a supervivencia do capitalismo global, para alén da actual crise, require unha reestruturación substancial que implique unha medida reguladora transnacional da economía global e unha redistribución da riqueza, para os que están abaixo
Por Jose Vieira
Lemos a uns días, un artigo moi interesante, sobre un libro dun sociólogo, de quen xa tiveramos algunhas referencias, mais, que non o coñeciamos debidamente. Tratase dun profesor de socioloxía da Universidade de Santa Bárbara na California, dos Estados Unidos da América do Norte. Está este sociólogo, en plena actividade, pois, naceu o 28 de marzo de 1953, formándose na Universidade de Nuevo México.
Ten unha prominente bibliografía, non traducida en España, mais como o está amplamente, pola Siglo XXI do México, é con esas edicións que recomendamos a súa abordaxe (de feito de moita boa calidade).
Recomendamos, tres libros en versión orixinal, dúas editadas por Cambridge University Press e unha pola PM Press, en anexo indicamos o respectivo títulos e códigos, así como, das dúas edicións da referida Siglo XXI (bibliografía en anexo).
Unha das características do autor en referencia, é que non se trata dun “pesado” escritor de quen o lector posibelmente se cansará ao ler unhas decenas de páxinas, do seu texto, antes polo contrario, pois, practica un tipo de escritura ensaística, o que permite que a lectura sexa afábel e entretida.
O autor, non ofrece nada que se poida considerar unha investigación propia, pois, basease en seguir os traballos doutros autores, e máis, o que Robinson pretende é mostrar ao seu lector, unha verdade, segundo el, que a supervivencia do capitalismo global, para alén da actual crise, require unha reestruturación substancial que implique unha medida reguladora transnacional da economía global e unha redistribución da riqueza, para os que están abaixo (os menos afortunados).
O propio autor engade no libro a que me estou a referir “o meu obxectivo é presentar unha instantánea cunha “grande angular”, (unha preciosa imaxe que a fai transitar da arte da fotografía, até ao ensaio), nunha obra máis curta, dentro do punto de vista da teoría do capitalismo global, que teña en conta algúns dos elementos do capitalismo global nos que ten habido máis interese os últimos anos, especialmente na financeirización e dixitalización cada vez máis profundas da economía e da sociedade global”.
O autor non exclúe, de modo algún, que mesmo con todo o enriba afirmado e, cun novo período de prosperidade, non se poderá facer que termine unha ameaza latente a nosa supervivencia.
Partillamos as mesmas preocupacións, pois, tamén pensamos que temos que trabar o sistema implantado, a acumulación de capital, que está a fracturar dunha forma tal, que ao día de hoxe, é practicamente irreversíbel na natureza.
Aquí encontramos máis unha coincidencia, este autor William Robinson, basea a súa teoría das crises da natureza, no capitalismo, na lei da rentabilidade de Marx, aínda que non perfilhemos, a súa “tentativa de reconciliación”, con outras teorías alternativas.
El afirma, que non está convencido de que os enfoques alternativos (ambos), poidan ser incompatíbel se coñecemos debidamente e o analizamos, ao circuíto de produción.
No entanto, cremos, que os economistas “políticos marxistas”, xa debateron suficientemente, se “as crises concomitantes, que se crean sobre a acumulación, son causadas por unha perda de rentabilidade ou por unha sobre produción e consecuente baixo consumo”.
Estes argumentos, nos fan recordar, sen calquera dúbida metódica, que esta sobre acumulación, se orixina no circuíto capitalista e, finalmente, pola tendencia decrecente da taxa de beneficios.
Máis, queremos ver que o “trend”, das rentabilidades (mesmo considerando o que se pode ver nos curtos prazos), é decrecente desde 1970 e, como non, se ve un crecemento do capital en stock (líquido ou neto), por todos os países desenvolvidos, na actualidade.
Unha vez máis podemos encontrar similitudes de análise, pois, estamos de acordo en que a praza da historia económica, existen dous tipos de crises no capitalismo mundial, ou sexa, as cíclicas e as estruturais.
Esta mesma historia económica, nos mostra como nos últimos dous séculos, o capitalismo mundial, sufriu dous períodos de crises estruturais, para os cales, hai economistas que as cognominaran de períodos de reestruturación, do sistema.
Nos parece, en primeira análise, que estamos en acordo, pois, tamén “compramos” a teoría das “ondas largas” e, como tal, o respectivo crecemento capitalista, ten lugar nesas ondas largas.
Robinson, considera que o cambio estrutural máis importante, desde o medio do século pasado, se pode chamar o “aumento de importancia exponencial” das multinacionais (e concomitantemente) a globalización.
Cremos que se pode dicir que este capitalismo global, na economía mundial, está dunha forma xa tan consolidada, que funciona como un todo indisociábel.
É aquí que pomos a prudencia por adiante, pois, aínda que tamén pensemos que o capitalismo global chegou ao seu termo, aquí e agora, tal como os escorpións matan, cando están feridos de morte, tamén o sistema moribundo, se prepara para arrastrar a economía ao descalabro.
Podemos avanzar algunhas evidencias na preparación da súa morte (seguimos e respigamos a Robinson) como, “a salvaxe especulación financeira e a escalada da débeda pública, a débeda corporativa e do consumo, que impulsaran o crecemento no inicio deste século, mais, no entanto, son solucións temporais (non podemos estar, a pesar de todo, máis de acordo) e, máis insustentábeis no estancamento a largo prazo”.
A razón e, non podemos estar en máis acordo, pois, tamén pensamos que a acumulación do capital ficticio, deu a sensación e continúa a dar, dunha recuperación. Mais, o que realmente fixo, non foi máis do que enganar as percepcións. Así os aumentos sucesivos de valor a través da expansión do sistema financeiro global, só se poderá manter, a través dun continúo aumento do capital ficticio, o que resulta en último caso, no agravamento da crise e nas súas condicións.
Non debemos esquecer, que todo o edificio financeiro basease na explotación da man de obra, da economía real e, se o sistema estoura e cae, este determinará a vida, ou a morte de miles de millóns de seres humanos.
Terminamos, este texto, dicindo que existe un abismo entre a economía real e o capital ficticio, este espazo é tan grande que até parecen independentes e, como sabemos esa “independencia” é pura ilusión. Entón, injetar mais diñeiro fiduciario, no sistema, pode moito simplemente, arrastrar un novo tipo de estainflación, sen control e con aínda máis aumento de desigualdades sociais.
Anexo Bibliografía de William Robinson:
– Global Capitalism and the Crisis of Humanity
Cambridge University Press 978-1-107-06747-9
-Global Civil War
PM Press 978-1-62963-938-3
-Promoting Polyarchy
Cambridge University Press 978-0-521-56691-9
-América Latina y el Capitalismo Global: una perspectiva crítica da globalización
Siglo XXI 978-607-03-0689-1
-Una teoría sobre capitalismo global
Siglo XXI 978-607-03-0517-7
Se el primero en comentar