Dunha forma esquemática, o BLOCKCHAIN, é como se tratase dun gran libro de contabilidade, compartido sen posibilidade de ser viciado, que proporciona todo o proceso de rexistro das transaccións e como non, o seguimento das operacións.
Por Jose Vieira | 29/09/2024
O mundo funciona, porque se autoalimenta, respira e sobre todo, pase a hiper-xeneralización, porque se fan os máis distinguidos e complexos “negocios”.
É aquí que as cousas se complican, pois, nin todos temos a mesma noción de como se procesan os negocios, nin cal é a ética que os enmarcan.
Temos mesmo a impresión de que non existe ningunha forma de concibir unha ética, que sexa dunha forma xeral aceptada polo común dos axentes, que se encontran á face do planeta Terra.
Non parece haber calquera dúbida, de que para que os “negocios ocorran”, é necesario que os posíbeis intervenientes nestes, os suxeitos activos e os suxeitos pasivos, teñan coñecemento uns dos outros e haxa naturalmente a posibilidade de ambos pensaren vantaxes, un de se desfacer dun determinado dereito (propietario ou axente vendedor e un outro con perspectivas de obtención dun beneficio) e, un outro, desexoso de posuír os seus dereitos.
Nun momento anterior, aparece a necesidade de haber o coñecemento o a vontade de haber unha relación xurídica.
Deixando de lado, o aspecto da “relación xurídica”, nos centrando, na forma como se pon en contacto os respectivos axentes. Claro que o facemos como se fose este o momento 1 das relacións negociades.
Todo ten un inicio e, neste caso, se trata da existencia de información, sobre o interese e, a posibilidade da existencia de que haxan vontade e contratantes, motivados para a conclusión dun “negocio concreto”, que teña por obxecto o tema en cuestión.
Así podemos dicir que un activo, pode ser ou estar tanxíbel (sexa un ben material) o imaterial ou intanxíbel (unha propiedade intelectual, patentes, dereitos de autor, marcas, etc.), ou sexa calquera cousa susceptíbel de ser avaliada, se pode incluír, como negociábel.
Así podemos dicir que os negocios funcionan con información e, canto máis precisa e rápida esta sexa, proporcionando os elementos necesarios aos suxeitos intervenientes nos negocios, mellor e máis precisas serán os negocios.
Nace aquí unha gran cuestión, que se pode expresar da seguinte forma:
Serán todos os negocios lícitos e non contén en si mesmos, elementos menos correctos e, serán exentos de corrupción no seu trato?
O mundo dos negocios, están norteados polo beneficio que cada axente pode obter, na súa actividade. Será tan exitoso do axente económico canto máis beneficios obtén.
Xurdiu xa hai algún tempo, case co desenvolvemento da informática e sobre todo, cos adiantos da Intelixencia Artificial (ÍA), programas de control para que as empresas, poidan controlar o desenvolvemento dos negocios.
Estamos a falar do sistema coñecido como BLOCKCHAIN.
Nos parece que este é un sistema moi exitoso para fornecer a información indispensábel para o mundo dos negocios, pois, proporciona os datos necesarios de forma, practicamente inmediatos compartidos e observables.
Dunha forma esquemática, o BLOCKCHAIN, é como se tratase dun gran libro de contabilidade, compartido sen posibilidade de ser viciado, que proporciona todo o proceso de rexistro das transaccións e como non, o seguimento das operacións.
Esta é unha imaxe tao simplificada que parece até infantil dada a súa lixeireza.
Mais agora se subirmos deste arquetipo, para unha rede de blockchains, tan ampla canto o necesario, se podía rastrear, pagados, peticións, contas de axentes económicos, producións industriais, actividades bancarias, absolutamente todo o que se move no mundo dos negocios.
Claro que nesta rede super-ambiciosa, o que resultaría, é que de todos os lados, os intervenientes partillaban unha única versión da verdade, digamos dunha única verdade, así como se podería verificar todos os datos de todas as transaccións, desde o seu inicio até ao seu termo.
Claro que este sistema é moi ambicioso, e require un estadio de desenvolvemento da sociedade, que aínda non vislumbramos, especialmente, atendendo a que na actualidade existe un líder mundial, a quen non lle convén esta transparencia, pois, todo o seu liderado esta baseada en negocios cognominados por escuros, transversais e corruptos, sendo até a maioría das veces impostos pola súa posición de predominancia militar, sobre o seus asociados (nos referimos aos Estados Unidos da América do Norte e ao seu patio de diversión que son a Unión Europea e, como non, a OTAN, máis a Australia, Nova Zelandia e Canadá).
Este proceso necesita dun conxunto de elementos considerados chave:
– UNHA TECNOLOXÍA TOTALMENTE DISTRIBUIDA DUNHA FIÁBEL CONTABILIDADE
– QUE OS REXISTROS SEXAN NON SÓ FIÁBEIS COMO IMUTÁBEIS
– A CREACIÓN DUN CONXUNTO DE REGRAS QUE SON, DENOMINADOS COMO, CONTRATOS INTELIXENTES, AUTOMATICAMENTE SE REXISTRAN, DEFININDO TODAS AS CONDICIÓNS.
Así cada vez que se realiza un movemento, se rexistra de forma automática, cumprindo todas as regras do sistema de BLOCKCHAIN.
Todo o sistema se integra, nunha rede debidamente estabelecida e encadeada, permitindo, por conseguinte en cada momento unha visión completa e debidamente fiábel de todo o que pasa no mundo das transaccións (sexan estas humanas, sexa determinadas a través da intervención da ÍA)
Temos, por tanto, que un certo sistema de BLOCKCHAIN, que dunha vez por todas, acabe con todos os procesos nada claros do mundo dos negocios, non será máis, do que unha utilización da Intelixencia Artificial e, como tal se houbese honestidade e, compromiso co resto do mundo que sofre as iniquidades de quen manda no mundo, referímonos os “Amos do Mundo”, podía ser implantada con todo o éxito.
Finalmente só nos resta dicir, que os chamados “Amos do Mundo”, non van deixar implantar xamais este adianto, pois só están interesados en dominar o mundo en que vivimos, aumentando cada vez máis as desigualdades sociais.
Mesmo sabendo diso, continuaremos a clamar neste deserto.
Se el primero en comentar