En Francia máis do mesmo pois, posúe aproximadamente do 5%, nas seguintes empresas: Axa, Renault, BNP Paribas, Bouygues, Total, Vivendi, Societé Xeneral, etc.
No sector da química, tamén o seu dominio é real, está na BASF, DuPont, Monsanto, Linde, Air Liquide.
Para dar un último retoque ao seu poder, basta afirmar, que até ao final de 2018, estaba presente en 17.000 consellos de administración, de empresas por todo o mundo. Son famosas as súas cartas dirixidas todos os anos aos CEOs das empresas onde está a BlackRock, dando as recomendacións que lle interesan. Esas empresas saben perfectamente se non as cumpren eses concellos, as súas administracións saltan polos ares, por súa orde do señor Larry.
Falemos agora dun tema, que a dereita está preparando desde a uns largos tempos, sendo os abandeirados, deste proxecto, o Partido Popular Europeo e os seus socios, en cada un dos países da Comunidade Europea. Se trata de entregar o sistema de xubilacións, a este tipo de fondos, estando esta empresa negociando, como sempre na sombra, con algúns dos gobernos da Europa Comunitaria.
Entre os varios figurinos en estudo para as xubilacións, presentan un sistema que se cognomina de xubilacións por puntos, que na mellor das situacións farán tardar a idade de xubilación e peor do que iso, recortarán non só en termos de regalias (por exemplo sanitarias), pero esencialmente no importe de cada unha.
Este sistema, por exemplo, é o que está a ser imposto xa polo señor Presidente da República Francesa e o seu primeiro ministro, tras as negociacións na “sombra” coa BlackRock.
Se el primero en comentar