O casino no que vivimos (II)

Por Jose Vieira

“Estamos todos vendidos”, nos atopamos diante de débedas, de créditos, de dificultades de chegar ao fin do mes, naturalmente a preocupación da pensión de xubilación, a incapacidade de maior o menor mobilidade, finalmente todo é en maior ou menor medida dun problema de… diñeiro.

Diriamos dunha forma moi  simplista, que en primeiro lugar hai tratar de conseguir obter o material, queremos dicir todo o que de verdade necesitamos. Ter a posibilidade de sermos auxiliados, por persoas expertas que, en cada momento, e sempre que teñamos que cumprir obrigas administrativas, nos axuden. Que non se podemos autonomamente nos manter, termos quen de nós se ocupe totalmente. Ter os nosos ocios perfectamente ocupados e dentro dos nosos desexos satisfeitos, sexan de tipo deporte, ou calquera outra actividade lúdica.

No entanto, isto quere dicir unha cousa absolutamente esencial e, de sentido o máis común posíbel: NON QUEREMOS O DIÑEIRO DE NINGUÉN. Pois, o único que estará en causa é realmente o noso diñeiro, a nosa cota, parte da riqueza común a que temos dereito, e que o sistema neoliberal,  perfilado polos partidos existentes, abrazan dunha forma tan forte, que máis parece o abrazo desesperado dun náufrago.

Termos que nos trasladar ao terreo, non podemos deixar de ignorar que as transformacións se fan actuando, que se fan non na sombra dos despachos, pois esas son as dos señores, ou dos partidos, que transforman os seus militantes en graza, nos novos señoritos  autistas. Temos que o día de mañá, tomar conta desta ou daquela rúa ou rotunda, mostrar que non temos outro remedio que non sexa a demostración do noso desagrado.

A consciencia de clase é naturalmente algo que está sistematicamente ausente na gran maioría das persoas, pois, cada un dos paisanos con que nos cruzamos na rúa, se sente como sendo a nata dunha clase (que contradición máis  nefasta), de señores, de cuxa posición social  hombreia coa clase, esa si dos  podentes.  Gravísimo erro, pero iso, é o que nos vende os distinguidos gobernos, os distintos partidos e como non, a igrexa, sexa ela a católica o outro calquera ramo  cristián.

Unha vez máis, chamamos a atención, para o comportamento dos sindicatos pois, salvo algunhas moi poucas excepcións, que non fan nada máis do que infelizmente confirmar a tendencia, se preocupan máis por dar apoio aos seus dirixente, soportándoos nos seus cargos de despachos de veludo,  esquecendo completamente que a súa función non é corporativa de cadros, pero outro si, apoiar os anceios das bases.

Outro punto esencial nesta camiñada até a certa democracia, nos leva a outra dramática evidencia, os partidos que temos, estean no poder ou non, sempre prometen que o sol vai nacer no noso horizonte e que con eles, todo será un mundo das “mil e unha noites”, no entanto, o que despois de verifica é que onde nos ten levado é a caverna de “Alí Babá e os corenta ladróns”. Non é iso que necesitamos e, como tal, tampouco necesitamos desas estruturas de paternalismos obsoletos e inibidores. Non necesitamos dicir que estamos con este ou aquel partido pois, cando o facemos, estamos a indicar a forma e o feito, de como temos sido castrados e cal o camiño que nos  adestraran.

Estamos abandonados, este é un feito ineludíbel e concreto pois, o que vemos, especialmente durante este ano de 2019, en España, son uns discursos retoricamente inseridos en políticas de merchandising (queremos dicir, feitas de acordo coas máis modernas técnicas de venda de produtos e ideas, das grandes compañías multinacionais), e orientadas para que o as persoas que ás escoitan, non noten a diferenza, esencial entre cada un dos intervenientes pois o que interesa é que a confusión se instale na cabeza do  ouvinte, o mellor do espetador. No entanto, non podemos deixar de referir, que algo pasou, entrando un vento novo e apetecíbel en abril, primeiro timidamente,  pero que dunha forma radical se foi diferenciando dos restantes, para pronto en novembro, cargou no acelerador, aproveitando a mediocridade dos restantes, aproveitando as  lecións conseguidas do  analfabetismo político dos de sempre. Estes aproveitaron a incompetencia xeneralizada dos restantes partidos, a que chamamos de “choróns”, se tratou da parte máis esclarecida e mellor formada de España, na herdanza  franquista no seu máis profundo sentimento  fascizante. Realmente este son os grandes gañadores das eleccións de novembro último pois, con verdade propia souberon buscar, o pobo español, aínda hoxe  e temeroso dos caciques, dos señores feudais, que os hai, e sobre todo á igrexa que todo ordena e controla.

Non é por mero acaso, que en menos de dous anos, se estabelece en España o máis poderoso agrupación de militantes e dirixentes máis fascizantes de toda a Europa. De aí estean de parabéns os seus estrategos, que souberon ler o que os outros “choróns” aínda non leron non aprenderon e moi menos asimilaron.

Un aspecto que realmente nos resalta a vista, é como tantos despachos de estudo especializados nestes temas, e con tanta xente coas mellores clasificacións e experiencias académicas nestas andadas políticas, non queren ver ou entón é peor do que non ver, é como di a biblia, peor “do que o que non ve, é o que non quere ver”, temos a certeza que é o que se está a pasar.

Unha das grandes preguntas, que non formularemos, é a de que o que de verdade se está a pasar pois, está completamente á vista de cada un dos cidadáns da o pé da rúa, que os señores que están dentro das estruturas dos clubs de amigos, protexidos, parentes, contra parentes e outros intereses similares, que dirixen as varias tendencias  paternalistas, de orientación clubista, en termos de orientación política, non están nada máis interesados, do que en repartir o bolo a seu agosto, de modo que poidan ficar coa mellor  rebanada posíbel,  para si propios e as migallas as repartirán entre as súas pandillas.  E o pobo que os elixiu? Ese claro está, os elixiron e pronto, os tiñan como seus representantes da peña, e su obriga era os elixir e nada máis. Canto aos que prometeron, iso son augas pasadas, pois o que se promete, “son palabras que as levan o vento”. Entón até ás próximas eleccións, á que gozar dos salarios e dos poderes inherentes, pois pola fronte terán catro anos de “santa paz do señor” (non sei se debía escribir señor con letra grande, pois non sei nada de monarquías).

Esta é unha parte dos trompos, que enchen as salas dos casino, para os cales os donos dos respetivos, reservan un os olores a que se confunden co cheiro a poder, para que non se instrumentan nas mesas, nin sequera nas salas de máquinas pois, iso non é para súas señorías.

Así o que se pode ver é un xogo de esconde, esconde, en que as pedras e as bólas da sorte están á vista, pero entre elas e os “artistas da comedia da arte da política profesional”, existe un cristal opaco onde so se veñen as caras dos políticos debidamente deforma das, recordando os espellos  deformadores das feiras, para que se asusten uns aos outros pois, senón o espectáculo exterior, non tería emoción. Asisten ao festín, coas informacións que os amos realmente queren que divulguen e, nada máis, pois o espectáculo prosegue e non pode parar en ningunha circunstancia.

Que é que pasa ao final, parece ser unha pregunta, no entanto se trata de máis unha afirmación, todo isto está sendo preparado a xa algunhas décadas e, a pesar de ser xa calquera cousa debidamente coñecida, sempre aparece con nova pel, como dunha serpente que en determinados períodos cambia de  vestimenta.

tráxica historia, como dixemos no paragrafo anterior vén desde os tempos da escola económica da Viena na Austria e máis consensualmente desde a reunión de Monte Peregrino, na Suiza, onde se reuniron os pais deste conxunto de cropies do casino que nos rexe.

Logo se fixaron nas universidades americanas e en especial, con Hayek e Friedman, fundaron na escola de Chicago a corrente a que pasou a chamar a “Escola dos Chicago  boys”.  Os resultados, están á vista de todos, e non nos imos neste explanar sobre o tema, diremos só o golpe contra Salvador Allende no Chile, o máis antigo, as actuacións na Arxentina, logo as actuais actuacións na Venezuela, na Bolivia, no Ecuador, etc..

Abordaremos máis profundamente as mesas de póker, dos clubs a que chaman de partidos, noutra oportunidade.


Tú eres nuestra única fuente de financiación. Con tu ayuda podremos seguir ofreciéndote nuestros artículos:

Ayúdanos a seguir con Nueva Revolución

Be the first to comment

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.