O casino no que vivimos (IV)

Por Jose Vieira

Falemos de financiarización.

Este termo do vocabulario da economía é algo novo pois, practicamente aparece con algunha insistencia nos últimos vinte anos. Ten aparecido múltiples definicións, do termo en cuestión, no entanto, son case todas, non moi idénticas na súa forma de expresar, no entanto non se afastan do seu real significado.

Comezaremos, pola enmarcar, como sendo un proceso, a través do cal os “intermediarios” financeiros coas tecnoloxías dispoñíbeis, se van apoderando da vida económica e social, dunha maneira xamais até ao momento coñecida.

Así, posta a cuestión, escollemos de entre moitas definicións, a de  Gerald  Epstein ( codiretor e profesor de Economía , da Universidade de  Pinceton,  codiretor do Instituto, de Investigación de economía Política – PERI, Universidade de  Mass  Amherst),  que afirma que “financiarización significa o papel crecente dos intereses financeiros, dos mercados financeiros, dos axentes financeiros e das institucións financeiros, no funcionamento das economías nacionais e internacionais.

É para nós esencial, desde xa, indicar que a financiarización, unha das principais consecuencias á primeira vista, é disparar dunha forma exponencial a desigualdade social, ralentizando dunha forma máis que evidente, a inversión real na produción. Ten sido apuntada como unha das principais presións sobre as persoas e os lugares endebedados, dando lugar a que se chegue a atribuír, esa reponsabilidade, a propia democracia.

Unha forma de se dar conta de como ten sido o progreso desa forma de vida económica, é sen ningunha dúbida, ver como crecen os activos financeiros a nivel mundial.

Damos a seguir un cadro de cómo se desenvolve esa acumulación:

ACTIVOS FINANCEIROS NO MUNDO ATUAL

ANOPIB MUNDIAL $USDACTIVO MUNDIALVALOR

$USD

198012120%14,4
199056263%147,28
2000119310%368,9
2010219316%692,04

Este é o panorama que se en os depara cando nos fixamos sobre os números estatísticos.

A financiarización, como sistema, se pode buscar a súa orixe os anos cincuenta, no entanto, realmente foi coa caída dos acordos de Breton Woods, no inicio da década dos setenta, que se acelerou a desregularización e a expansión da liquidez global, que se provoca a liberación do sistema financeiro.

Até esa altura, por acción dos respectivos acordos, se fixaban os tipos de cambio das moedas internacionais, tomando como “patrón” o dólar americano en relación co “patrón ouro”.

Eran un sistema de protección, contra os excesos de proteccionismo, que se tiña estabelecido entre as dúas Guerras Mundiais, do século pasado. Estes acordos, como se verificaba, tiñan un beneficiario natural, que era os Estados Unidos da América. A forma como os Estados Unidos se beneficiou, foi a través de poder durante a Guerra Fría, despois da Segunda Guerra Mundial, financiando os outros países, financiando prestamos para compraren os produtos americanos.

Isto levou a que a rotativa que imprimía os billetes de dólares, tivese que traballar en réxime continúo para dar conta da demanda de dólares.

Como consecuencia en 1971 o entón Presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, declarou unilateralmente a non conversión do dólar en ouro, o que significou por outro lado a morte dos Acordos de Breton Woods. Esta situación a sido unha prepotencia dos Estrados Unidos, pois para pagar as súas débedas, os americanos, bastaban dar velocidade a rotativa, que imprimía os dólares. Así o seu déficit aumento moi rapidamente. Os bancos centrais, dos múltiples países que comerciaban coa América, se nutriron de montes de billetes da moeda dos Estados Unidos, como unha reserva, para as súas emisións.

Isto tivo como consecuencia un aumento, da capacidade de endebedamento deses países, e a liquidez mundial aumentou moitísimo.

Un exemplo, de como o sector financeiro se modificou radicalmente, basta para iso recordar que en 1973, a relación entre o valor das divisas nas transaccións financeiras, en relación ao  comercio mundial tradicional era de 2/1. No entanto esta relación se tornou  exponencial, pois en 2004, a relación era de 90/1. Trocando por valores de dólares, temos que m 2017, o valor do comercio global real era de 17,88 billóns de dólares USD anuais, e o valor das transaccións en divisas eran só nada máis nada menos do que 5,1 bilhões de USD ao día.

Que dicir das novas tecnoloxías? podemos avanzar que teñen un papel fundamental na expansión das finanzas mundiais. Un exemplo paradigmático é a duración das accións, os anos sesenta, as accións das empresas, duraban en media, máis ou catro anos menos, actualmente, unha acción, se conserva cerca de 20 segundos.

Como podemos observar sen moito esforzo, o mundo financeiro, está tendo unha modificación constante e continúa o tempo pero, cun multiplicador positivo e aínda máis, este vai sendo aumentado por un acelerador, bastante maior que a unidade, tendo como conxugación, destes dous elementos, un resultado verdadeiramente alarmante.

Convén chamar a atención que, o sistema actual bancario, se transformou completamente pois, antes se baseaba a súa actividade, no seu capital propio e na diferenza temporal, entre a recepción dos aforros dos seus clientes (parte do seu pasivo) e, a aplicación dese diñeiro, en operacións de préstamos, ao outro grupo de clientes.

Estas bases operativas, sufriron cos tempos, unha completa reestruturación, sendo agora a compravenda de prestamos así como a especulación a través dos mercados globais o enfoque esencial da banca.

A estas transformacións, a que chamamos financiarización da economía, está a levar a aparición dun novo sistema de institucións, por un lado paralelas pero, que aos poucos e en silencio, tamén os antigos bancos comerciais, crean en propiedade, a súa banca desregulada. Esta situación é cada vez máis común pero, dunha forma sibilina, pois é imprescindíbel e necesario non mostrar demasiado as intencións, logo ser o menos transparente que se poda.

Financiarización igual a fraude consentida e xeral.

Até aquí, todo parece xa pouco normal, no entanto, a banca comercial que coñeciamos, estaba minimamente regulada, o que significa que había un conxunto de regras, que non permitía o auténtico canibalismo que hoxe existe, mesmo na antiga banca comercial. Así apareceron institucións paralelas, moitas delas con estritas conexións a banca regulada, que serven de porta traseira, para que podan efectuar operacións financeiras ferintes e, fóra de todo o que debía ser a ética bancaria. Máis, estas entidades, con ou sen vinculación a banca comercial, están completamente desreguladas e cuxo procedemento para cos clientes é completamente arbitraria.  A este sistema se vén chamando, como sendo a banca na sombra.

A súa dimensión é astronómica. Para se facer unha idea do valor de esta” banca na sombra” basta dicir que actualmente representa activos valorados en 160 billóns de USD, en todo o mundo, ou sexa, a case metade dos activos financeiros a nivel mundial que se acercan a 340 billóns de USD.

Este aumento exponencial dos movementos financeiros especulativos, desregulados, e escondidos, por iso se di na sombra, ten levado a que moitos dos economistas e analistas poden este tipo de mercados como “casino global”. Así, este “ casino” da  financiarización nos hai mostrado, que mentres un xogador vai a un  casino e xoga coas regras que previamente están estabelecidas, e son estipuladas e aprobadas polas entidades oficiais que titulan o xogo legalizado,  no entanto, no “ casino en que vivimos”, na chamada  banca na sombra,  non hai regras, nin tan pouco nada que se asemelle á práctica dunha ética procesual.

Queremos por exemplo, dar outra idea de como se pode ver o efecto nocivo da financiarización, nas empresas.

Reparemos nos movementos das cotizacións das accións das grandes empresas, e sobre todo as que ten unha gran liquidez, en vez de investir en novas producións ou en novos negocios, fan a recompra de súas accións nos mercados financeiros, facendo desta maneira subir o prezo dos seus títulos (accións). Esta política de manipulación da bolsa, é un  autentico xogo de  póker, dado que os  PDG o  CEO (significan os grandes dirixentes), das grandes empresas, que tamén en xeral, reciben unha forte participación en accións, como forma suplementaria do   pagamento, por atinxir determinados obxectivos, como aumentos de  dividendos, pois, estes aumentan ao seren menos accións por  onde repartir os beneficios.

Claro que non hai reclamacións pois, gañan os accionistas e os altos dirixentes das empresas, no entanto, quen a medio e a longo prazo perde, son os traballadores e a economía en si pois, os determinan a política das empresas, compran as súas propias accións, en vez de faceren investimentos produtivos. As razóns están à vista de todos pois, as empresas se adulteran, podendo inclusive deixar de ser, non só competitivas, como ficar fóra do mercado. No entanto os dirixentes abandonan a empresa, con enormes indemnizacións, como debemos recordar, na recente crise de 2008 e un pouco por todo o mundo desenvolvido.

Gústanos sempre de destacar que un dos exemplos, máis completos desta banca na sombra, e especialista nestas operacións contra o interese xeral, es Goldman Sachs.  Tamén, esta banca na sombra, sempre encontra para os seus dirixentes a porta xiratória, que permitirá ter máis influencia, nas máis importantes institucións, o que é unha garantía de que no futuro aínda terán a posibilidade de encontrar máis impunidade. Desta empresa saíron algúns dirixentes do goberno do PP, como o ministro da economía, Luís de Guindos, que pronto os seus compañeiros de partido, o colocaron como vicepresidente do Banco Central Europeo.

Para terminar, faremos unha pasaxe, por un dos máis graves éxitos criminais, ocorrido xa este século, se trata do caso dunha fraude monumental, ocorrido nos Estados Unidos da América do Norte, a patria da desregulación, recordamos o caso emblemático da empresa Enron Corporation.

Esta empresa, era unha das xigantescas  distribuidoras de enerxía en xeral, e que resolveu dedicarse  a estas operacións “innovadoras”, pasando a operar tamén no “casino” dos mercados financeiros, sendo “aplaudida”, por todos os especialistas de bolsa, adeptos da  financiarización,  dato o crecemento de súas accións  na bolsa de Nova  Yorque, foi inicialmente espectacular.

Que aconteceu?

Que o modelo de negocio financiarizado resultou non ser soportábel, e como tal, a conduciu a participar en actividades fraudulentas, para equilibrar a súa situación, o que resultou imposíbel. Entón, como non podía deixar de ser, desplomouse en 2001, revelando, que era un dos maiores timos financeiros, acontecidos no reino da desregulación do capital globalizado ou sistema de capitalismo neoliberal. Este é un exemplo para o que xa está a acontecer hoxe en día tamén en España.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.